1 / 28

Os Séculos Escuros

Os Séculos Escuros.

lalasa
Download Presentation

Os Séculos Escuros

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Os Séculos Escuros

  2. Os ss. XVI, XVII e XVIII noméanse Escuros porque o idioma galego escasea de manifestacións literarias escritas; este emprégase como única lingua no ámbito familiar nun país cunha gran masa forestal que fornecía de madeira á flota do Estado español sen recibir nada a cambio.

  3. A literatura galega só se transmitía oralmente: cantigas, refráns, adiviñas, lendas e contos... Os cegos transmitían a literatura oral

  4. Cando a imprenta chega a España e a Galiza, esta non difunde o seu uso escrito, pois estaba en mans dos gobernantes casteláns, que vivían de costas á cultura do país galego.

  5. Incluso a fidalguía galega fala galego coa servidume. Porén, esta mesma nobreza usa o castelán para relacionarse coa castelá. Por tanto emprega o galego diglosicamente ó reservalo soamente para situacións informais.

  6. A Igrexa, que utilizaba principalmente o latín, tamén se nega a usar o galego na confesión ou nas homilías, dirixidas a uns fregueses e freguesas que non entendían nin latín nin castelán.

  7. A burguesía, que xa fora debilitada politicamente nas Guerras Irmandiñas pola aristocracia (s. XV) ...

  8. non foi capaz de manter o emprego do galego nos concellos nin nos gremios.

  9. Así, a medida que pasaban estes anos, a burguesía foise castelanizando nas vilas e cidades galegas.

  10. A persistencia desta situación fixo que o pobo, analfabeto, non concibise o seu idioma como apto para relacionarse nos ámbitos formais, así que o sentimento de diglosia prendeu fortemente nel.

  11. Ao longo destes séculos o galego foise castelanizando, vulgarizando e dialectalizando fortemente ao carecer de gramáticas ou dun modelo culto de idioma no poder.

  12. Durante estes longos anos os funcionarios dos concellos e os sacerdotes dedícanse sistematicamente a castelanizar a toponimia e, consecuentemente, os apelidos. Así xorden barbarismos orais e ortográficos como Seijo, Perero, Orense, Carballino, Arteijo, Villarino, Ameijeiras, Boutureira, Porranes, Sangiao, Regenjo, Balado, Cobas, Noya, Niño de la Guía, Valle del Oro, Segad, Gontad, Mamed...

  13. Esta imposición do español levou a que mesmo hoxe en día o pobo galego non teña unha conciencia clara de cales son os seus nomes. Incluso a xente cre que as poboacións galegas poden levar un nome galego e outro castelán segundo o idioma que se fale.

  14. A ILUSTRACIÓN s. XVIII Sarmiento Cornide Feijoo

  15. Mais no s. XVIII as ideas racionais dos ilustrados impelen a personaxes como Sarmiento a reclamar o uso do galego no ensino, Administración e Igrexa.

  16. Benito J. Feijoo, pola súa banda, defende nos seus escritos que o galego non é un dialecto do castelán senón unha lingua coa mesma orixe latina ca este.

  17. Ademais, Sarmiento, Cornide ou o Padre Sobreira inauguraron a ciencia da lexicografía galega creando listas de termos galegos sobre fauna e flora galegas.

  18. Literatura

  19. A literatura popular, anónima, presentaba composicións circunstanciais baseadas en feitos históricos, como o Pranto da Frouseira, que narra morte do mariscal Pardo de Cela (1483), ou o saqueo de Cangas polos turcos en 1617. TORRE DA FROUSEIRA

  20. Curiosamente, destes tempos temos noticia da primeira muller escritora, Isabel de Castro e Andrade, quen compuxo varios sonetos no s. XVI, dos que só conservamos un.

  21. A literatura culta amosa poucas mostras, como unhas décimas ao Apóstolo Santiago, de Martín Torrado, no s. XVII.

  22. Tamén resulta curioso que a primeira peza teatral coñecida en galego date do s. XVII, nunha época de grande escaseza literaria.

  23. A poesía tamén se manifestou nos vilancicos feitos por autores como Carlos Patiño ou Frei Francisco de Santiago. Outros moitos tamén se atoparon nas catedrais de Santiago de Compostela e Mondoñedo. Os vilancicos de galegos tiveron moito éxito nas celebracións litúrxicas do Nadal durante os séculos XVII e XVIII.

  24. manuscrito Tamén os ilustrados foron literatos: Frei Martín Sarmiento, que realmente se chamaba Pedro J. García Balboa, escribiu 1.200 coplas de carácter popularista baixo o pseudónimo de Tío Marcos da Portela.

  25. Outro poeta popularista foi o cura de Fruíme, Diego Antonio de Cernadas e Castro, autor dunhas famosas coplas de tema costumista.

  26. Os irmáns de Feijoo, Anselmo e Plácido, ademais de Cornide, elaboraron poesía culta (sonetos) ao estilo do dezaoito. Anselmo Feijoo ten un poema en quintillas sobre a batalla de Rande (ría de Vigo) contra a flota inglesa, en 1702.

  27. Tamén sabemos da creación literaria por parte dalgunha muller cultivada, como Mª Francisca de Isla e Losada, alcumada a Musa Compostelá, quen, polo feito de ser muller nuns tempos pouco igualitarios, non nos deixou mostras da súa autoría a pesar do recoñecemento literario e persoal de que gozaba entre os ilustrados.

  28. O labor dos ilustrados, totalmente descoñecido polo pobo analfabeto, foi sentando as bases para a entrada nun novo século, o XIX, que deparará tamén unha nova sorte para a lingua galega.

More Related