240 likes | 509 Views
Aqueles mozos dos anos 20. Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez. Presentación de Noemí Pazó. O primeiro número da revista Nós comeza coas Primeiras verbas , un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional:
E N D
Aqueles mozos dos anos 20 Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez Presentación de Noemí Pazó
O primeiro número da revista Nós comeza coas Primeiras verbas, un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra (Galiza), a dignificación da nosa cultura, O carácter universalista. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.
contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.
Risco é director e Castelao director artístico A revista vincúlase ao pensamento nacionalista Escriben en galego sobre calquera tema universal A publicidade era maioritariamente en galego. O deseño gráfico ten moita importancia.
Vicente risco Nace en Ourense en 1884 nunha familia fidalga Estuda dereito e traballa como funcionario de Facenda. Deixa ese traballo para acabar sendo profesor de historia na Escola Normal (Maxisterio). Nesa época (1916) comeza a tomar contacto con Cuevillas, Otero Pedrayo e Losada Diéguez, cos cales se pasa ás filas do galeguismo. Despois da Guerra únese ao bando Nacional. PRINCIPAIS OBRAS: ´Nós os inadaptados (ensaio) e O porco de pé (novela)
RAMÓN OTERO PEDRAYO Nace en 1888 en Ourense (familia fidalga). Xunto con Risco, Cuevillas e Losada Diéguez camiña ideoloxicamente cara ao galeguismo. Profesor de Historia en ensino medio. Colaborador do Seminario de Estudos Galegos Cofundador do Partido Galeguista, deputado en 1931 Expedientado logo da Guerra Civil, recupera o seu traballo en 1949 Participa na fundación da Editorial Galaxia Morre en 1976 Principais obras: Arredor de si, Os camiños da vida
BIOGRAFÍA Polifacético (político, escritor, debuxante...) é a figura máis relevante da Historia da Galiza do século XX. Nace en 1886 en Rianxo. Emigra cos pais a Arxentina. Ao volver estuda medicina pero case non exerce. Participa moi activamente no Partido Galeguista e é elixido deputado en 1931. No 36 loita pola consecución do Estatuto de Autonomía. Tras a Guerra Civil ten que exiliarse (París e Bos Aires). Morre en Arxentina en 1950
OBRA Narrativa de ficción: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete Retrincos Os dous de sempre Cousas (escritos antes da Guerra) Teatro: Os vellos non deben de namorarse (escrita e estreada no exilio bonaerense en 1941) Ensaio: Sempre en Galiza (entre 1935 e 1944) OBRA GRÁFICA Cincoenta homes por dez reás Cousas da vida Album Nós
— Ôs señoritos non lles gusta a choiva.— Pero gústanlle as patacas...
Non son pastores de Belén; son labregos que van a pagal-os foros.
(preme no texto) Rosa Salgueiro