180 likes | 392 Views
PERFIL: PROFESOR COORDINADOR DE MATERIA. Pantalla de acceso a DocNet https://seix.uvigo.es/docnet_2.2. Facemos clic sobre “Profesorado”. Dixitamos os datos de acceso. Materias – Editar materia - Principal. Visualización da guía docente de materia en diversos formatos.
E N D
PERFIL: PROFESOR COORDINADOR DE MATERIA Pantalla de acceso a DocNethttps://seix.uvigo.es/docnet_2.2 Facemos clic sobre “Profesorado”
Materias – Editar materia - Principal Visualización da guía docente de materia en diversos formatos Idiomas de publicación da guía docente de materia Idiomas empregados na docencia Web da materia Descrición xeral da materia Subapartados da guía docente de materia
Paso 1: Competencias de titulación Enviar consulta á Unidade de Apoio Metodolóxico (U.M) Competencias de titulación traballadas na materia (en negrito despois de completar o Paso 2) Competencias de titulación non traballadas polas competencias de materia (sen destacar)
Paso 2: Competencias de materia No pé da páxina temos un cadro de texto no que podemos inserir as competencias de materia (unha a unha) Despois de inserirmos a competencia de materia, faremos clic no ícone editar
Paso 2: Competencias de materia Seleccionamos a tipoloxía E as competencias, específicas e transversais, de titulación as que contribúe esta competencia de materia Finalmente, gardamos os datos introducidos
Paso 2: Competencias de materia Competencias de materia
Paso 3: Contidos de materia Inserimos un por un os temas cos subtemas correspondentes
Paso 3: Contidos de materia Os temas insírense un por un, como vemos nesta imaxe As alertas indican que hai temas sen subtema
Paso 4: Planificación docente Seleccionaremos as metodoloxías/probas e faremos clic sobre “Inserir metodoloxía” ou “Inserir proba”
Paso 4: Planificación docente Ao seleccionarmos unha metodoloxía/proba, antes de facermos clic sobre “Inserir”, marcaremos as opcións que se nos presentan (se require atención personalizada, se contribúe a avaliación da materia) e introduciremos a carga horaria
Paso 4: Planificación docente Este é un exemplo de como se vería o paso 4 unha vez introducidos os datos
Paso 5: Metodoloxía docente Neste paso móstranse as metodoloxías inseridas no paso anterior Para concretar o emprego dunha metodoloxía no contexto da materia, faremos clic no ícone “Editar”, redactaremos a descrición e faremos clic en “Gardar”
Paso 6: Atención personalizada Neste paso móstranse as metodoloxías / probas para as que marcamos “Atención personalizada” no paso 4 Podemos inserir unha descrición conxunta: redactarémola no cadro de texto e faremos clic en gardar
Paso 7: Avaliación Neste paso móstranse as metodoloxías / probas para as que marcamos “Avaliación” no paso 4 Editaremos as metodoloxías/probas unha a unha, inserindo unha descrición dos aspectos a avaliar e criterios empregados, e a súa incidencia sobre a avaliación total (en %)
Paso 8: Bibliografía Neste paso inseriremos a bibliografía necesaria para a materia Introduciremos os datos que se piden e faremos clic en inserir Tamén podemos inserir un comentario xeral
Paso 9: Recomendacións Neste paso inseriremos recomendacións a respecto da materia que esteamos a modificar Introduciremos as materias que é recomendable ter cursado previamente, as que se recomenda cursar simultaneamente e as que continúan o temario Tamén podemos inserir outros comentarios adicionais
Paso 10: Enviar guía docente Neste paso enviaremos a guía docente á unidade metodolóxica Se algún dos pasos estiver incompleto, a aplicación mostrará unha advertencia Para enviar a guía docente á U. M. e ao responsable de titulación faremos clic neste ícone Unha vez feito isto, a cor mudará de vermello a amarelo, indicativo de guía en proceso de revisión