280 likes | 476 Views
Ciencias Sociais Xeografía e Historia. Lara Lagoa Patiño 2º ESO B Curso 07-08. Tema 1 Da Antigüidade á Idade Media. No século V produciuse a caída do Imperio Romano de Occidente, os seus territorios convertírornse en varios reinos como consecuencia das invasións dos pobos xermánicos.
E N D
Ciencias Sociais Xeografía e Historia Lara Lagoa Patiño 2º ESO B Curso 07-08
Tema 1 Da Antigüidade á Idade Media • No século V produciuse a caída do Imperio Romano de Occidente, os seus territorios convertírornse en varios reinos como consecuencia das invasións dos pobos xermánicos. • O Imperio Romano de Oriente logrou resistir os ataques dos pobos xermánicos e sobreviviu. Este Imperio, chamado tamén Bizantino mantívose durante máis de mil anos. • A comezos do século VII Mahoma predicou en Arabia unha nova relixión chamada Islam.Os árabes botáronse á conquista de extensos territorios en Asia, África e Europa, mentras expandían a súa lingua e maila súa relixión. Óprincipio…
Tema 1 Da Antigüidade á Idade Media E ao final… • A finais do século VIII, Carlomagno, rei dos francos, (na foto) , incorporou ós seus dominios gran parte de Europa Occidental e foi coroado emperador. • Os pobos xermánicos e os árabes provocaron cambios moi grandes e os historiadores consideran que a partir do século V, se inicia unha nova etapa da historia chamada A Idade Media.
O comezo da Idade Media • No ano 395 d.C. o emperador Teodosio dividiu o Imperio Romano entre os seus dous fillos: a Honorio deulle a parte Occidente e a Acardio a de Oriente.Con esta división buscábase a mellor defensa dos ataques bárbaros e xermánicos. • Os pobos xermánicos eran tribos seminómadas; que vivían máis da gandería que da agricultura. Das proviñan da outra beira dos ríos Danubio e Rin. No século V producíronse as grandes invasións bárbaras. No ano 476 d. C. desapareceu o Imperio Romano de Occidente. • Os pobos xermánicos tiñan unha cultura inferior; e adoptaron o espírito romano: o latín coma lingua e o Cristianismo coma relixión.
O reino visigodo en Hipania • A comezos do século V, Hipania sufriu a invasión dos suevos vándalos e alanos. • Os visgodos, aliados dos romanos, acudiron a Hipania dende a Galia para expulsar o invasor. Os vándalos e alanos fuxiron ó Norte de África e os suevos quedáronse en Galicia. • No século VI os visigodos instaláronse na Península e crearon a capital do reino: Toledo.
Unha civilización rural • Un clima de inseguridadde con frecuenctes ataques e saqueos, as guerras entre os distintos pobos xermánicos fixo que fosen perigosos os camiños e a navegación.Polo tanto comercio diminuiu e as cidades perderon poboación. • A xente prefería vivir no campo, nas antigas vilas romanas, baixo o amparo dun gran propietario. • A economía reduciuse ó autoconsumo: consumían todo o que producían e construían todo o que precisaban.
Bizancio, Imperio Romano de Oriente • O Imperio Romano de Oriente resistiu os ataques dos bárbaros e mantívose dende o século V ó XV, dez séculos, é dicir, mil anos. A súa capital foi Constantinopla, que era unha antiga colonia grega chamada Bizancio. • O Imperio Bizantino abarcaba Grecia, os Balcáns ata o Danubio, Asia Menor e Exipto.
Xustiniano, reconstructor do Imperio O emperador Xustiniano gobernou dende o ano 518dC. Ata o ano 565 d.C e ampliou os territorios do Imperio ata o Norte de África, Italia e o sur da Hispania visigoda. O Imperio Bizantino gozou dunha gran prosperidade económica baseada na agricultura e no comercio.A capital Constantinopla (foto) converteuse no porto de chegada de especias, perlas, ámbar, trigo, seda, etc.
A crise do Imperio Bizantino Na primeira metade do século VII, os árabes ocuparon as provincias máis ricas do Imperrio Bizantino: Exipto, Palestina e Siria. O comercio resentiuse negativamente; quedando Constantinopla como único centro artesanal e comercial. Decadencia e fin do Imperio O Imperio Biznantino foi perdendo parte dos seus territorios, caendo en mans dos turcos; así, a partir da segunda metade do século VII, a súa superficie limitábase a Constantinopla e terras costeiras do Exeo e do mar Negro. No ano 1453 os turcos apoderáronse de Constantinopla desaparecendo o Imperio Bizantino para sempre.
Bizancio, o imperio cristián de Oriente • Os bizancinos foron herdeiros da cultura da Grecia clásica e recuperaron o grego como lingua oficial do Imperio de Oriente. • A mentalidade helenística (grega) mesturouse co espírito cristián xa que o Cristianismo proviña de Oriente. • A igrexa cristiá desmpeñou un papel moi importante no Imperio Bizantino. O máximo representante da igrexa cristiá de Oriente era o patriarca de Contanstinopla. • A rivalidade entre o Papa de Roma e o Patriarca de Consatntinopla rematou coa ruptura definitiva a mediados do s. XI da Igrexa.Foi o chamado CISMA DE ORIENTE que separou a Igrexa de Roma da Igrexa de Ortodoxa de Oriente.
