670 likes | 859 Views
vide (Vitis vinifera) vid common grape vine vigne videira. CLASE Anxiospermas ORDE Vitales FAMILIA Vitáceas. A vide é unha planta perenne, arbustiva, sarmentosa e trepadora.
E N D
vide (Vitis vinifera) vid common grape vine vigne videira
CLASE Anxiospermas ORDE Vitales FAMILIA Vitáceas
A vide é unha planta perenne, arbustiva, sarmentosa e trepadora. Orixinouse no norte de África e na actualidade está extendida por todos os continentes e pode vivir nos solos máis variados.
A cepa é parte áerea da vide na que se distinguen o talo, os brazos e a gomariza, que duran varios anos, e as follas, os gaviláns e os acios (de flores e despois de froitos) cunha duración correntemente anual.
TALO Leñoso e retorcido, pode chegar a medir ata uns trinta metros, aínda que case nunca llo permiten os labores de poda. A tona é de cor castaña escura e despréndese en tiras.
Nos nós xorden as xemas que son a orixe de todos os órganos: follas, gaviláns, acios... Cando están pechadas chámanse ollos e cando se abren gomos. A gomariza (ponlas herbáceas dun ano, que ao lignificaren chámanse vides ou videiras) ten nós ben marcados dos que xorden as follas, os gaviláns, as xemas e os acios.
FOLLAS Caedizas, alternas, simples co limbo de forma palmeada e, segundo a variedade, poden presentar os cinco lóbulos ben marcados ou parecer case redondas. A beira é serrada e o seu tamaño oscila entre 15 e 30 cm de longo (correspondendo 1/3 ao rabo) e entre 10 e 20 cm de ancho. cabernet espadeiro folla redonda albariño
Os gabiáns que saen dos nós e opostos ás follas, enrólanse aos soportes para suxeitar a planta.
FLORES Pequenas e agrupadas en acios compostos (panículas). Cada flor está formada por un cálice verde ancho na base e un pistilo rodeado de cinco estames amarelos. A corola formada por cinco pétalos verdes soldados nunha peza a xeito de capucha despréndese ao abrir a flor. Á floración coñecese co nome de purga.
FROITOS (uvas ou bagas). Bagas esféricas ou oblongas coa tona lisa e a polpa carnosa, con varias sementes (pebidas) pequenas e leñosas. Son de cor e tamaño diferentes segundo o tipo e a variedade, desde case negras ata verde-amarelas. Cando un acio ten poucas uvas chámase cangalla ou cangalleiro. O “esqueleto” chámase cadrazo
1.Xema de inverno: do ano anterior, totalmente pechada e recuberta polas escamas protectoras.
2. Lanuxe: cando a temperatura do aire acada os 10ºC de media a xema comeza a brotar, incha, sepáranse as escamas e deixase ver a lanuxe interior que a cobre.
4.Saída das follas: aprécianse as folliñas pregadas protexidas aínda pola lanuxe. Ciclo anual
5.Follas extendidas: as primeiras follas están abertas e vese un pequeno ramo de gomariza.
6. Acios visibles:aparecen os acios na punta do ramo da gomariza, seguidos dunhas folliñas.
7. Acios separados: os acios espácianse ao longo do ramo cosbotóns florais apegados.
8. Botóns florais: aparecen separados os botóns florais, na forma típica do acio de uvas.
9.Floración, purga ou esfarna: apertura da flor deixando visibles os estames e pistilo para polinizar (cando a temperatura media dos dias rebasa os 15ºC).
10.Froito purgado: os ovarios fecundados comezan o seu desenvolvemento. . Froito tamaño chícharo.
11. Pintado ou envero: Inicio da maduración co cambio da cor verde polo propio de cada variedade.
A VITICULTURA OS TRABALLOS
PLANTACIÓN: Preparación do solo (limpeza, fertilizado...) Colocación de elementos de soporte (postes, arames...) e das plantas.
MARCOS DE PLANTACIÓN cepas soltas arxóns parras
PODA Eliminación das vides non axeitadas e recorte das outras ata o nivel preciso para manter o desenvolvemento da vide e a produción de uva nos niveis óptimos. Realízase despois da caída da folla, durante o descanso invernal da planta, entre os meses de novembro e febreiro.
ATADO atado con bimbias máquina de atar
FERTILIZACIÓN: Con produtos orgánicos, fertilizantes minerais, foliares...
PROTECCIÓN CONTRA PRAGAS E ENFERMIDADES As pragas máis importantes que padecen as vides son producidas por fungos (oídio ou polvillo, mildeu, escoriose, botrite ou podremia...), ácaros (araña vermella), insectos (pulgóns, mosquilla, avelaíñas, pedroulo...), virus, bacterias... Existen multitude de productos fitosanitarios que se presentan en forma de po para esparexer, po mollable e líquidos.
mildeu filoxera virus do entrenó curto pedroulo botrite
OS LABORES DO SOLO Cavas para eliminar malas herbas, airear a terra...
A VENDIMA Recolleita da uva madura. Xeralmente faise nos meses de setembro e outubro, aínda que a data concreta depende da variedade das uvas, do destino da producción, do tipo de viño que se queira conseguir e das condicións climatolóxicas.
O cultivo da vide ten unha longa tradición en Galicia. Na segunda metade do século XIX as vides sufriron os ataques de pragas (primeiro o oidiun e despois o mildeu e a filoxera) que diminuíron moito a produción e levaron ao abandono dos cultivos nas zonas onde resultaba traballoso, e á substitución das especies tradicionais de calidade (treixadura, brancellao, caíño, godello, albariño) por foráneas e híbridos de calidade inferior. A partir da década de 1980 iníciouse unha profunda transformación recuperando especies autóctonas e tradicionais. Nalgunhas zonas, o cultivo da vide, pasou de ser un produto de subsitencia e autoconsumo a ser o cultivo principal. Na actualidade cultívanse máis de 30.000 ha de viñedos que producen unhas 40.000 tn de uva.
albariño caíño En Galicia cultívanse máis de 200 variedades de vides, das que 77 (41 de tinto e 36 de branco) son autóctonas. godello mencía
PRINCIPAIS ZONAS DE CULTIVO DA VIDE EN GALICIA DENOMINACIÓNS DE ORIXE PROTEXIDAS: O Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra VIÑOS DA TERRA: Val do Miño Betanzos.