210 likes | 374 Views
A POESÃA ACTUAL. (1980 ata hoxe). A procura do estándar literario. O galego faise oficial. A lingua recupera ámbitos de uso: polÃticos, culturais, ensino, na radio e televisión galegas. Estudos de lingüÃstica galega: dicionarios, gramáticas e obras publicadas.
E N D
A POESÍA ACTUAL (1980 ata hoxe)
A procura do estándar literario • O galego faise oficial. • A lingua recupera ámbitos de uso: políticos, culturais, ensino, na radio e televisión galegas. • Estudos de lingüística galega: dicionarios, gramáticas e obras publicadas. • Os escritores preocúpanse polas norma escrita do idioma: RAG-ILG, AGAL, AS-PG
O cambio de rumbo na poesía • Abandono do socialrrealismo poético. • A obra de Ferrín Con pólvora e magnolias (1976) • Creación de grupos poéticos: • Alén (1977) • Cravo Fondo (1978) • Rompente (1978): rupturismo vangardista (Pexegueiro, Antón Reixa, Alberto Avendaño…).Silabario da turbina (1978)
Créase unha sólida infraestrutura: • Numerosos premios literarios: Celso Emilio Ferreiro, Cidade de Ourense, Eusebio Lorenzo Baleirón... • Revistas poéticas: Nordés, Dorna... • Numerosos grupos poéticos: De amor e desamor na Coruña e outro en Vigo. • Coleccións poéticas nas editoriais:”Leliadoura”, “Espiral Maior”... • Manuel Antonio e Cunqueiro como canon.
Caracterización xeral • Culturalismo: referencias ás outras artes. • Cosmopolitismo: coñecemento doutras literaturas, culturas e linguas. • Referencias urbanas ou recreacións míticas... • Preocupación formal e lingüística. • Novos temas poéticos: erotismo, intimismo...
Xosé María Álvarez Cáccamo • Explora preferentemente propias vivencias e da memoria familiar desde a evocación ou desde a reinvindicación. • Tamén fai poesía das problemáticas sociais e políticas do mundo actual. • Libro: Praia das furnas (1983), Arquitecturas de cinza (1985), Luminoso lugar de abatimento (1989) O lume branco (1991) ou Calendario perpetuo (1997).
Miguel Anxo Fernán Vello • Seivas de amor (1984), Do desexo en corpo e sombra (1984) e Memorial de brancura (1985), céntranse no amor, o desexo e o corpo • O Livro das paisaxes vivas ( 1985) temática paisaxística. • As certezas do clima (1996), sinala mundo máis reconcentrado e elexíaco. • Estilo:O rigor formal, o verso de longo alento, as delicadas imaxes e a coidada arquitectura de cada poema definen o estilo deste autor.
Miguel Anxo Fernán Vello, Cesáreo Sánchez, Dores Tembrás, Joan Margarit, Xosé María Álvarez Cáccamo, Olga Patiño, Xavier Seoane e Yolanda Castaño,
Pilar Pallarés • Sétima soidade (1984) • Livro das devoracións (1996) • culturalismo, tema amoroso que se identifica co sufrimento e mesmo a morte. Evolución cara a unha configuración poética do feminino. • Preocupación pola soidade,a comunicación e o discorrer da vida cotiá.
Xulio Valcárcel • Evolución poética coherente: desde unha angustia existencial no primeiro poemario, pasa pola preocupación polo paso do tempo e polo amor até chegar a unha vitalidade e optimismo... • Víspera do día (1979), O sol entre os dedos (1993), Memoria de agosto (1993). Casa última (2003). • Lingua moi pulida, breve. • Resalta a autenticidade da súa humanidade e tenrura.
Manuel Rivas • Preocupación pola cultura tradicional galega e un sentimento ecolóxico: Balada nas praias do Oeste (1985). • A partir de Ningún cisne (1989) afástase do culturalismo e móstranos a realidade entre o rural e urbano: Costa da Morte Blues (1995). • A súa obra poética: O pobo da noite (1996)
Lois Pereiro • Viaxou por mundos perigosos: • Poesía última de amor e enfermidade (1995). • Poemas 1981/91 (1992). • A súa poesía: autenticidade e expresividade concentrada.
A poesía dos 90 • A aparición editoriais poéticas:“Letras de Cal”. • Actitude dinamizadora e de estéticas diversas. • A aparición de grupos poéticos: “Batallón Literario Costa da Morte”, “Humilladoiro” (A Coruña), “Sete Naos” (Cambados)... • Presenza dun discurso feminino: infinidade de voces (Yolanda Castaño, María Lado, Chus Pato) • Maior formación académica lingüística. • Santiago como centro poético.
Características da poesía • Un uso da linguaxe directa e coloquial. • Ton vivencial e expresión apaixoada e núa • Preferencia polo versolibrismo. • Baleirase o verso do ton barroquizante. • Temas sociais e patrióticos desde sensibilidades novidosas e alternativas (antimilitarismo, feminismo, ecoloxismo, anticapitalismo, antiglobalización)
Perspectiva formal • Desde propostas completamente clásicas (Miro Villar) até poemas versolibristas (Chus Pato) • Desde poetas que cultivan a expresión contida, o minimalismo e a depuración máxima, ata poetas case narrativos. • Desde poetas que xogan a violentar a sintaxe e a lóxica discursiva. A carón da poesía de expresión directa, • A presenza de poéticas que recorren ao símbolo (os “tigres” de Estevo Creus, as “laranxas” de Carlos Negro…).