330 likes | 524 Views
Unidade Didáctica por Melania Cruz. BLOQUE 1 IDENTIDADE. Quen son a compañía ourensá ilMaquinario Teatro?. iLMaquinario Teatro é unha compañía creada no ano 2012 por Tito Asorey, Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez.
E N D
Unidade Didáctica por Melania Cruz
Quen son a compañía ourensá ilMaquinario Teatro? iLMaquinario Teatro é unha compañía creada no ano 2012 por Tito Asorey, Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez. Este proxecto conformouse durante os nosos anos de estudo na ESAD de Galicia. Nun panorama socioeconómico como o que estamos a vivir, asumimos o risco de crear un proxecto artístico no que nos entregamos con total paixón co fin de por en pé o teatro que soñamos, construído por artistas novos pero con experiencia en diversas compañías (Compañía Nacional de Teatro Clásico, Ur Teatro, Centro Dramático Galego, Sarabela Teatro, La Imagina Machina, Teatro de Adro, Teatro do Noroeste, Escénate, Viravolta, etc). Unha compañía con vocación de continuidade que privilexia o traballo do actor como explorador da natureza humana, ofrecendo ao seu público historias que susciten debate e controversia, e ao mesmo tempo sexan pracenteiramente lúdicas. Un teatro de grande intensidade sustentado no traballo colectivo e nas dramaturxias contemporáneas.
Máis info en … • Webwww.ilmaquinarioteatro.com Facebookhttps://www.facebook.com/ilmaquinario.teatro Twitterhttps://twitter.com/Ilmaquinariotea
“Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que es ti quen conformas a túa propia realidade. Que sabes perfectamente como é a túa vida. Que o teu forgar é teu e que tes un nome, unha tarxeta de crédito e unha póliza de seguros. Cres que tes certezas. Pero as certezas neste mundo son case unha utopía. Esta vida é realmente túa? Para quen estás vivindo esta vida? Existes realmente se ninguén está a ollar para ti? Quen é o que realmente está ollando para ti? Existe alguén nalgún lugar ollando para todos nós? Cando toda a realidade se derruba ao noso redor, a que podemos aferrarnos?...”
DEFINAMOS O CONCEPTO IDENTIDADE
Diccionario da Real Academia da Lingua Galega • IDENTIDADE • substantivo feminino • 1. Calidade de idéntico • Unha relación de identidade • sinónimo: igualdade 2. Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal Tomar consciencia da propia identidade. Acabou revelando a súa identidade á policía 3. Matemáticas Igualdade entre dúas expresións que se mantén con calquera valor que teñan as variables A expresión ‘a2-b2=(a+b).(a b)’ é unha identidade
Diccionario da Real Academia da Lingua Española IDENTIDADE (Do b. lat. identĭtas, -ātis). 1. f. Calidade de idéntico. 2. f. Conxunto de rasgos propios dun individuo ou duhna colectividade que os caracterizan frente aos demais. 3. f. Conciencia que unha persoa ten de ser ela mesma e distinta ás demais. 4. f. Feito de ser alguén ou algo o mesmo que se supón ou se busca. 5. f. Mat. Igualdade alxebraica que se verifica sempre, calquera que sexa o valor das súas variables.
WIKIPEDIA • Identidade (filosofía) é a relación que toda entidade mantén só consigo mesma • Identidade (matemática)é unha igualdade que permanece verdadeira sen importar os valores que se asignen ás variables que aparecen nela • Función identidade é unha función matemática que devolve o seu propio argumento • Identidade culturalé o conxunto de valores, símbolos, crenzas e costumes dunha cultura • Identidade políticaé unha forma de identidade social que marca a pertenza a certos grupos que teñan en común unha loita por algunha forma de poder • Identidade nacionalé a identidade baseada no concepto de nación, isto é, o sentimento de pertenza a unha colectividade histórico-cultural con características diversas, trazos de cosmovisión definidos con maior o menor localismo ou universalismo (dende a cultura á civilización), costumes de interacción, organización social e política (particularmente, o Estado -tanto de identifica con el como na súa contra-) • Identidade sexualé a identidade baseada na orientación sexual, ou en características sexuais biolóxicas • Identidade socialé unha teoría proposta para entender os fundamentos da discriminación entre grupos • Identidade de xéneroé a percepción subxectiva que un individuo ten sobre si mesmo en canto a sentirse muller ou home; pode considerarse como o sexo psicolóxico ou psíquico e constitúese nun dos tres elementos da identidade sexual xunto á orientación sexual e o rol de xénero • Identidade de lugarimplica o recoñecemento dun lugar concreto a través de símbolos que son expresión de sentirse como na casa e asócianse coa memoria colectiva
QUEN SON EU? • Como creo que son? • Como describiría a miña forma de actuar? • Como creo que me ven os meus compañeiros? • Que cousas valoro de min? • Que cousas creo que lles gustan aos outros de min? • Coido que debería cambiar algo respecto a min mesmo, a miña relación co entorno ou a miña relación cos demais? • O meu comportamento cambia dependendo dos ambientes nos que estea?
