80 likes | 265 Views
No instituto no que estudamos convivimos mozos e mozas de diferentes culturas. Para celebrarmos o Nadal quixemos facelo dunha forma especial: escollemos na rede un texto que nos gustou, traducímolo ao galego e démoslle forma de árbore.
E N D
No instituto no que estudamos convivimos mozos e mozas de diferentes culturas.
Para celebrarmos o Nadal quixemos facelo dunha forma especial: escollemos na rede un texto que nos gustou, traducímolo ao galego e démoslle forma de árbore.
*******Gustaríamepreparar nestes días,unha árbore de Nadalmoi especiale pendurar, no sitio dos regalos,os nomesde todos os meus amigos. Os de aquíe os de lonxe. Os de sempre e os queteño agora.Os que vexo todos os días e os que atopo decando en vez.Aqueles que lembro sempre e os que esquezo decote.Os constantes e os inconstantes. Os das horasalegres e os das horas difíciles. Os que sen querer amoleie os que sen querer me amolaron. Aqueles que coñezointimamente e aqueles que só coñezo polaaparencia.Os que me deben algo e aos que lles debo moito. Os que son coma mine os que son moi importantes. Por iso os nomeo a todos, a todos os amigos quepasaron pola miña vida. Os que reciben esta mensaxe e os que non a recibirán.Unha árbore de raíces profundas, para que os vosos nomes non se poidan arrincar endexamais.Unha árbore que, ao agromar o ano que vén, nos traia ilusión, saúde, amor e paz.Oxalá que polo Nadal nos poidamos atopar compartindo os mellores desexosde esperanza,dándolles unha poucade felicidade a aquelesque o perderon todo.FELIZ NADAL
O texto destaca o valor da amizade e a necesidade de lembrar e conservar os amigos. Decidimos convertelo na felicitación de Nadal do instituto e, para iso, escribímolo nun gran mural.
Colocamos o mural na entrada do instituto e despois, cos compañeiros das outras clases, fomos pendurando o nome dos nosos amigos, coma se fosen folerpas de neve.