1 / 27

VELOCIDADE

VELOCIDADE. CARREIRA DE VELOCIDADE. Son as carreiras máis curtas que existen en atletismo e consisten en correr o máis rápido posible unhas distancias predeterminadas. As distancias oficiais son: ♦ Para pista cuberta .- 50 e 60 metros (non son olímpicas).

takoda
Download Presentation

VELOCIDADE

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. VELOCIDADE

  2. CARREIRA DE VELOCIDADE • Son as carreirasmáis curtas que existen en atletismo e consisten en correr o máis rápido posible unhas distancias predeterminadas. • As distancias oficiais son: ♦ Para pista cuberta.- 50 e 60 metros (non son olímpicas). ♦ Ó aire libre.- 100, 200 e 400 metros. A carreira de 800m, non é considerada puramente de velocidade. • Neste tipo de carreiras, o atleta aníñasenaliña de saída e apoia os pés nos tacos, que están fixados á pista, e ó sinal do xuíz corren a máxima velocidade ate a meta , sendo fundamental unhasaída rápida, para chegaren á máxima velocidade o antes posible.

  3. FASES DA CARREIRA • A saída(ou reacción): O corredor colócase na saída ata que o árbitro señala o comezo da proba co disparo. Unha boa saída soe dar lugar a unha boa carreira, é unha parte moi importante. • A aceleración: O corredor mantén unha angulación co chan de 45º ata que se ergue completamente, esta acción dura uns 10m. • O mantemento da velocidade: na que o corredor intenta xegar ao seu máximo e mantelo ata o final da proba, sóese chegar ao máximo entre os 50 e 60m. • A chegada: Na chegada o corredor tírase cara a cinta de chegada, debe sobrepasala co peito, non vale nin coa cabeza, nin cos pes ou mans.

  4. EVOLUCION DA SAIDA AGRUPADA NA CARREIRA DE VELOCIDADE • Dende as épocas arcaicas, nas saídas para as carreiras dispoñíase dunha lousa de pedra que sinalaba o punto de partida, colocada perpendicularmente á dirección da pista. • Soían ter dúas ranuras, separadas entre sí, uns 15cm. • Este sistema de saída constitúe, aínda que de forma arcaica o antecedente dos actuais tacos de saída.

  5. Antigosxogos de Olimpia: atletas momentos antes de comezala proba de estadio 192,27 m.

  6. No ano 1888 o americano Charles Sherril, emprega por primeira vez nunha competición unha saída aniñada con apoio das mans no chan. Aínda que se cree que foi un australiano o primeiro en colocar un xeonllo na terra e apóiarse sobre unha soa man, co fin de imitar a un canguro. • Durante o século XIX, os técnicos eran reacios a empregar outra fórmula que non fóra a bipedestación, e a saída aniñada tardou en ter seguidores.

  7. Na primeira edición dos xogos Olímpicos da Era Moderna (Atenas 1896) tódolos participantes saen de pé, exceptuando ó americano Burke que, precisamente sería o gañador, e outro norteamericano que apoiou as mans en cadanseu pau.

  8. Na seguinte edición dos Xogos Olímpicos en París 1900, cando tódolos atletas nas carreiras de velocidade comezaron a empregala saída agrupada, afirmándose como a posición inicial máis convinte e ventaxosa para conseguir un comezo rápido de carreira, facíano incrustando os seus pés nuns ocos, que facían os atletas nas pistas de cinza.

  9. No 1928, os norteamericanos G. Breshanahan e W.Tuttle, inventan os tacos de saída, mellorando o apoio na saída e optimizando o impulso. • Nos Xogos Olímpicos de Berlín 1936 Jesse Owens, taménchamado “o antílope de ébano“, prefiría realizar ocos no chan a empregalos tacos de saída, pese ás vantaxes que estes supoñían.

  10. TIPOS DE SAIDA A: SAIDA DE PE.- Non se emprega nas carreiras de velocidade, unicamente en 800 m, 1500 m, 3000 m, crosh e campo a través. Colócase a perna do impulso detrás e a outra un pouco máis adiantada. O tronco inclínase un pouco cara adiante e o brazo contrario á perna atrasada ponse cara adiante. B: OS TACOS.- Este apoio consigue máis impulso na saída. Os brazos están extendidos e paralelos, os pulgares orientados ó interior e o resto dos dedos extendidos cara ó exterior. O xeonllo da perna rezagada apóiase no chan e a perna de impulsión colócase diante co pé apoiado firme no taco (tocando só as punteiras). Os hombreiros en liña coas mans e a mirada ó chan. A posición máis eficaz de colocalos é: ♦ Taco dianteiro: 40-50 cm da liña de saída, en función da talla do atleta. ♦ Taco traseiro: 35-40 cm detrás do primeiro.

