470 likes | 747 Views
Esteiro do Miño desde o Niño do Corvo (O Rosal). ESPAZOS NATURAIS Baixo Miño. LIC, ZEPVN BAIXO MIÑO EXTENSIÓN: 2.791,64 ha CONCELLOS: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, Arbo, As Neves, Crecente, A Cañiza, Padrenda. ZEPA ESTEIRO DO MIÑO (1688 ha)
E N D
Esteiro do Miño desde o Niño do Corvo (O Rosal) ESPAZOS NATURAIS Baixo Miño
LIC, ZEPVN BAIXO MIÑO EXTENSIÓN: 2.791,64 ha CONCELLOS: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, Arbo, As Neves, Crecente, A Cañiza, Padrenda. ZEPA ESTEIRO DO MIÑO (1688 ha) CONCELLOS: A Guarda, O Rosal, Tomiño VALORES NATURAIS: esteiro, río, bosque de ribeira, aves acuáticas. Curso baixo do Río Miño e parte do cursos dos seus afluentes Termes (As Neves), Deva (Arbo) e Ribadil (Crecente). O tamaño deste espazo e a variedade de microclimas fai que se atopen ecosistemas e hábitats moi diferentes desde o curso medio do río ata o seu encontro co mar o que lle da un alto valor ecolóxico, ao que hai que engadir tamén o paisaxístico e xeolóxico.
Illas Boega e dos Amores vistas desde o mirador do Cervo (Portugal).
As Illas do Esteiro do Miño vistas desde o monte Góis (Portugal)
Vista, desde o monte de Santa Tegra, do esteiro do Miño á altura da unión co Tamuxe. Os sedimentos do esteiro formaron varias illas e bancos de area que afloran na marea baixa (Ariños). En primeiro termo aparece a illa Canosa, detrás as do Grilo, Bimbias e Varandas. Máis a fora o illote areoso Morraxeira de Seixas.
O Miño desemboca no Atlántico formando un esteiro de 8 km de lonxitude e entre 0,5 e 1,8 km de anchura. O esteiro ten un perfil transversal ancho e chan. Está situado sobre unha antiga falla flanqueada por bloques graníticos. É pouco profundo e con escasa pendente, o influxo das mareas chega ata Tui, 30 km río arriba. O Tegra e a desembocadura do Miño desde Camiña.
Río Ribadil. Nace en terras da Cañiza e xúntase ao Miño en Crecente.
Río Deva. Nace entre o Faro de Avión e A Paradanta e xúntase ao Miño en Arbo.
Río Termes. Nace no sur da Paradanta e desemboca no Miño en Setados (As Neves).
A diversidade de hábitats e ecosistemas ben conservados fan do Baixo Miño un lugar de grande riqueza biolóxica tanto no río como na zona costeira. Nos bosques de ribeira atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sanguiños... e nas súas augas ou nas beiras oucas, Myriophilium, ranúnculos, xuncos, molinia, bricios, pe de boi, espadainas, reina... En varias illas do Miño atópanse variedades de fentos únicas en Galicia: Equisetum hyemale, Equisetum palustre, Ophioglosum lusitanicum...
Salgueiro (Salix alba). Nas beiras do Miño hai a maior variedade de salgueiros de Galicia.
Ambroíño enano (Nymphoiides peltata) na lagoa dos Baños de Caldelas de Tui. Unha planta rara na Península Ibérica que se atopa en puntos localizados do curso do Miño.
Nos esteiros e marismas hai grandes superficies cubertas de carrizos, antelas, canabazas, e xuncos. Ademais podemos atopar eleocaris, platanaria, verdoaga marítima, herba coral, estrela das xunqueiras, sosa... Nas praias da marxe portuguesa hai unha poboación de camariña. Os areais e as dunas da desembocadura están poboados por feo, xunco marítimo, arenaria, leiteira, alhelí mariño, honquenia, carrasca de San Xoan, colexas, herba de namorar, grama mariña, cardo mariño, rabo de lebre... e as dunas fixadas por bosques de piñeiros. O Miño en Camposancos
Xunco (Juncus effussus). Cobre grandes extensións dos lameiros do esteiro.
Ophioglossum lusitanicum, un raro fento de pequeno tamaño que se atopa nalgunhas illas do Baixo Miño.
Pirixel do mar (Crithmum maritimum). Atópase nas rochas e ás veces tamén nos areais.
A alta productividade do Baixo Miño fai da zona un lugar privilexiado para a fauna. O río é rico en lampreas, angulas, reos, sábalos, vermellas, troitas, escalos, zamborcas...e o esteiro é unha das zonas de Galicia de maior afluencia de aves acuáticas (hai censadas máis de 70 especies). A maior afluencia prodúcese nos pasos invernais: charnecos, patos (asubión, cullerete, cincento, rabilongo e branco), lavanco real, mergo cristado, parrulos (cristado, caribranco), ansar, gabita, píllaras (real, papuda, riscada, cincenta e dourada), pilros (groso, bubebule, cubranco, patimouro, curlibico e cincento), avefría, becacinas, mazaricos (rabinegro, galego, curlí e rabipinto), biluricos (común, pintado, bailón, pativerde e alinegro), garzas, garzotas, gaivotas (patiamarela, escura e chorona), gaivotón, corvo mariño real, carráns... Nas ribeiras do río pódense ver picapeixes, lavandeiras, pica dos prados, miñatos, lagarteiro... Tamén é importante a presenza de mamíferos (lontra, no río), réptis, anfibios e insectos.
A lamprea (Petromyzon marinus) nace nos ríos, baixa ao mar, onde permanece varios anos alimentándose de sangue dos peixes e logo volve a subir aos ríos para desovar e morrer. Na subida e cando se pesca. Do aprezo la lamprea, e da súa pesca activa, hai mostras en varios ríos galegos. No Miño consérvanse e seguen a ser usados os pescos nos que se fixan as nasas.
As anguías (Anguilla anguilla) fan a viaxe ao revés que as lampreas. Viven nos ríos e van desovar ao mar. Dos ovos nacen unhas larvas que arrastratadas polas correntes chegan de novo ás bocas dos ríos en forma de meixóns, que tamén son moi apreciados e obxecto de pesca no río Miño.
Nucella lapilus, un gasterópodo moi abundante nas rochas da punta da Guarda. Aliméntase de mexillóns.
Eurinebria complanata, un escaravello adaptado á vida nas praias.
Piro curlibico (Calidris alpina). Vese nos pasos migratorios.
Carrán (Sterna hirundo). Vese nos pasos migratoiros e pouco común como invernante.
No espazo do Baixo Miño atópanse numerosas especies invasoras, algunhas moi prexudiciais para os escosistemas. Corbicula fluminea, unha ameixa de orixe asiática que cobre grandes tramos do río. Bico de coral (Strilda astrid), fuxido da cautividade, reprodúcese habitualmente nas beiras do río
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta