250 likes | 368 Views
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE. Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Principios fundamentais. Educación de calidade para todos e todas. Conciliar calidade con equidade. Colaboración entre todos os compoñentes da comunidade educativa:
E N D
Principios fundamentais • Educación de calidade para todos e todas. • Conciliar calidade con equidade. • Colaboración entre todos os compoñentes da comunidade educativa: • Con esforzo compartido. • Dobre rede. • Escolarización sen exclusións. • Converxencia con Europa.
Elementos precisos • A formación ao longo da vida. • Flexibilidade: con sistemas de ida e volta. • Conexións entre distintos tipos de ensino. • Autonomía dos centros: normas comúns con espazos de autonomía • Simplificación e clarificación da normativa: • Normativa básica común. • Normativa autonómica. • Mecanismos de colaboración.
ETAPAS EDUCATIVAS • Educación Infantil Unha proposta pedagóxica desde o primeiro ciclo . • Educación Primaria A atención á diversidade é prioritaria: previr, detectar, actuar. • Educación Secundaria Base común con atención á diversidade
Educación Infantil (0-6 anos) • Etapa única con carácter voluntario dividida en dous ciclos (0-3 e 3-6).Proposta pedagóxica común dende o primeiro ciclo. • O segundo ciclo será gratuíto. • No 2º ciclo fomentarase unha primeira aproximación á lingua estranxeira, á lectura e escritura, ás habilidades numéricas básicas, ás TIC e á expresión visual e musical. • Impartida por profesionais que posúan o título de Mestre especialista en educación infantil. No 1º ciclo contarán coa colaboración doutro persoal coa debida titulación para atención ás nenas e nenos desta idade.
Educación primaria (6-12 anos) I Etapa dividida en tres ciclos. A súa finalidade é: • Que as nenas e os nenos afiancen o seu desenvolvemento persoal e o seu benestar, • Que adquiran as habilidades básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo así como • Que desenvolvan as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudio, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade.
Lingua estranxeira dende os 6 anos.1º curso. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos,no 3º Ciclo, 6º curso. As áreas que teñan carácter instrumental para a adquisición doutros coñecementos recibirán especial consideración. Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura dedicarase un tempo diario a esta. Poderán impartirse materias en Lingua estranxeira. Educación primaria (6-12 anos)II
Porase especial énfase na atención á diversidade. Prevención das dificultades de aprendizaxe e posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades. Reforzo da acción titorial e a Orientación. Só se poderá repetir unha vez en toda a Primaria. Nese caso, haberá un plan específico de reforzo das competencias básicas. Educación primaria (6-12 anos) III
Ao finalizar o 2º ciclo da educación primaria todos os centros realizarán unha avaliación de diagnóstico censal das competencias básicas alcanzadas polo seu alumnado. Terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa. Educación primaria (6-12 anos) IVAvaliación de diagnóstico
Organizada cunha base común e atención á diversidade do alumnado. Reforzo dos equipos de Orientación Nos dous primeiros cursos o alumnado cursará, como máximo, dúas materias máis ca no último ciclo de educación primaria. A segunda Lingua estranxeira será materia común para todo o alumnado nos dous primeiros cursos. No primeiro curso introdúcese un proxecto interdisciplinar con, polo menos, dúas materias, aparte das Linguas e as TIC. En 2º curso cursarán educación para a cidadanía e os dereitos humanos. Educación secundaria obrigatoria(12-16 anos) I
Educación secundaria obrigatoria (12-16 anos)IIAtención á diversidade • Entre outras medidas: Adaptacións do currículo. • Integración de materias en ámbitos. • Agrupamentos flexibles. Desdobres. • Programas de reforzo e • Programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Educación secundaria obrigatoria (12-16 anos)IIIAvaluación e promoción do alumnado • Promoción de curso cando superen os obxectivos ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Excepcionalmente, poderá autorizarse a promoción do alumnado con avaliación negativa en tres materias. • As decisións sobre a promoción dun curso a outro e sobre a obtención do título ao final da etapa, serán adoptadas de forma colexiada polo conxunto de profesorado do alumno ou da alumna.
Educación secundaria obrigatoria (12-16 anos)IVAvaliación de diagnóstico • Ao finalizar o 2º curso da educación secundaria obrigatoria todos os centros realizarán unha avaliación de diagnóstico das competencias básicas acadadas polo seu alumnado. • Terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa.
PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR • Programas de un ou dous anos. • Posibilidade de permanencia dun ano máis • Liñas metodolóxicas diferentes ás ordinarias. • Distinta presentación dos contidos: ámbitos. • O referente: Competencias Básicas e Obxectivos xerais para a Etapa. • A. Lingüístico-social. A. Científico-tecnolóxico e tres materias do curso correspondiente. • Acceso dende 3º curso ou 2º ,con repeticións previas, sen condicións para a promoción. • Grupos reducidos: 10 alumnas ou alumnos.
Programas de cualificación profesional inicial • Para o alumnado maior de dezaseis anos que non obtivera o título de Graduado en educación secundaria obrigatoria. • Excepcionalmente, poderá reducirse a quince anos(co compromiso de facer os tres tipos de módulos). • Módulos de formación general das competencias básicas. • Módulos específicos de Cualificación profesional, nivel I. • Módulos para a obtención do título.( de carácter voluntario ).
Competencias básicas.I • Inclúense por 1ª vez nos currículos. • “ Capacidade de poñer en práctica, de forma integrada e en contextos e situacións variadas,os coñecementos e as actitudes persoais adquiridas”. • Permiten poñer o acento sobre as aprendizaxes que se consideran imprescindibles dende unha formulación integradora. • Son un elemento organizador que inflúe non só nos contidos e a avaliación senón tamén na metodoloxía.
Competencias básicas. II • Dentro do marco asumido pola U. Europea, son: • 1- C. en comunicación lingüística. • 2-C. Matemática. • 3- C. No coñecemento e interacción co mundo físico. • 4- Tratamento da información e competencia dixital. • 5- C. Social e cidadá. • 6- C. Cultural e artística. • 7- C. Para aprender a aprender. • 8- Autonomía e iniciativa persoal.
Outros elementos • Proxecto lector de centro • Plan TIC
Plan de Convivencia • Contextualizado na realidade de cada centro escolar: análise de situación e accións para a mellora. • Centrado en aspectos preventivos. • Protocolos de actuación. • Intervención a diferentes niveis: alumnado, profesorado, familias, comunidade. • Avaliable: avaliación anual con propostas de mellora. • Progresivo: a avaliación serve para artellar o seguinte.
Nova lexislación relacionada co desenvolvemento da LOE • Selección e nomeamento das direccións dos centros. Decreto 29/2007, do 8 de marzo. DOG 12 de marzo. • Admisión do alumnadonos Centros docentes. Decreto 30/2007, do 15 de marzo. DOG do 16 de marzo.
Artigo 3 da Constitución española: establece a cooficialidade do galego xunto co castelán. Artigo 5 do Estatuto de Autonomía: define o galego como lingua propia. A Lei 3/1983 de normalización lingüística:garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia. Novo Decreto que desenvolve a Lei: Documentos administrativos, estarán en galego. Haberá Plan de formación. Impartirase o mesmo número de horas nas dúas linguas. Decreto de Normalización lingüística.
Bacharelato • Tres modalidades: • Artes: con dúas vías:Artes plásticas e Artes escénicas. • Ciencias e Tecnoloxía. • Humanidades e Ciencias Sociais. • Entre as materias comúns : Ciencias para o mundo contemporáneo, Filosofía e cidadanía.