A arte Bizantina Foi unha arte fundamentalmente relixiosa: edificáronse igrexas e representáronse temas cristiáns en iconos e mosaicos. A arquitectura bizantina caracterízase polas súas garndes proporcións. Pola utilización de materiais luxosas (ouro ou mármore), e a utilización da planta de cruz grega pechada cunha gran cúpula. A obra máis importante da arquitectura bizantina foi Santa Sofía de Constantinopla.
Dous tipos de cruces Dúas formas diferentes de representar o cristianismo Exemplo de cruz grega Exemplo de cruz latina
A arte Bizantina (II) A decoración máis utilizada foi o mosaico, co que se cubría as paredes e os teitos das igrexas. Os mosaicos(foto) elabóranse con teselas, pequenas pezas de cores vivas e que representan escenas de carácter relixioso ou político.
O Islam xurdiu en Arabia, que é unha península de Oriente Próximo. A comezos do século VIII estaba poboada por tribus seminómadas. A súa relixión era politeísta e a cidade máis importeante era a Meca (foto). Daquela, Mahoma era un comerciante árabe establecido na Meca.Durante as súas viaxes coñeceu as relixión xudía e cristiá.Sentiu a chamada de Deus e comezou a súa predicación na Meca. Pero tivo que fuxir a unha cidade próxima chamada Medina. Esta fuxida da Meca chámase Héxirae foi no ano 622 d.C. . Nos seguintes segui predicando a súa relixióm e levou a cabo a Guerra Santa contra os árabes infieis, de este xeito, conquistou a Meca. A relixión de Mahoma denomínase Islam (submisión a Alá, o único Deus), tamén chámase Islamismo, e aos que a practican chamámoslle musulmáns (creentes). Ë unha relixión monoteísta. O Islam, Mahoma profeta do Islam
Os cinco piares ou preceptos do Islam O Islam obriga a cinco preceptos: • A pofesión da fé: “Non hai máis Deus que Alá e Mahoma o seu profeta.” • A obriga de orar cinco veces o día en dirección a Meca. • Practicar a esmola. • O xaxún no mes de Ramadán, desde a saída ata a posta do sol. • A peregrinación á Meca unha vez na vida. No Corán (foto), o libro sagrado do Islam, foron recollidas as predicacións de Mahoma. O libro divídese en 114 capítulos ou suras.
Partes da mesquita • A mesquita é un edificio de culto onde os musulmáns realizan cada venres as súas oracións colectivas baixo a dirección dun imán. • O mimarete é a torre dende onde o muecín chama os fieis á oración. A mesquita ten un gran patio con pórtico e unha fonte para realizar abducións (purificacións). • A sala de oración divídese en varias naves que miran hacia a quibla, que ten un pequeno nicho, o mihrab, que indica a dirección da Meca. • Na mesquita, o imán dirixe a oración e o ulema interpreta o Corán.
Partes dunha mesquita • Polo xeral, as mesquitas constrúense en torno a un patio, chamado shan, a semexanza da casa de Mahoma.
O califato : un grande imperio islámico • No ano 632 d. C. Morreu Mahoma pero a expansión do islam continúa. A guerra santa contra os infieis permitiu a rápida expansión do islam: Mahoma prometera o paraíso a aqueles que morresen na batalla. • Primeiro extendéronse por toda Arabia, logo por Palestina, Siria e Exipto.Despois avanzaron cara a Persia e a India, e a través do Norte de África chegaron á Península Ibérica. • O Imperio Árabe , o califato era gobernado polo califa, xefe político e relixioso de todos os muslmáns, e sucesor de Mahoma. • No ano 661 d. C. , a capital do califato estableceuse en Damasco (Siria), baixoa dinastía dos Omeias.
O califato, un grande imperio islámico • O califato foi dividido en provincias ou Emiratos, gobernadas por Emires. Os habitantes das terras conquistadas convertíanseó Islam. E podían participar no exército ou na administración. Aínda que os altos funcionarios eran sempre árabes. O califa Emires Altos funcionarios Administración e exército
Monedas califais, a maesquita de Córdoba e a Kaaba A mesquita de Córdoba comezouse a construir cara o 780, cando esta cidade era a capital do reino Omeia na Península Ibérica. A Kaaba, santuario preincipal, situada na Meca, consistente dunha estrcututa de pedra, en forma de cubo, dunha soa estancia.
