1 / 18

TEMA 1

TEMA 1. A TERRA NO UNIVERSO. 1.- TEORÍAS SOBRE A SITUACIÓN DA TERRA NO UNIVERSO .-. Teoría xeocéntrica: Sitúa a Terra no centro do universo. O Sol e os planetas xiran arredor da Terra. Teoria heliocéntrica: Situa o Sol no centro do universo. A Terra e os planetas xiran arredor do Sol.

lilah
Download Presentation

TEMA 1

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. TEMA 1 A TERRA NO UNIVERSO

  2. 1.- TEORÍAS SOBRE A SITUACIÓN DA TERRA NO UNIVERSO.- • Teoría xeocéntrica: Sitúa a Terra no centro do universo. O Sol e os planetas xiran arredor da Terra. • Teoria heliocéntrica: Situa o Sol no centro do universo. A Terra e os planetas xiran arredor do Sol.

  3. 2.- As distancias no universo • Os astróno­mos empregan as seguintes unidades: • Unidade astronómica (UA). É a distancia media entre a Terra e o Sol. Equivale a 149 600 000 km, aínda que esta cifra acostuma a se redondear a 150000000 km. • Ano luz (al). É a distancia que percorre a luz nun ano propagán­dose á velocidade de 300000 km por segundo. • Pársec (pc): 1 pc = 3,26 anos luz. • As distancias planetarias acostuman a se expresar en UA, mentres que as dimensións galácticas ou as distancias a outras galaxias ou obxectos afastados do universo exprésanse en anos luz.

  4. 3.- As galáxias. • As galaxias defínense como enormes agrupacións de estrelas e gas e pó interestelares. Poden conter billóns ou trillóns de estrelas que, á súa vez, posúen en moitas ocasións sistemas planetarios. • O universo está formado esencialmente por billóns ou trillóns de galaxias. • As galaxias agrúpanse, en xeral, en cúmulos de galaxias. A Vía Láctea, por exemplo, atópase no chamado «Grupo Local» xunto coa galaxia de Andrómeda, as Nubes de Magalláns, etcétera

  5. 3.1.- Nebulosas e cúmulos estelares • Nebulosas. Son concentracións de gas (principalmente hidróxeno e helio) e pó interestelar. • Cúmulos estelares. Son agrupacións máis ou menos compactas de estrelas fisicamente próximas entre si. Cando son moi densos reciben o nome de cúmulos globulares e acostuman a se atopar no halo da galaxia. Cando non son tan compactos chámanse cúmulos abertos e localízanse no interior da galaxia.

  6. 3.2. A Via Láctea. • Trátase da nosa propia galaxia. • Componse de varios centenares de miles de millóns de estrelas, entre as que se atopa o Sol. • Na Vía Láctea distínguense as seguintes partes: • Núcleo central: É a zona central da galaxia, formada por unha gran cantidade de estrelas vellas. • Brazos espirais ou disco galáctico: Eiquí atópanse as estrelas máis xoves. O noso Sol sitúase nun deses brazos, o chamado Brazo de Orión. • Halo: • Envolve o núcleo e o disco, e componse fundamentalmente de estrelas illadas e cúmulos globulares.

  7. 4.- As estrelas.- • As estrelas son grandes esferas de hidróxeno e helio que liberan enerxía fusión nuclear partículas de hidróxeno helio + enerxía • 4.1.- Características das estrelas: Son o brillo e a cor. • Brillo. Está relacionado coa distancia, coa cantidade de enerxía emitida pola estrela e, en consecuencia, co seu tamaño. • Cor. Depende da temperatura superficial da estrela.

  8. 4.2.- O Sol • O Sol é unha estrela mediana de tipo G, que acada unha temperatura superficial duns 5 500 ºC. • Componse, aproximadamente, dun 75 % de hidróxeno, un 25 % de helio e unha pequena porcentaxe de osíxeno, carbono, ferro e outros elementos. • O Sol xira sobre si mesmo no sentido contrario ao das agullas do reló.

  9. 5.- O Sistema Solar: Denomínase sistema solar o conxunto de planetas, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas que orbitan de maneira regular arredor do Sol.

  10. 5.1.- Compoñentes do Sistema Solar.- • Unha estrela mediana: o Sol. • Un conxunto de planetas, planetas ananos e satélites. Os planetas orbitan arredor do Sol e, os satélites, arredor dos planetas. • Planetas. Son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. • Planetas ananos. Nesta categoría inclúense Plutón, Ceres e Eris, ademais doutros planetas ananos menores e máis afastados. • Satélites. • Un cinto de asteroides. • Cometas. Corpos formados por rochas, xeo e po procedentes do cinto de Kuiper ou da nube de Oort.

