160 likes | 351 Views
A REVOLUCIÓN RUSA. 1917. CAUSAS:. A Revolución Rusa foi un dos máis importantes feitos ocorridos na época contemporánea. As causas destas dúas revolucións abarcan situacións políticas , sociais e económicas de Rusia na época.
E N D
A REVOLUCIÓN RUSA 1917
CAUSAS: • A Revolución Rusa foi un dos máis importantes feitos ocorridos na época contemporánea. • As causas destas dúas revolucións abarcan situacións políticas, sociais e económicas de Rusia na época. • Politicamente, o pobo ruso odiaba a dictadura do zarNicolás II. As baixas que os rusos sufriron durante a I Guerra Mundial debilitaron aínda máis a imaxe de Nicolás. • Socialmente, o réxime despótico do zar estivera oprimindo ó campesiñado durante séculos. Isto provocou tensións dentro da clase baixa rural que desemboco en altercados. • Economicamente, a inflación e a fame por toda Rusia contribuíron así mesmo á revolución. • Definitivamente, unha combinación destes tres factores, combinados co liderazgo de Lenin, conduciron irremisiblemente á Revolución Rusa.
CAUSAS POLÍTICAS • Os obreiros traballaban once horas ó día. As condicións de saúde e seguridade no traballo eran sombrías, e os salarios baixaban. producíronse numerosas folgas e protestas co paso do tempo. Case todas foron ignoradas por Nicolás ou reprimidas, en ocasións dunha forma violenta e mortífera (Domingo Sanguento). En 1915, a situación tornouse crítica cando Nicolás decidiu tomar o control directo do exército, supervisando persoalmente o fronte de guerra e deixando a súa incapaz esposa Alexandra ó cargo do goberno. • Sobre outubro de 1916, Rusia perdera entre 1,6 y 1,8 millóns de soldados, ós que había que engadir dous millóns de prisioneiros de guerra e un millón de desaparecidos. Empezaron a sucederse motíns, e en 1916 empezaron a circular rumores de confraternización co inimigo. Os soldados estaban famentos e faltos de calzado, munición e incluso de armas. Culpouse a Nicolás destas calamidades, e o pequeno apoio que lle quedaba empezou a tambalearse. A medida que este descontento xeneral e odio cara a Nicolás II crecían, la Duma (cámara baixa do parlamento ruso representada por terratenentes, cidadáns, traballadores da industria e campesiños) emitiu unha advertencia ó zar en novembro de 1916 declarando que se aveciñaba o desastre sobre a nación senón se poñían en marcha reformas constitucionais. Como era de esperar, Nicolás fixo caso omiso. O resultado non se demorou, e varios meses despois o réxime colapsou durante a Revolución de Febreiro de 1917. Un ano despois, o zar e a súa familia foron executados. A xestión inepta do Estado e da guerra por parte de Nicolás custáronlle o trono e a vida.
CAUSAS SOCIAIS • As causas sociais da Revolución teñen a súa orixe en séculos de opresión do réxime zarista sobre as clases baixas, ademais dos fracasos de Nicolás na I Guerra Mundial. Aproximadamente un 85% do pobo ruso formaba parte do campesiñado, oprimido polas clases superiores e o propio réxime. O vasalaxe, asociado comunmente coa Idade Media, describe con precisión a situación social da Rusia de Nicolás: Unha pequena clase de nobres terratenentes controlaba unha vasta cantidade de servos. En 1861, o zarAlexandro II de Rusiaemancipou a estes campesiños non por razóns morais senón porque impedía o avance social de Rusia. Sen embargo, esta nova liberdade foi de carácter limitado, dado que no tiñan ningunha terra que cultivar. Como resultado, o goberno elaborou novas leis que lles outorgaban pequenas parcelas que traballar. Sen embargo, a cantidade de terra que se lles cedeu foi insuficiente, co que desencadeáronse enormes sublevacións. a I Guerra Mundial so aumentou o caos. • A inxente demanda de producción industrial de artículos de guerra causou moitas máis insurreccións e folgas. Ademais, como necesitábanse a moitos traballadores nas fábricas, os campesiños emigraron ás cidades, que pronto víronse superpoboadas, vivindo baixo condicións que rapidamente empeoraron. Para colmo, mentres que a cantidade de alimentos requirida polo exército era cada vez maior, o abastecemento tras o fronte empobrecíase máis e máis. En 1917, a fame ameazaba á maioría das grandes cidades. A suma de todos os factores anteriores contribuíu a un crecente descontento entre os cidadáns rusos.