A crise do califato • A partir do ano 750 a familia Abasís, de orixe persa, fíxose co califato. • Exterminou a case tódolos membros da dinastía Omeia, agás Abderramán, que fuixiu a Al-ándalus. • Os Abasís, trasladaron a capital a Bagdag (Irak). Nesta época, a expansión do Islam detívose e moitos emiratos independizáronse (Al-Ándalus, Exipto, Túnez). • A pesar destas divisións mantivéronse vínculos entre eles, pola relixión e o idioma árabe. • No ano 1055 os turcos apoderáronse de Bagdad e o califato desapareceu.Sen embargo, so turcos convertíronse ó Islam, e continuaron a política de conquista.
Unha civilización urbana e mercantil Os elementos básicos da economía da mundo islámico foron tres: a agricultura, a artesanía e o comercio. • Na agriclutura: introducen novos sistemas de regadío como a nora e as acequias de moer a fariña, como o muíño de vento e novos cultivos como o algodón, a cana de zucre, limoeiro e dátiles. • Na artesanía: salientar as manofacturas textiles, derivadas do algodón, o emprego do papel (invento chinés), o vidro, o coiro e o refinado de azucre. • No comercio: as rutas comerciais unían lugares moi distantes, transportando toda clase de productos, dunhas rexións a outras. De Asia traían seda, algodón ou especias; de África ouro, marfil e escravos; de Europa, metais e armas. • Utilizaban o dinar como moeda única. As cidadades como Córdoba, Bagdad, Damasco e O Cairo prosperaron moito. O zocoou mercado era a zona máis activa do comercio.Os distintos oficios organizábanse por barrios.
Os xermanos que se instalaron na provincia romana de Galia eran os francos. Crearon un reino extenso que ocupaba as actuais Francia, parte de Italia, Suíza, Alemaña, Béxica e Holanda. A principios do século VIII Carlos Martel, nobre franco, consegue deter o avance dos musulmáns na batalla de Poitiers (732). O seu fillo Pipino O Breve, converteuse en rei dos francos, fundandoa dinastía Carolinxia. O sucesor de Pipino O Breve, converteuse en rei dos francos, fudando a Dinastía Carloinxia. O sucesor de Pipino O Breve foi o seu fillo Carlomagno. O Imperio Carolinxio • Carlomagno conquistou moitas terras de Europa Occidental e dou freado o avance do Islam, ademáis de establecer fronteiras seguras en todo o seu territorio. • Ó levarse ben co Papado Carlos o Grande decidiu converterse en emperador da cristiandade. O papa León III coroouno no ano 800 e toda europa aceptouno, ata o emperador de Bizancio. Igrexa típica da arquitectura medieval europea (Aquisgrán) Capela Palatina e coroación de Carlomagno (fotos)
(Continuación) • O Imperio de Carlos o Magno chegaba ata o río Elba polo leste e ata o río Danubio polo Sur e abranguía territorios do Norte de África e da Península Ibérica. O emperador viaxaba constantemente, pero a capital era Aquisgrán, onde Carlomagno mandou construir o seu palacio. • Carlomagno creou as marcas: un territorio fronteirizo con moitas tropas e dirixido polo marqués (xefe militar).Cos territorios pireinaicos da Península Ibérica (Navarra, Aragón e Cataluña) Carlomagno creo a Marca Hispánica. • Para gobernar mellor o Imperio, Carlomagno dividiuno nunha especie de provincias, chamadas condados, que eran gobernados por condes. Tamén creou uns inspectores chamados missi dominici que vixiaban ós condes, marqueses e demáis funcionarios.
A fin do Imperio Carolinxio • Á morte de Carlomagno o seu fillo Ludovico Pío (Luís o Piadoso) herdou o Imperio e ó morrer repartiu os territorios entre os seus fillos: Lotario, Luís e Carlos. • Lotario recibiu tamén o título de emperador. Lotario quixo impoñer a súa autoridade, pero os seus irmáns uníronse contra el e vencérono, obrigándoo así a asinar o Tratado de Verdún(843), que significou a ruptura definitiva da idea imperial de Carlomagno. • Este tratado fixo xurdir tres estados: Alemaña (Luís), Francia (Carlos) e Italia (Lotario).Estes tres irmáns morreron sen descendencia e as súas terras repartíronse entre Francia e Alemaña.
As novas invasións • Cando parecía estar Europa estabilizada, no século IX iniciáronse as invasións de pobos bárbaros moi difíciles de conter porque ó fraccionarse o Imperio Carolinxio, non había nada para facerlles fronte. • A invasión máis importante foi a dos normandos (homes do Norte). Os normandos eran xermanos que procedían da europa escandinava. Os normandos eran bos mariñeiros, atacaron e saquearon con frecuencia as costas atlánticas e o mar mediterráneo, onde conquistaron Sicilia. • No século X os búlgaros e os húngaros foron os máis perigosos e o seu avance foi detido polos bizantinos e alemáns, quedando reducidos ás rexións que foron a orixe das actuais Bulgaria e Hungría. • Despois de tantos perigos o sistema creado por Carlomagno desfíxose; os condes convertéronse en señores case independientes de Francia, Italia e Alemaña dividíndose en numerosos principados. En Europa nace o feudalismo.
Fin da presentación Lara Lagoa Patiño 2º ESO B