1 / 32

Unha historia do rato Pérez Mon Daporta

Unha historia do rato Pérez Mon Daporta. Aquel día o Rato Pérez atopouse con máis traballo que o que tiña por costume, pero animoso como é non se arredou. Apañou, ás carreiras, os encargos da lista. Preparou o itinerario para aforrar tempo. Meteu as cousas no seu coche e arrancou….

alicia
Download Presentation

Unha historia do rato Pérez Mon Daporta

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Unha historia do rato Pérez Mon Daporta

  2. Aquel día o Rato Pérez atopouse con máis traballo que o que tiña por costume, pero animoso como é non se arredou.

  3. Apañou, ás carreiras, os encargos da lista. Preparou o itinerario para aforrar tempo.

  4. Meteu as cousas no seu coche e arrancou…

  5. mellor dito, tentou arrancar porque puxo o contacto e o coche non dou nin señal de querer poñerse en marcha. Tentouno de novo… e nada.

  6. Baixou, levantou o capó, fedellou aquí e alá, volveu subir, volveu tentar arrancar… …e nada E a aquela hora xa estaban pechados os talleres!

  7. Chamou aos Ratos Pérez dos arredores pero ningún puido arranxarlle o problema.

  8. Sin outra solución, meteu todo nun saco e intentou botalo ao lombo, pero pesaba tanto que lle foi imposible.

  9. Abocou todo no chan. Reparteu os paquetes en dúas moreas. Meteu unha parte no saco e saeu.

  10. Fixo a primeira metade do traballo sen atrancos.

  11. Volveu á casa, cargou o resto e saeu de novo para rematar en tempo o traballo.

  12. Todo iba ben ata que empezou a chover.

  13. Choveu tanto que tivo que abrigarse e agardar que escampara… e menos mal que escampou case deseguida.

  14. Un pouco máis adiante, á volta dunha esquina,

  15. bateu cun gato

  16. do que tivo que fuxir, con toda a velocidade que lle permitiron as súas patas e os seus poderes,

  17. para poder meterse nun burato seguro e esperar que pasara o perigo.

  18. E así foi sumando retraso con retraso, de xeito que, cando aínda lle faltaba por repartir a metade da carga, xa se estaba a facer de día.

  19. Pero os problemas non remataran porque cando chegou á casa de C. G. El pensou en chegar e botar. Entrou, mirou debaixo da almofada, pero non atopou nada.

  20. Volveu mirar, e por máis que mirou, e por máis que buscou, debaixo da almofada, e remexeu entre as sabas, na mesiña de noite,… non atopou nada.

  21. Consultou a lista por si se confundira … e alí estaba o nome, C. G., e a dirección era a correcta; e si estaba alí escrito tiña que ser certo.

  22. Buscou de novo, e volveu a buscar, pero o dente non aparecía por parte ningunha. Volveu consultar a lista, mirou a foto, e a nena era aquela.

  23. Aproveitou que C. G. tiña a boca un pouco aberta, e miroulle dentro. Alí estaba o oco que confirmaba o que poñía na súa lista. Estaba no sitio, e estaba diante da persoa que buscaba, pero si non atopaba o dente non podía deixar o agasallo.

  24. Decideu facer unha derradeira inspección de todo o cuarto e cando resignado, era a primeira vez que lle pasaba tal cousa, se dispoñía a marchar chamoulle a atención que a nena tiña unha man pechada e apertada, protexida coa outra por enriba. (C. G. pasara o día feita unha morea de nervos. Era a primeira vez que iba a recibir a visita do Rato Pérez, porque aquel era o primeiro dente que lle caía, e estaba impaciente por recibir o seu agasallo! e pola noite costoulle prender o sono, durmeu mal e espertou varias veces e, na derradeira, mirara ás apalpadelas debaixo da almofada para saber si xa tiña o seu agasallo e, ao non atopalo, como veu pola rendixa da ventá que xa se estaba a facer de día, pensou que mellor sería gardar o dente ben gardado, para non perdelo, e poñelo de novo ao día seguinte, colleuno, apretouno dentro da man e quedou outra vez a durmir).

  25. Aquel era o único sitio que lle quedaba por mirar e, coa habilidade propia de quen o fixo moitas veces, foi abrindo os dedos un a un ata que ¡por fin! no medio da palma apareceu o que andaba a buscar.

  26. Colleu o dente. Puxo enriba da almofada o agasallo que traía, e saeu a escape para rematar o traballo que lle quedaba.

  27. Xa saíra o sol e aínda lle quedaban seis entregas por facer.

  28. Cando chegou ás últimas casas xa os nenos se ergueran. Un xa chorara porque non atopara nada ao despertar, pero logo, antes de saír para a escola, volveu a mirar de segundas e descubreu o seu agasallo enriba do libro de coñecemento, que lle quedara esquecido, e púxose o doble de contento porque o Rato Pérez non se esquecera del e porque, gracias a volver a mirar, tamén se librara da bronca que lle iba botar o seu mestre por deixar o material de traballo na casa.

  29. O último xa renegara do Rato Pérez, porque despois de darlle a volta á cama e remexer medio cuarto non atopara nada, aínda que tamén descubreu o seu premio, ao volver da escola, ao pé do televisor. Así, a historia tuvo un final feliz para todos. Para todos?

  30. Para todos menos para o Rato Pérez que chegou tan canso, que so puido sacar as botas antes de quedar a durmir.

  31. E durmeu tan profundamente que cando despertou xa era outra vez de noite e xa pechara outra volta o taller de reparacións, E así, esa noite tamén tivo que volver facer o reparto a pé. Menos mal que só tiña catro avisos e todos eran bastante preto!

  32. fin Cousiñas feitas na casa Mon Daporta

More Related