310 likes | 446 Views
O ANTIGO RÉXIME. O SÉCULO DA RAZÓN. A)PREDOMINIO DO MUNDO RURAL A maior parte da poboación 80% vive no campo As cidades son escasas e pequenas , amuralladas e concentran as principais actividades. ( Poucas con 100.000h.) A terra era propiedade de:
E N D
A)PREDOMINIO DO MUNDO RURAL • A maior parte da poboación 80% vive no campo • As cidades son escasas e pequenas, amuralladas e concentran as principais actividades. ( Poucas con 100.000h.) • A terra era propiedade de: • número reducido de persoas (rei, nobres, eclesiásticos, mosteiros,etc.) alugadas a cambio dunha renda • Terras comunais aproveitadas por todos • Caso galego: o foro
Produción de subsistencia: destinada ó autoconsumo. Sistemas de consumo tradicionais, ferramentas rudimentarias, alteracións climáticas que producen fame ou pestes. • Aparición de novos cultivos: millo e pataca en Galicia
Pequenos talleres: produtos feitos a man, escasas ferramentas, poucos traballadores.Gremios Importancia do sector téxtil: talleres de luxo no norte de Europa, Londres, París, …combinados con talleres artesanais como en Galicia co liño e a la. Incremento no século XVIII do comercio. B) Artesanía e comercio
Aparición dunha nova doutrina: o mercantilismo C)MANTEMENTO DA SOCIEDADE ESTAMENTAL Sociedade dividida en estamentos.Había tres estamentos: nobreza, clero e terceiro estamento Protagonismo da burguesía. Crecente nivel de riqueza e coñecementos, pero socialmente son considerados inferiores
Réxime demográfico antigo: familia extensa, elevada natalidade e mortalidade,esperanza de vida moi baixa Sociedade relixiosa, intolerante e analfabeta, pero aparecen novas ideas baseadas na razón, con orixe no racionalismo do s XVII
Monarquía hereditaria, baseada no poder absoluto: Son señores e propietarios do reino Gobernan sen limitacións O poder ven de Deus, que o pon nas mans do rei • Réxime señorial: controlado por reis, nobres ou eclesiásticos, que nos seus señoríos exercen D)MONARQUÍA ABSOLUTA E RÉXIME SEÑORIAL
Movemento ideolóxico e cultural xurdido en Francia no século XVIII que se espalla polo continente e América Parte das ideas científicas do século XVII, o racionalismo, que defende que o ser humano só pode acercarse á verdade a través da razón, a experimentación e a análise.Neste proceso non debe intervir Deus. Os ilustrados comezan a aplicar o racionalismo ó estudio do ser humano e as súas crenzas. Por iso ó século XVIII se lle coñece como o Século da Razón, das Luces ou da Ilustración A ILUSTRACIÓN
Principais ideas da Ilustración: • Pensamento racionalista: baseado na razón. O ser humano debe ter espírito crítico • Pensamento secularizado: ó marxe das crenzas relixiosas.Fronte ó pesimismo relixioso, hai que desenvolver a vida con optimismo • Progreso: confianza no futuro: a humanidade avanza mediante o desenvolvemento científico • Política: buscar a felicidade dos pobos, aumentando a riqueza e prosperidade • Educación: Acrecentar a felicidade do ser humano, liberándoo da súa ignorancia
MEDIOS DE DIFUSIÓN DA ILUSTRACIÓN • A Enciclopedia, obra de 29 volumes, que recolle o principal do pensamento ilustrado. • Os salóns, lugares de reunión nas casas dos nobres e burgueses, onde se comentaban as novas ideas. • As sociedades e Academias, fundadas polos monarcas ilustrados.
O DESPOTISMO ILUSTRADO Algunha das reformas propostas polos ilustrados e aplicadas a algunhas monarquías reciben o nome de despotismo ilustrado, variante da monarquía absoluta. Os monarcas reciben o nome de déspotas ilustrados Os monarcas propoñían que a política debe facer felices ós pobos buscando a prosperidade económica: melloras na agricultura, estradas, portos, canles, desenvolvemento da industrias.. Seguen tendo un poder absoluto, pero entenderon o pode como un medio para mellora o benestar da poboación. Colaboraron con persoas procedentes da Ilustración, pero non contaron coa opinión do pobo.
Pensamento resumido en dúas frases: • Todo para o pobo pero sen o pobo • O rei é o primeiro servidor do Estado Os monarcas ilustrados gobernaron reinos de economía atrasada como España ou Austria, pero non países máis desenvolvidos como Francia ou Inglaterra. REFORMAS DO DESPOTISMO ILUSTRADO Educación: ampliaron o acceso a educación das clases populares e fundaron Sociedades e Academias Administración e xustiza :forman funcionarios con independencia da súa orixe social, abolición da tortura, simplifican as leis.