  11. 5.1.- Compoñentes do Sistema Solar.- Esquema gráfico sistema solar

  12. 5.2.- Características do Sistema Solar: • Denomínase movemento de translación o movemento que realizan os planetas arredor do Sol. • Denomínase movemento de rotación o movemento que efectúan moitos planetas arredor do seu eixe. • As órbitas que todos os planetas describen arredor do Sol, excepto a de Plutón, atópanse aproximadamente no mesmo plano. • Os planetas xiran arredor do Sol en sentido contrario ao das agullas do reloxo (sentido antihorario). O tempo que tardan en dar unha volta completa arredor do Sol é o que chamamos ano. • A maioría dos planetas xiran sobre si mesmos arredor dun eixe case perpendicular ao plano da súa órbita arredor do Sol, agás Urano, cuxo eixe de rotación está practicamente deitado sobre o plano orbital • O tempo que un planeta inviste en xirar sobre si mesmo é o que chamamos día.

  13. 5.3.- Características dos planetas: • Planetas ananos: Plutón, Ceres e Iris. • Planetas interiores: • Mercurio: É o máis próximo ao Sol. Non posúe atmosfera. Ten un período de rotación moi lento. Non ten satélites, • Venus: Ten un tamaño e unha densidade similares á Terra. A súa atmosfera é moi densa e está formada por dióxido de carbono e ácido sulfúrico. Rota en sentido contrario ao resto dos planetas e é o que ten unha maior temperatura superficial. Non ten satélites. • Terra: É coñecido como o planeta azul. Ten auga líquida e unha atmosfera moi variada coa presenza de gases indispensables para a existencia de vida. A súa rotación dura un día e a súa translación ao redor do Sol, dura un ano. Ten un satélite, a Lúa. • Marte: É o máis parecido á Terra. Ten unha delgada capa atmosférica formada maioritariamente por dióxido de carbono. Ten dous satélites, Fobos e Deimos.

  14. 5.3.- Características dos planetas: • Planetas exteriores: • Xúpiter: É un xigante gasoso constituído principalmente por hidróxeno e helio. Pénsase que o seu núcleo é rochoso. Ten catro grandes satélites e outros máis pequenos. • Saturno: Planeta gasoso formado na súa maior parte por hidróxeno. O seu trazo máis característico é que está rodeado por un sistema de aneis. Ten dezanove satélites coñecidos. • Urano: É un planeta gasoso formado por hidróxeno, helio e metano. É un planeta xeado, con temperaturas superficiais moi baixas. Xira, xunto con Venus, en sentido contrario aos demais planetas. Ten cinco satélites coñecidos. • Neptuno: É un planeta gasoso formado por hidróxeno, helio e metano. É un planeta xeado, con interior quente. Ten dous satélites coñecidos.

  15. 6.- O sistema Terra-Lúa.- 6.1. Os movementos da Terra: • A terra efectúa dous movementos: o de translación e o de rotación. • Movemento de translación. ATerra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita plana que recibe o no me de eclíptica. Tarda 365 días en completar esta órbita, perío­do que se denomina ano. Deste movemento derivase a existencia das catro posicións características da Terra, coñecidas como solsticios e equinoccios, así como as estacións do ano. • Movemento de rotación. É o movemento que realiza o planeta Terra arredor do seu eixe cada 24 horas. Debido a isto, sucédense o día e a noite. • As estacións do ano son períodos nos que as variacións de temperatura dependen da inclinación con que incidan os raios de Sol sobre a Terra. • A rotación regular da Terra arredor do seu eixe cada 24 horas é a causa da sucesión do día e da noite. • O movemento de rotación do noso planeta, visto desde o polo Norte, prodúcese en sentido contrario ás agullas do reloxo, é dicir, de Oeste a Leste.

  16. 6.- O sistema Terra-Lúa.- 6.2.- Os movementos da lua.- • Un movemento arredor da Terra, no que emprega, aproximadamente, 28 días (período lunar). • Un movemento arredor do seu eixe, no que inviste tamén 28 días. 6.3.- As fases da lúa: • Lúa nova, cuarto crecente, lúa chea, cuarto minguante. 6.4.- As mareas.- • As mareas son subidas e baixadas do nivel do mar. Este movemento, que se repite de forma periódica, débese, principalmente, á atracción que a Lúa e, en menor medida, o Sol exercen sobre a Terra. Esta atracción é causada pola gravidade. • Cando o nivel do mar se eleva, prodúcense as chamadas mareas altas. Polo contrario, cando descende o nivel do mar, danse as mareas baixas.

  17. 6.- O sistema Terra-Lúa.- 6.5.- Os eclipses.- • Eclipse de Sol: o Sol é ocultado pola Lúa, que se interpón entre el e a Terra. • Eclipse de Lúa: aTerra interponse entre o Sol e a Lúa, de xeito que impide que esta reciba luz solar. • Para que se produza un eclipse, a Lúa, a Terra e o Sol débense atopar aproximadamente sobre a mesma liña.

  18. 7.- A Terra, ¿é plana ou redonda?.- • Procedementos que dendê antigo permitiron saber que a Terra era redonda: • A Estrela Polar vese a menor altura sobre o horizonte cando se viaxa desde o norte cara ao sur. • A sombra que aTerra proxecta sobre a lúa nos eclipses lunares é redonda. • Outra razón de peso que confirmaba a esfericidade do noso planeta baseábase en que tanto a Lúa como o Sol son redondos e, por semellanza, a Terra debíao ser tamén.

More Related