80 likes | 229 Views
XOGOS E OCIO EN FAMILIA PARA FORTALECER A COMUNICACIÓN COS NOSOS NENOS E NENAS. Os adultos temos recursos suficientes para influír e encamiñar aos nosos nenos e nenas cara un ocio saudable .
E N D
XOGOS E OCIO EN FAMILIA PARA FORTALECER A COMUNICACIÓN COS NOSOS NENOS E NENAS
Os adultos temos recursos suficientes para influír e encamiñar aos nosos nenos e nenas cara un ocio saudable. • ¿Recordas os xogos que practicabas de neno/a? Comparte en parella os teus recordos de xogo na infancia. • ¿Con quen xogabas? ¿Onde xogabas? ¿Cánto tempo?
Estes xogos son útiles para previr problemas que nos preocupan cando os fillos/as son adolescentes: consumo de alcohol, drogas, saídas nocturnas …. • Para previr, a comunicación é a base que debe levantarse e fortalecerse desde que os nenos e nenas nacen. A través do xogo podémolo conseguir. O máis importante que podemos ofrecer aos nosos nenos e nenas é tempo para disfrutar xuntos, para compartir, para ter experiencias e para dar pe á comunicación. • Xogando coñecémonos.
Algunhaspropostas para compartir o ocio en familia: O xogo é o medio para expresarse, para relacionarse, para desenvolver as capacidades físicas, motoras, emocionais, lingüísticas... Estamos nun período clave para a maduración cognitiva. Normas: Situarse á mesma altura do neno/a . Ser sensible aos ritmos do neno. Esperar que tome el a iniciativa e escolla con qué e a qué quere xogar. Como paso previo ao xogo: organizar o espazo, número de obxectos ou xoguetes que se van a ofrecer e prever o tempo para sacalos, xogar e despois recoller. Comentar e describir o que se vai facendo: obxectos, formas, cores, accións, sentimentos... Participar de forma activa e colaborar co neno/a. Valorar e reforzar o seu comportamento : una aplauso, un sorriso, «moiben»... Por límites se ten unha conduta agresiva, rompe obxectos, cuspe...
Xogos ata os 4 anos • Caricias, cóxegas, construccións, marionetas e disfraces con roupa usada que xa non se utiliza... Gústalles moito imitar a vida dos adultos: achegarlles un botiquín, con tiritas, bolas de algodón, xiringas... para simular a consulta dun médico. Desta forma crean e experimentan.
A partir dos 4 anos. Xa están preparados fisicamente para realizar multitude de actividades; o seu vocabulario, pensamento e memoria van a experimentar progresos significativos permitíndolles comprender cada vez mellor o mundo que lles rodea. Comezan a formar relacións de amizade con outros nenos e nenas. • Xogos: comezar a crear unha horta na casa, ou un xardín; facer unha receita xuntos na cociña, facendo a compra xuntos para adquirir os ingredientes;crear un espazo na casa que sexa orecuncho de reciclaxe; aproveitar os xogos de mesa (dominó, parchís...) para facer campionatos u olimpíadas; crear un diario da familia onde se poden gardar recordos de momentos especiais...
E nasvacacións de verán? Para evitar que o neno/a se aburra durante as vacaciónsde verán temos que buscar actividades fomenten o aprendizaxe, e eviten o caos na casa, deben ser planificadas para que sexa realmente un período de crecemento, relaxación e achegamento. Ademais de dar continuidade ao aprendido durante o curso, é bo ter algunhas responsabilidades e deberes: ordenar os xoguetes, axudar a poñer a mesa, vestirse sós... aspectos moi importantes para desenvolver a autonomía e a autoestima. É importante adicar un tempo do día para ensinar cousas novas e divertidas: Preparar plastilina caseira e facer actividades con ela. Facer piñatas e ter unha festa ao final. Facer bonecas con roupa vella. Elaborar de colares ou pulseiras. Facer marionetas e crear unha peza teatral. Xogar con materiais de refugallo. Crear xogos educativos e crebacabezas, dominó, pinturas vexetais...
Como materiais de repaso… • Repaso dos materiaisdo ficheiro sobre o traballado durante o ano • Non abandonar a lectura • Practicar actividades que requiran o uso da motricidade fina (xa comentados anteriormente)