200 likes | 317 Views
MEMORIA DE RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO DO ANO 2007. MARZO 2007. ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE.
E N D
MEMORIA DE RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO DO ANO 2007 MARZO 2007
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE Como expoñeremos nesta presentación, o ano 2007 supuxo o asentamento definitivo da rede de transportes integrada polos distintos operadores do transporte urbano (Tralusa, Hnos. Ferrín, Transportes Mosquera e Aucasa). Esta afirmación baseámola nos 7.721.901 viaxeiros transportados que supuxeron un incremento de 144.480 usuarios máis con respecto ao ano 2006, o que supón un incremento dun 1,91 % de subida con respecto ao pasado ano.
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE A configuración actual da rede é a seguinte: TOTAL LIÑAS URBANAS: 16 • Liña 1: polígono do Tambre – hospital Clínico. • Liña 2: Rocha Vella – sstación de autobuses. • Liña 4: Romaño – Vita Alegre – Cancelas. • Liña 5: polígono de Vite – estación de autobuses –prazaRoxa – Conxo – A Rocha. • Liña 6: San Lázaro – Os Tilos. • Liña 7: San Roque – Aríns(TRANSPORTES MOSQUERA) • Liña 8: Belvís – San Lourenzo – Vidán. • Liña 9: Viso – Fontiñas – rúa da Rosa. • Liña 11: circular Fontiñas. • Liña 12: Os Tilos – hospitais.
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE • Liña 13: tanatorio Boisaca – polígono do Tambre – Guadalupe – Casas Novas. • Liña 15: campus norte (Vite) – praza de Galicia – campus sur. • Liña C2: estación de autobuses – Fontiñas – hospitais – Vite. • Liña C4: estación de autobuses – Vite – hospitais – Fontiñas. • Liña C5: polígono Costa Vella – Amio – praza de Galicia – Paxonal – Amio – polígono Costa Vella. • Liña C6: polígono Costa Vella – Amio – Paxonal –praza de Galicia – Amio – polígono Costa Vella.
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE LIÑAS URBANO - PERIFÉRICAS • ESTACIÓN DE AUTOBUSES – FIGUEIRAS. • ESTACIÓN DE AUTOBUSES – ORTOÑO. • RÚA DA SENRA – SON. • PEREGRINA – GRIXOA – PORTA DO CAMIÑO (AUCASA). • SAN ROQUE – SANTA LUCÍA – A PAJUELA. • SAN ROQUE – VILLESTRO (HNOS. FERRÍN). • PRAZA DE GALICIA – SIONLLA. • HÓRREO – BANDO – VILAMAIOR.
MODIFICACIÓNS DA REDE DE TRANSPORTE REALIZADAS NO ANO 2007 • Ampliación da liña 5 ata a nova urbanización do Avío. • Ampliación de horarios da liña 13. • Ampliación de percorrido polo Pgno. de Costa Vella das liña C5 e C6. • Ampliación dos horarios da liña de Ortoño. • Ampliación de percorrido da liña da Peregrina – Grixoa ata o lugar de Miramontes.
A CHEGADA DO TRANSPORTE COMARCAL Na actualidade contamos coas seguintes liñas de transporte comarcal: • Milladoiro – Santiago. • Brión – Bertamiráns – Santiago. • Cacheiras – Santiago. • Sigüeiro – Santiago.
CONSIDERACIÓNS SOBRE AS LIÑAS DA REDE DE TRANSPORTE URBANO • Cabe destacar os seguintes aspectos: • A liña 1 (polígono do Tambre – hospital Clínico) consolídase como a liña de transporte con máis viaxeiros transportados da rede, cun total de 1.280.882 usuarios, o que supón o 16,59% do total da rede. A seguinte liña con máis viaxeiros transportados é a liña 6 (San Lázaro – Os Tilos) con 1.246.601 usuarios que supoñen o 16,14% da rede. En terceiro lugar neste ranking está a liña 5 (Pgno. de Vite – estación autobuses– praza Roxa – Conxo – A Rocha) con 1.218.158 viaxeiros que é o 15,78% da rede. Estas tres liñas aumentaron con respecto ao pasado ano nun total de 61.498 viaxeiros. • Destacar tamén o aumento en 1.890 viaxeiros da liña 11 que inicia deste xeito unha progresiva recuperación dos viaxeiros perdidos en detrimento das liñas circulares C5 e C6.