IDENTIDADE E ESTÉTICA • “(…) Percibir a identidade é un proceso estético, pois ten que ver con formas particulares do xesto, a fala e a imaxe do outro na producción de efectos emotivos e impresións sensoriais. Unha posta en identidade de si é (…) unha presentación de persoa, un acto dramático. É un facerse-ver de certo modo, con certa utilería, vestiario e escenografía, é dicir, nunha táctica icónica, retórica e dramática que recorre a xestos, imaxes e obxectos para producir un efecto de identidade de no outro, nunha testemuña e público. Por ilo, cal é a identidade? a que pretende presentar de si o suxeito ou a que percibe a testemuña? (…)”. MANDOKY, KATYA en Estética de la identidad y sus paradojas
Serie 1 Imaxe 1 Imaxe 2
Serie 2 Imaxe 1 Imaxe 2
Serie 3 Imaxe 1 Imaxe 2
Serie 4 Imaxe 1 Imaxe 2 Imaxe 3
Serie 5 Imaxe 2 Imaxe 1
Serie 6 Imaxe 1 Imaxe 2 Imaxe 4 Imaxe 3
Serie 7 Imaxe 1 Imaxe 2
Imaxe 4 Serie 7 Imaxe 3 Imaxe 5
Os medios de comunicación e a conformación da opinión UN EXPERIMENTO: A GUERRA DOS MUNDOS, POR ORSON WELLES EN 1938 http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/hace-75-anos-guerra-mundos-orson-welles-aterrorizo-norteamericanos/2111187/
PAUTAS PARA UN DEBATE • Ser directo e breve nas intervencións • Ser tolerante respecto ás diferenzas • Non subestimar aos outros • Non empregar berros para tratar de contradicir ao interlocutor • Falar con liberdade e seguridade sen temor ás posibles críticas • Acompañar as críticas con propostas • Escoitar ao interlocutor para responder axeitadamente
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN • PLATAFORMAS DE COMUNICACIÓN • Distintos xornais escritos ou dixitais do mundo (incluíndo portais de internet) • Distintas canles de radio e TV locais, rexionais, nacionais e internacionais • Libros, magazines, revistas e outras publicacións OBXECTIVO • Contrastar os feitos a fin de comprobar ata que punto un mesmo acontecemento pode ser tratado dende moi diversas perspectivas dependendo das características do medio escollido FASES DO PROCESO • Escolla da noticia • Recollida de información procedente de moi diversas fontes • Constraste das diferenzas entre as fontes respecto ao tratamento e exposición dos datos • Extracción de conclusións sobre a documentación • Elaboración e organización das ideas • Exposición ante os demais grupos de investigación
INTERNET E OS SEUS USOS • Cantas veces ao día nos conectamos a internet? • Con que fins nos conectamos a internet? • Con que frecuencia e para que usos consultamos o noso teléfono móbil? • Cantas veces ao día consultamos as redes sociais (Facebook, Twitter, Tuenti, Blogs…)? • Consideramos que internet é un medio fiable ou non fiable? • Poderíamos vivir sen internet?
INTERNET: REALIDADE OU FICCIÓN? • Vídeo sobre a manipulación da imaxe dunha modelo: https://www.youtube.com/watch?v=u8kty1SEqZQ • Vídeo sobre unha rapaza que simulou unhas vacacións en Asia: http://www.dailymail.co.uk/video/travel/video-1118778/Girl-faked-holiday-Asia-reveals-methods.html
PODEMOS OU NON PODEMOS SER NÓS? «Un personaxe sempre pode preguntarlle a un home quen é. Porque un personaxe ten realmente unha vida súa, marcada por caracteres seus, polos cales sempre é «alguén». Mentres que un home en xeral, pode non ser «ninguén». PIRANDELLO, LUIGI. Seis personaxes á procura de autor
ESTAMOS NUN TEATRO • Que fai o personaxe cando está só? • Que fai cando se atopa con outr@s? • Que di cando está só? • Que di cando se atopa con outr@s? • Que din os demais ao seu respecto? • Como é tratad@ po@s outr@s? • Como adoita, polo xeral, responder ante o tratamento que lle fan @s outr@s?
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN!!!http://www.ilmaquinarioteatro.com/