CAUSAS ECONÓMICAS • As causas económicas da Revolución Rusa atribuíronse en gran medida á mala xestión do zar, sumada á I Guerra Mundial. Máis de quince millóns de homes uníronse ó exército, que deixou un número insuficiente de traballadores nas fábricas e nas granxas. O resultado foi unha escaseza xeneralizada de alimentos e materias primas. • Os obreiros tiveron que soportar terribles condicións de traballo, incluíndo xornadas de doce a catorce horas e baixos salarios. Desencadeáronse cuantiosas revoltas e folgas reivindicando mellores condicións e maiores salarios. Houbo unha protesta ante a que Nicolás respondeu con violencia; en resposta, os traballadores da industria foron á folga e paralizaron o ferrocarril e o resto de redes de transporte. As poucas mercancías que estaban dispoñibles non podían levarse o seu lugar de destino.Os prezos disparáronse a medida que os bens esenciais eran cada vez máis escasos. • En 1917, a fame ameazaba a moitas das grandes cidades. O fracaso de Nicolás en resolver os problemas económicos do seu país e a promesa do comunismo por aplacalos compuxo o núcleo desta revolución.
A Revolución Rusa de 1917 foi un movemento político en Rusia que culminou en 1917 ca expulsión do goberno provisional que reemplazara o sistema zarista, o que levou finalmente ó establecemento da Unión Soviética, que durou ata a súa caída en 1991. • Na Revolución rusa poden distinguirse dúas fases: • A primeira foi a chamada Revolución de Febreiro de 1917, que desprazou a autocracia do zarNicolás II de Rusia, o último da historia, e tiña a intención de instalar no seu lugar unha república liberal. • A segunda fase foi a Revolución de Outubro, na que os soviets, inspirados e controlados cada vez máis polo Partido Bolchevique de Lenin, tomaron o poder do goberno provisional dirixido por Kerensky.
1ª) Revolución de Febreiro • A Revolución de Febreiro sobreveu case espontaneamente cando o pobo de Petrogrado protestou contra o réxime zarista pola escaseza de comida na cidade. • Existía tamén un gran descontento ca involucración na Primeira Guerra Mundial. A principios de febreiro as protestas fóronse tornando violentas en canto os cidadáns subleváronse e enfrontaron á policía e os soldados. Cando o groso dos efectivos destacados na capital uníronse á sublevación, esta converteuse nunha verdadeira revolución obrigando a abdicar ó zar previo a unha transición case sen derramamento de sangue. • Constituíuse un novo goberno provisional á vez que planeouse a convocatoria de eleccións. Entre febreiro e outubro os revolucionarios intentaron fomentar cambios máis radicais. En xulio, os bolcheviques de Petrogrado, en colaboración cos anarquistas, promoveron unha rebelión civil. Esta insurrección fracasou.
2ª) Revolución de Outubro • A Revolución de outubro foi liderada por VladimirLenin e baseada nas ideas de KarlMarx. Marcou o inicio da expansión do comunismo no século XX. • O 7 de novembro de 1917, o líder bolcheviqueLenin liderou ós revolucionarios de esquerda nunha revolta contra o ineficaz Goberno Provisional. • Despois de outubro de 1917, moitos membros do Partido Socialista-Revolucionario e Anarquistas opuxéronse ós Bolcheviques a través dos soviets. Cando esto fallou, provocaron varias revoltas nunha serie de sucesos chamados "a terceira revolución". Estes movementos, que esixían unha extensa variedade de demandas e carecían dunha efectiva coordinación, foron finalmente aplastados durante a Guerra civil.
3ª) A Guerra Civil • A Guerra Civil Rusa, que estalou en 1918 tras un breve período despois da Revolución de Outubro, trouxo morte e sufrimento a millóns de persoas de ambos bandos sen importar a súa postura política. • Os contendentes eran denominados, por un lado, os "roxos", comunistas e revolucionarios, e, polo outro, os "brancos", monárquicos, conservadores, liberais e socialistas moderados que oporíanse á revolución bolchevique. Os brancos recibían o apoio doutros países tales como Francia, Estados Unidos, Xapón e o Reino Unido.
CONSECUENCIAS: • Polas súas consecuencias nacionais e mundiais, a revolución rusa de 1917 constitúe o acontecemento político e económico-social más importante do século XX. Ó igual ca revolución francesa de 1789, a Revolución Rusa pecha unha era da historia e abre unha nova época para a humanidade. • Formación dun novo estado a URSS. Desta revolución xurdirá un enorme país cun potencial económico tremendo que, durante anos estará illado do resto das nacións europeas e mundiais dado o seu interese por difundir a doutrina comunista pero que máis adiante acaparará unha órbita de influencia tremenda á converterse nunha das dúas superpotencias que controlarán os destinos do Planeta durante a Guerra Fría. • Nacemento e expansión do sistema comunista. O comunismo tivo os seus pro e contras. Como contras podemos destacar: o aumento da infalción como consecuencia de que a produción non creceu o suficiente, a desaparición do sistema monetario internacional do rublo; as cidades seguen desabastecidas... Como positivo: a consolidación da revolución que fixo imposible a marcha atrás.