440 likes | 589 Views
“A ACCIÓN EXTERIOR DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS: A UNIÓN EUROPEA”. VI XORNADAS “SOCIEDADE E DEREITO” JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO. APARTADOS DA INTERVENCIÓN:. A).- CONSIDERACIÓNS DE CARÁCTER XERAL B).- ESTRUCTURA ORGÁNICA DA XUNTA DE GALICIA: A FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA
E N D
“A ACCIÓN EXTERIOR DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS: A UNIÓN EUROPEA” VI XORNADAS “SOCIEDADE E DEREITO” JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO
APARTADOS DA INTERVENCIÓN: • A).- CONSIDERACIÓNS DE CARÁCTER XERAL • B).- ESTRUCTURA ORGÁNICA DA XUNTA DE GALICIA: A FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA • C).- O ESTADO DA CUESTIÓN NO PROCESO DE REFORMA DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
CONSIDERACIÓNS XERAIS • A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA: -Establece no artigo 149.1.3 que o Estado ten competencia exclusiva na materia de relacións internacionais. - Define un modelo de organización territorial do poder coñecido como “Estado das autonomías”.
En casi trinta anos de Constitución: • Proceso de internacionalización da vida económica, social, política e cultural. - Houbo que conxugar competencias e intereses autonómicos coas competencias externas do Estado.
O CONCEPTO: • “Por acción exterior dunha comunidade autónoma podemos entender o feito de entablar e institucionalizar diversas modalidades de actuación, con desenvolvemento e eficacia que transcenden non sólo o ámbito territorial desa rexión senón do propio Estado”.
INTERPRETACIÓN RÍXIDA DO 149.1.3 DA CONSTITUCIÓN: Baixo ningún concepto as comunidades autónomas españolas estarían lexitimadas para desenvolver actividades con transcendencia exterior, so pena de consideralas inconstitucionais por vulneración do sistema constitucional de reparto de competencias.
A EVOLUCIÓN DA DOCTRINA CONSTITUCIONALISTA E INTERNACIONALISTA. CONCLUSIÓNS. -Nada de interpretacións restrictivas. -Debe distinguirse: -o núcleo duro das relacións internacionais: a soberanía do Estado. -recoñecemento de certa capacidade exterior das comunidades autónomas.
ACCIÓN EXTERIOR DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS • DIRECTA: desenvolvida polas propias institucións autonómicas, especialmente os executivos. • INDIRECTA: participación das CC.AA. no exercicio da política exterior do Estado e na negociación de acordos internacionais.
O POSICIONAMENTO DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL PRIMEIRA FASE- MOI RESTRICTIVA (35/82,22/84,154/85) Toda actuación autonómica con transcendencia internacional ou exterior, con independencia do contido concreto da mesma, invadiría un ámbito competencial propio do Estado, sendo inconstitucional.
2ª FASE (252/88 e 137/89) Remarca o carácter EXCLUSIVO en favor do Estado. A 137/89 (Comunicado de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Goberno de Dinamarca) considerouno un “acto ilexítimo” pero os votos particulares son o xérmolo dun cambio de interpretación posterior do TC.
3ª FASE (165/94) 1).-Admite un marco de actuación exterior das CC.AA máis alá do territorio do Estado. 2).-As CC.AA carecen do “ius ad tratactum”, non poden concertar tratados con estados soberanos e organizacións internacionais gubernamentais.
3).- Requisitos para que unha actividade autonómica con proxección exterior sexa constitucional: -necesaria ou convinte para o exercicio das súas competencias. -que non impliquen o exercicio dun ius contrahendi -que non orixinen obrigas inmediatas e actuais frente a poderes públicos extranxeiros -que non incidan na política exterior do Estado. -que non xeneren responsabilidade do Estado frente a outros Estados ou organizacións inter ou supranacionais.
4).- Atribúe ó Estado a posibilidade de establecer medidas que regulen e coordinen esas actividades das Comunidades Autónomas. 5).- A existencia de oficinas autonómicasno ámbito comunitario –en relación co ius legationis- non vulnera a competencia exclusiva estatal do 149.1.3 da CE. 6).- A acción internacional autonómica ten carácter INSTRUMENTAL (para o mellor exercicio das competencias asumidas: agricultura, artesanía, comercio, turismo...)
O ESTADO: NÚCLEO DURO DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS -O ius tratactum ou treaty making power: capacidade para suscribir tratados ou convenios internacionais con outros suxeitos de dereito internacional. -O ius legationis ou capacidade para crear delegacións ante organizacións internacionais ou ante outros Estados. -A potencialidade para ser suxeito de responsabilidade no ámbito internacional.
Núcleo duro das relacións internacionais -a declaración da guerra -a sinatura da paz -a dirección da política exterior -a garantía do cumprimento das obrigas internacionais -a posibilidade de establecer normas coordinadoras das actividades internacionais que desenvolvan os entes territoriais.
Obxectivo: • Que o sistema funcione correctamente. • Que o sistema de reparto competencial operado “ad intra” polo bloque da constitucionalidade non perxudique “ad extra” ó principio de unidade da política exterior de España. • Establecer mecanismos de información entre o Estado e as CC.AA. para evitar situacións de tensión.
A ACCIÓN EXTERIOR DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS 1)- DIRECTA 2).-INDIRECTA
ACCIÓN EXTERIOR INDIRECTA A).-DEREITO DE INSTANCIA OU DE PROMOCIÓN : solicitar ó Goberno da Nación a celebración dun tratado ou convenio internacional que afecte a intereses autonómicos. Xa o recollen os artigos 7.2 e o 35.3 do EAG en relación coa emigración e co estreitamento de lazos culturais.
