100 likes | 302 Views
A reprodución das plantas. 1. A reprodución sexual nas fanerógamas. As que os órganos reprodutores atópanse na flor: -Órganos externos: cáliz e corola. -Órganos reprodutores: estames e pistilo. As plantas son hermafroditas, xa que fabrican óvulos coma espermatozoides.
E N D
1. A reprodución sexual nas fanerógamas. As que os órganos reprodutores atópanse na flor: -Órganos externos: cáliz e corola. -Órganos reprodutores: estames e pistilo. As plantas son hermafroditas, xa que fabrican óvulos coma espermatozoides. Hai plantas que só son masculinas, porque non teñen pistilo, e flores que unicamente son femininas, porque non teñen estames.
2. Polinización, fecundación e formación da semente. A polinización: O traslado do pole recibe o nome de polinización cando os grans de pole, deben viaxardesde o estame dunha flor ata o pistilodoutra flor da mesma especie, onde están aloxados os óvulos. O pole pode ser transportado dunha flor a outra flor de dúas maneiras diferentes: -Polo vento. Mediante os insectos. A fecundación: O gran de pole que chega a un pistilo adhíreseao seu extremo superior e produce o tubo polínico, que chega ata un dos rudimentos de semente do pistilo da flor. Por cada tubo baixan os espermatozoides e se atopan co óvulo contido no rudimento. Daquela ten lugar a fecundación.
A formación da semente: Como resultado da fecundación, en cada órgano fórmase un cigoto, que comeza a se multiplicar repetidamente e a medrar e se converte ao final nun embrión. O rudimento de semente que contén o embrión tamén medra, e convértese nunha semente. A semente está formada principalmente por substancias de reserva que han de servir para alimentar ao embrión ata que se converta nunha planta capaz de se alimentar por si mesma.
3. O froito. Espallamento e xerminación das sementes. O froito: Mentres se forman as sementes dentro do pistilo, este medra e sofre diversas modificacións que o converten en froito. Os froitos adquiren formas moi variadas: -Froitos carnosos: o pistilo engrósase e vólvese tenro e zumarento. Aos comestibles para o ser humano chamámoslle froitas. -Froitos secos: teñen paredes delgadas que secan co tempo. Nalgúns, a parede é dura. Os froitos poden conter moitas sementes ou ben unha soa.
Espallamento das sementes: Os sistemas mais comúns que empregan as sementes para espallarse son: -O vento: moitas sementes e froitos pequenos teñen pelos ou membranas, que lles permiten aboiar no aire. -Os animais: os froitos carnosos sérvenlles de alimento a diversos animais. As sementes non poden ser dixeridas, e son expulsadas cos excrementos do animal. Outros froitos están cubertos de espiñas con ganchos que se adhiren ao pelo dos animais ou á roupa das persoas. Xerminación da semente: Cando a semente está no solo e atopa a humidade e a temperatura axeitadas, o embrión comeza a medrar e aparecen os bosquexos de raíz, talo e follas. A raíz rompe as cubertas da semente e afúndese na terra, mentres que o talo medra cara arriba e aparecen as primeiras follas. Cando estas follas son capaces de realizar a fotosíntese, a nova planta deixa de alimentarse das reservas que tiña a semente e comeza a súa vida independente. O proceso que orixina unha nova planta a partir dunha semente recibe o nome de xerminación.
4. Outros tipos de reprodución vexetal. A reprodución asexual nas fanerógamas: Na reprodución asexual, un só individuo é capaz de producir descendentes sen axuda doutro. Os tipos de reprodución asexual mais frecuentes nas fanerógamas son: -Por bulbos, que son a parte inferior dun talo, envolta por follas sen clorofila, moi grosas e moi xuntas. -Por tubérculos, que son o extremo dun talo subterráneo que almacena o alimento e se engrosa. -Por rizomas, que son talos que medran horizontalmente baixo terra , e dos que xorden pólas verticais a determinadas distancias.
A reprodución nas plantas sen flores: Nas plantas sen flores ocorren dous tipos de reprodución que se van alternando: -A reprodución sexual, semellante á dos vexetais con flores. -A reprodución asexual, polo xeral mediante esporas, que son unhas células moi resistentes fabricadas nos esporanxios.