380 likes | 519 Views
A auga na cultura galega O TRANSPORTE DA AUGA. A auga condúcese para levala dun sitio a outro, para pola a traballar, para achegala aos lugares de consumo ou para evitar os danos que poida producir.
E N D
A augana cultura galega O TRANSPORTE DA AUGA
Aauga condúcese para levala dun sitio a outro, para pola a traballar, para achegala aos lugares de consumo ou para evitar os danos que poida producir.
As construcións tradicionais para conducir a auga están feitas en pedra, en moitos casos moi ben traballada, e ás veces aproveitando as rochas naturais que se excavaban para darlle forma á canle.
As levadas sondesviaciónsdunha parte do caudal dunrío ou regueiro. Levada do Gorgullón ou das Achas. Percorre máis de 20 km desde A Caniza ata preto de Arbo.
Os acuedutosconstrúense para conducir a auga salvando desniveis. O Incio
Monte da Cidade (Barragán-Oitavén)
Diversas estruturas construídas en pedra serven tamén para almacenar auga como os estanques, ou neve, como os neveiros que se construíron nas serras para almacenar o xeo que se vendía despois nas cidades. Neveironaserra do Larouco
Patio do alxibe do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. No centro o acceso ao interior do depósito no que se almacena a auga que se recolle da chuvia por medio dun sistema de rampas e canles.
A pedra escavada foi utilizada como recipiente para a auga nas pías de bautismo e de auga bendecida nas igrexas, e nos pilóns das fontes, vertedeiros e bebedeiros.
Para dar saída á auga de tellados e cubertas fanse canos, gárgolas e baixantes.
Nos tempos en que non había auga corrente nas casas había que ir por auga á fonte para beber, lavarse ou cociñar. Non había cuartos de baño e para lavarse empregábanse diferentes recipientes. Cerámica Celta. Pontecesures
Antes de existir o plástico os recipientes para transportar e almacenar a auga eran de barro (cántaros, olas, porróns), madeira (sellas, caldeiros, baldes), porcelana (xerras, palanganas) ou cinc (caldeiros, bañeiras).
Déixame que vou de presa coa auga de regar, auga de moitosregueiros é moi mala de xuntar. (Cantiga popular)
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Novembro 2013