B).- DEREITO DE INFORMACIÓN: facultade das CC.AA de recibir do Estado información sobre a celebración de tratados ou convenios internacionais que afecten ós seus intereses. C).- DEREITO DE EXECUCIÓN: as CC.AA posúen un dereito e unha obriga constitucional en relación coa execución dos tratados e convenios internacionais que afecten a súa esfera competencial. D).- DEREITO ÁPARTICIPACIÓN DE REPRESENTANTES AUTONÓMICOS NAS DELEGACIÓNS NEGOCIADORAS ESTATAIS.
E).- AS COMISIÓNS BILATERAIS CO ESTADO EN MATERIA EUROPEA F).- AS OFICINAS DAS CC.AA EN BRUSELAS: oficinas autonómicas de representación directa ante as institucións europeas. G).- O SENADO: A COMISIÓN XERAL DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS. H).- ¿CONFERENCIA SECTORIAL DE ASUNTOS INTERNACIONAIS?
ACCIÓN EXTERIOR DIRECTA: EXEMPLOS -actuacións promocionais (feiras, oficinas..) -sinatura de declaracións conxuntas ou acordos informais de natureza política -viaxes oficiais de autoridades autonómicas a outros países -sinatura de acordos de amizade ou hermanamentos con países ou rexións -acordos e convenios de colaboración con outras entidades territoriais extranxeiras (ex: a cooperación transfronteiriza)
A ACCIÓN EXTERIOR DOS PARLAMENTOS AUTONÓMICOS -As Comisións de Asuntos Europeos e Internacionais. -As Declaracións Institucionais dos Parlamentos autonómicos con relieve internacional
-Visitas ó extranxeiro do Presidente ou de delegacións do Parlamento. -Visitas de altas personalidades extranxeiras á sede dos Parlamentos autonómicos. -Actividades de impulso á acción exterior. Resolucións baixo a fórmula de proposicións non de lei ou resolucións nos debates de política xeral. -Os Parlamentos como sede de actividades de relieve internacional.
ESTRUCTURA ORGÁNICA DA XUNTA DE GALICIA: ATA XULLO 2005 -PRESIDENCIA: -S.X. DE RELACIÓNS COA UNIÓN EUROPEA E COOPERACIÓN EXTERIOR. -FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA -COMUNIDADE DE TRABALLO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL -CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN: -SECRETARÍA XERAL -D.X. DE EMIGRACIÓN -D.X. DE APOIO Á INMIGRACIÓN
-CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: -D.X. DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS -CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA: -D.X. DE PLANIFICACIÓN ECONÓMICA E FONDOS COMUNITARIOS
ESTRUCTURA ORGÁNICA DA XUNTA DE GALICIA: DENDE AGOSTO DE 2005: -PRESIDENCIA: -S.X. DE EMIGRACIÓN -S.X. DE RELACIÓNS EXTERIORES: D.X. DE COOPERACIÓN EXTERIOR FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA COMUNIDADE DE TRABALLO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL -VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR: -S.X. E DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS -CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA: -D.X. DE PLANIFICACIÓN ECONÓMICA E FONDOS COMUNITARIOS.
A FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA. CONCEPTO. • Institución privada sen ánimo de lucro creada para a promoción de tódalas accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Naceu en 1988 e aglutina a diversas entidades públicas e privadas galegas.
A FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA. OBXECTIVOS. -Formación europea de mozos e profesionais galegos. -Difundir información de interese para a sociedade galega sobre a Unión Europea. -Canalizar a xestión de intereses galegos en Europa. -Promover a cultura e a economía da nosa Comunidade Autónoma no ámbito europeo. -Apoiar o desenvolvemento exterior de Galicia.
FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA: PRESENCIA FÍSICA EN BRUXELAS E SANTIAGO. Capacitada para prestar apoio a Galicia en tódolos foros nos que as rexións e municipios teñen voz propia, como o Comité das Rexións. Outros aspectos: bolsas de estudio, publicacións como o Boletín Galicia-Europa
FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA. MEMBROS DO PADROADO. O padroado é o órgano de representación, goberno e administración da Fundación. Entidades membros fundadoras: -Xunta de Galicia -Banco Pastor -Caixa Galicia -Caixanova
Entidades membros adheridas - Consorcio Zona Franca de Vigo - Cámaras galegas de Comercio, Industria e Navegación Entidades membros asociadas • Deputación de A Coruña • Deputación de Pontevedra • Deputación de Ourense
A FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA. O CONSELLO ASESOR. Dende marzo de 2001, integrado por personalidades de recoñecido prestixio empresarial ou profesional. Áreas: política agrícola común, política pesqueira común, política industrial, política monetaria, rexional e de cohesión e a área de reforma institucional.
A ACCIÓN EXTERIOR DE GALICIA NA REFORMA DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA. “A Xunta é o órgano de goberno de Galicia que dirixe a política interior e a acción exterior, así como a administración autonómica.”
TÍTULO: “RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ACCIÓN EXTERIOR” -Capítulo I- Disposicións xerais -Capítulo II- Relacións co Estado -Comisión Xeral de Cooperación CAG-E -Participación nas institucións e organismos do Estado -Capítulo III- Relacións con outras CC.AA -Convenios e acordos de cooperación
Capítulo IV- Relacións coa Unión Europea-Participación na formación da vontade do Estado-Representación nas institucións europeas-Principios de subsidiariedade e proporcionalidade-Desenvolvemento e aplicación do dereito comunitario-Accións ante o Tribunal de Xustiza-Xestión de fondos europeos-Delegación diante da Unión Europea-Cooperación rexional europea-Revisión dos tratados da Unión Europea
Capítulo V- Acción Exterior-Disposicións Xerais-Tratados e Convenios Internacionais-Participación en organismos internacionais-Relacións interrexionais-Relacións con Portugal e a lusofonía Capítulo VI- Cooperación Internacional