  11. ANGULACIÓN DE LOS TACOS: • O nivel de angulación dos tacos depende da forza explosiva que poida xerar o velocista. Canto mais alta, menores poden ser os ángulos. O pe dianteiro leva unha menor angulación que o posterior porque a perna está mais estirada. • Esta posición ven como resultado da disminución do ángulo tibia-pé, que permite un mayor aproveitamento da forza da musculatura a nivel dos xemelgos e do pe como palanca, que fai que aumente a velocidade de saída. A inclinación óptima dos tacos sería a seguinte: Anterior 50º, Posterior 75º.

  12. TECNICA DE SAÍDA CON TACOS: • Ós seus postos!!: o atleta coloca as mans xunto a liña de saída, separadas un pouco máis que a anchura dos hombreiros. Os dedos da man forman unha bóveda entre o pulgar e os demais dedos. A cabeza en continuación co corpo. O xeonllo correspondente ó taco traseiro apóiase no chan. • Listos!!: eleva e adianta suavemente a cadeira, ata superala altura dos hombreiros que sobrepasan lixeiramente a liña de saída. As dúas pantorrillas quedan sensiblemente paralelas e os pés fortemente apoiados nos tacos.

  13. O disparo: o atleta empurra coas dúas pernas ó mesmo tempo e ó máximo de forza. A perna de atrás, exténdese rapidamente dando paso ó traballo máis largo da perna adiantada. O primeiro paso é o máis curto, aumentando gradualmente o seu tamaño.

  14. ERROS DA SAÍDA CON TACOS • Tempo de reacción elevado, é dicir, reaccionar tarde ó disparo do xuíz. • Poñersedende os primeirosapoios erguido, levantándose verticalmente de golpe. • Realizar un primeiroapoio excesivamente longo, levando o pémoi por diante da vertical do centro de gravedade. • Non impulsar con forzadende os tacos. • Na posición de listos, situala altura da cadeira por debaixo da liña dos hombreiros. • Tamén en listos, inestabilidade dos brazos. • Afundimento do talón nos primeirosapoios. • Non existir continuidade en toda a posta en acción.

  15. NORMAS COMÚNS A TÓDALAS SAÍDAS • As saídasindicaranse mediante un disparo ó aire, antes tódolos corredores deben estar no seuposto e inmóvis. • Cando o atleta estea no seuposto non pode tocalaliña de saída. O xuíz pode anulalasaída e ordearcomezalos pasos de novo. Os corredores se teñen algún problema co taco poden interrumpilo proceso levantando un brazo. • Si un competidor inicia a saídadespois de adoptala posición definitiva e antes do disparo, considérasesaída nula. Ademáis o atleta que moleste a outros, interrumpa inxustificadamente o proceso de saídaou se demore en adoptalas distintas posiciónstamén se considera saída nula.

  16. NORMAS COMÚNS A TÓDALAS CARREIRAS • Cando máisdun participante saia antes do disparo, considerárase que cometeusaída nula só aquel ouaqueles que partiron no primeiro lugar ou a provocaron. • En cada carreirapermitiraseunha única saída nula. Os atletas que posteriormente cometan saída nula serán descalificados, ainda que sexa a primeira vez que eles a cometen. • A anulación da saídasinalarase mediante un segundo disparo. Non obstante, si a saída nula é moi clara e se produce sen disparar por primeira vez, pode indicarse verbalmente.

  17. VESTIARIO DO CORREDOR • A roupa será o mais curta e axustada posible co fin de evitar calquera resistencia que puidese facelo vento. Os dorsais identificativos iran colocados no peito ou na espalda. O calzado caracterízase porque non ten talón, é anatómico e lixeiro. Cada zapatilla pode ter ate 11 cravos cada unha de 8,3 mm

  18. CURIOSIDADES DOS 100m. • A sua máxima velocidade pode superar os 40 km/h. • Poden chegar a dar 5 zancadas por segundo. • Soen dar unhas 45 zancadas aprox. nos 100m. (os homes, as mulleres sobre 50). • Tardan unhas 18 centésimas en reaccionar ao disparo de saída. • Os corredores soen inspirar unha soa vez en toda a proba, nos 50m.

  19. RECORDS OLÍMPICOS

More Related