Relixión: buscan controlar á igrexa, expulsan en moitos países ós xesuítas, tolerancia doutras relixións. Organización social: limitan os abusos dos privilexiados, recoñecen o valor do traballo, crean numerosas manufacturas, colonizan novas terras, fomentan as obras públicas (estradas, canles, portos, camiños,…), fomentan o comercio.
Filipe v • 1º rei da nova dinastía • Aceptado pola coroa de Castela, pero non pola de Aragón. • Guerra de Sucesión Española • Tratados de Utrecht e Rastadt: • Recoñecemento como rei de España • Renuncia ós dereitos da coroa de Francia • Grandes perdas territoriais para a Coroa Española: Flandres, posesións italianas, Menorca e Xibraltar • Inglaterra logra o permiso para realizar o comercio de escravos con América
Intenta levar a cabo unha reforma xeral do país, apoiándose en persoas de formación ilustrada (Esquilache, Aranda, Floridablanca, Campomanes,…) • A súa política deu uns resultados menores dos esperados: • Oposición da Igrexa e a nobreza a calquera medida que afectase o mantemento dos seus privilexios (decreto de expulsión dos xesuítas, que afecta fundamentalmente a América) • Non se logra o triunfo pleno destas ideas porque moitas se contradecían co absolutismo monárquico. • Cando Carlos IV comeza o seu reinado (1788) ten lugar a R.Francesa o que supuxo o final de tódalas políticas reformistas, por medo ó contaxio revolucionario. Carlos iii (1759-1788)
Ademais dos metais preciosos (ouro e prata), veñen de América outros produtos moi apreciados: café, tabaco, azucre, cacao, vainilla, coiros, produtos tintorios,… Traballábanse en grandes latifundios, propiedade de españois, con man de obra indíxena. Tamén era importante a gandería. Importante as minas de prata de Potosí (Perú) e Zacatecas (México) AMÉRICA COLONIAL
Mantívose o sistema de monopolio con América: as colonias só podían comerciar con España, pero existía moito contrabando, especialmente inglés Carlos III introduce paulatinamente que diversos portos poidan comerciar con América, ademais de Cádiz e Sevilla. Moi importante para A Coruña. A América se exportaba viño, augardente, aceite, mercurio que procedían de España e téxtiles de boa calidade, papel, obxectos de ferro,…que eran comprados a comerciantes europeos (incremento do prezo) AMÉRICA COLONIAL
Incremento dos territorios (norte de México) e cuncas dos ríos Orinoco e Paraguay Mantemento de comunidades indíxenas que conservan os seus costumes. Destacan as reducións xesuíticas na zona de Paraguai (logo eliminadas coa expulsión dos xesuítas) Creación de novos vicerreinados , pola amplitude do territorio (Nova Granada e Río da Prata) Frecuentes problemas con Inglaterra (ataque a portos) e Portugal que desde Brasil, atacaba territorios españois. AMÉRICA COLONIAL
MONTESQUIEU “ O espírito das leis” Principais pensadores: ilustrados radicais
Adamsmith “ Investigacións sobre a natureza e causas da riqueza das nacións”
Estas ideas serán aceptadas paulatinamente pola burguesía, que se ve desprazada do poder político e social. Os altos cargos políticos e xudiciais reservados para a nobreza e o clero. Poder económico, que non se ve reflectido a nivel social. As aspiracións burguesas
Tres estilos artísticos: Barroco, Rococó e Neoclásico. • Na primeira metade continua vixente o estilo Barroco, coa construción de palacios como o Real de Madrid ou A Granxa ou en Galicia a fachada do Obradoiro. • Na segunda metade de século cobra forza o Rococó, un estilo de interiores caracterizado por: • Decoración fastosa nos teitos e nas paredes dos palacios e pola presenza abundante de mobles e cortinaxes moi luxosos e traballados. Arte do século xviii
Acumulación de elementos no interior dos edificios co predominio das liñas curvas e decoración con pezas de pequeno tamaño: xarróns, teas pintadas, esmaltes,… • En pintura e escultura gusto polos temas sensuais e mundanos, que son os preferidos pola burguesía. • Destacan os retratistas ingleses, con figuras delicadas, cores suaves, utilización de paisaxes de fondo… • Escola veneciana de frescos, da que saíron destacados pintores que decoraron os palacios europeos, como Tiépolo. Arte do século xviii