CONSIDERACIÓNS SOBRE AS LIÑAS DA REDE DE TRANSPORTE URBANO • Cabe destacar os seguintes aspectos: • As liñas C5 e C6 aumentaron o seu número de viaxeiros en 16.964 como consecuencia das modificacións realizadas no pasado mes de maio que consistiron en dar unha maior cobertura ao Pgno. de Costa Vella. • A liña 13 (tanatorio Boisaca – Pgno. do Tambre – Guadalupe – Casas Novas) aumentou en 22.779 os seus usuarios, como consecuencia do aumento dos servizos. • A liña 15 (campus norte – praza de Galicia – campus sur) segue a consolidarse aumentando en 10.637 os seus usuarios. • Por último destacar dentro das liñas urbano – periféricas o aumento en 9.300 os usuarios da liña de Santa Lucía.
PERFILES DOS USUARIOS DO TRANSPORTE URBANO • Billete ordinario: destinado a maiores de 18 anos. • Billete escolar: destinado a menores de 18 anos. • Bono ordinario: destinado a maiores de 18 anos. • Bono escolar: destinado a menores de 18 anos. • Todos eles contan con transbordo gratuíto. • Bono mensual: destinado aos usuarios cunha elevada frecuencia de uso do transporte público e que dispoñen ao longo de 30 días de viaxes ilimitadas. • Bono pensionista: destinados aos colectivos de pensionistas e minusválidos.
CONSIDERACIÓNS SOBRE A UTILIZACIÓN DOS DISTINTOS TÍTULOS DE VIAXE • Cabe destacar os seguintes aspectos: • Baixa a utilización do uso dos billetes ordinario e escolar que pasan dun 35,88% no ano 2006 a un 32,23% en 2007. • Froito das políticas tarifarias aplicadas nos últimos anos, a utilización dos bonos ordinarios e escolares aumentou nun 1,47%. Lembremos que a política de tarifaria dos últimos anos foi de conxelación dos bonos para deste xeito fidelizar aos nosos usuarios. • Destacar por último que os transbordos gratuítos xa empezaron a asentarse na rede de transporte supoñendo xa o 1,21% do total das viaxes realizadas. • Por último, as viaxes gratuítas (bono pensionista) incrementáronse nun 1,12%.
ASPECTOS QUE DEBEMOS LEMBRAR Dende a creación de TUSSA sempre se traballou na mellora da información como eixo fundamental para a utilización do transporte público, polo que seguindo esa liña, lembramos os seguintes aspectos: • Tussa conta coa páxina web www.tussa.org na que se informa das distintas posibilidades tanto no que se refire á mobilidade como no que respecta aos horarios das distintas liñas da rede. • Tamén está a disposición dos usuarios o número de teléfono 901 12 00 54 onde se informa a tempo real dos servizos de transporte. • Estamos a traballar na mellora da nosa páxina web para que tamén se poida coñecer a tempo real o paso dos autobuses por cada unha das paradas. • Ao longo desta temporada de inverno xa se repartiron máis de 18.000 folletos informativos, e contamos con 120 marquesiñas con información dos horarios de transporte.
ENDEREZO ELECTRÓNICO • TUSSA lembra que ten a disposición dos usuarios do transporte urbano o seu enderezo electrónico e páxina web nos que recollemos suxestións, queixas e en definitiva todo o que nos sirva para ofrecer un mellor servizo: www.tussa.org tussa@tussa.org