90 likes | 395 Views
a Narrativa dos anos 60. Nova Narrativa Galega. A narrativa dos anos 60. De 1960 a 1975 distinguimos tres pólas na narrativa: ETAPA DE MADUREZ : Publican agora obras de madurez: Cunqueiro ( Escola de menciñeiros ), Blanco Amor ( Xente ao lonxe ) e Fole ( Contos da néboa ).
E N D
a Narrativa dos anos 60 Nova Narrativa Galega
A narrativa dos anos 60 De 1960 a 1975 distinguimos tres pólas na narrativa: • ETAPA DE MADUREZ: • Publican agora obras de madurez: • Cunqueiro (Escola de menciñeiros), • Blanco Amor (Xente ao lonxe) e • Fole (Contos da néboa). • CONSOLIDACIÓN DA NARRATIVA REALISTA: • Reflicte a vida da época: como unha crónica novelada do que pasaba en Galicia e na emigración. • Neira Vilas • A NOVA NARRATIVA GALEGA
A Nova Narrativa Galega • Aparece nos anos 60. • Busca romper co ruralismo e as técnicas narrativas tradicionais. • Publican na colección Illa Nova (ed. Galaxia) • Son novelas e relatos que dan un novo aire á nosa narrativa. • Iníciase con Nasce un árborede Gonzalo R. Mourullo e remata con Adiós María (1971) de Xohana Torres.
Os autores • Gonzalo R. Mourullo: • foi o máis destacado nun primeiro momento. • Nasce un árboree Memorias de Tains. • María Xosé Queizán, Méndez Ferrín, Carlos Casares,Xohana Torres • Camilo G. Suárez Llanos (Camilo Gonsar): • Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día(1962), Cara a TimesSquare(1980), A desfeita (1983), A noite da aurora(2003) • Xohán Casal: O camiño de abaixo (1970)
Puntos xeracionais comúns: • Non viviron directamente a guerra civil. • Teñen formación universitaria. • Coñecen os movementos literarios europeos. • Influenciados por Kafka, Faulkner, James Joyce e o nouveau roman francés. • Compromiso coa lingua galega.
Características da N.N.G. • Abordan novos temas: • Problemas existenciais (expresan o absurdo da existencia). • Mestura do real e o onírico, incorporando o mundo do subconsciente: traumas, pesadelos, soños (Freud). • Personaxes anónimos, marxinais, violentos, desequilibrados. • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos. • Foxen da localización concreta do espazo.
Introducen cambios formais: • Pluralidade de voces narradoras. • Ruptura da linealidade temporal, alternando planos temporais. • Ollada obxectalista (descrición fría de persoas e obxectos, como se fose unha cámara de cine). • Emprego de espazos sen referente inmediato coa realidade. • Predomina o monólogo interior ou fluír da consciencia (reflectir o pensamento).
Cara a TimesSquare, Camilo Gonsar Os tolos gozan hoxe de boa prensa; son publicamente admirados case como homes que chegaron a un estado superior, desde o que poden ver ata onde a vista dos cordos non alcanza, e tamén son publicamente compadecidos como víctimas inocentes da crueldade da nosa organización social. Eu non nego nada de isto; o que si nego é que, en xeral, as historias feitas ou protagonizadas por tolos me gusten, porque nada teño que ver, nin tan sequera como amateur, coa cura ou a investigación da loucura, nin, a verdade sexa dita, me inspiran os tolos ningunha simpatía especial. Certo que hai outros tolos, como D. Quixote ou o capitán Ahab, xustamente elevados á categoría de símbolos permanentes da humanidade; pero eran falsos tolos, ou eran tolos sólo segundo a opinión de xentes ou de mentes vulgares. Total, o que lle quero dicir é que a historia que lle vou contar nada ten que ver co mundo da loucura. En outro caso, non se me tería ocorrido sometela á súa consideración. Pero xa é tempo de ir sen máis aos feitos: Eu pasara aquela tarde bebendo whisky ( ou whiskey) en diferentes bares do GreenwichVillage cun vello inmigrante amigo meu. Os dous eramos do mesmo País -un deses pequenos e desgraciados países que levan séculos desangrándose, vertendo ríos de emigrantes nos portos americanos. O GreenwichVillage, de ordinario, relacionámolo con mozos rebeldes, bohemios, artistas, turistas e demais, e non con vellos inmigrantes. Pero dábase o caso de que o meu compañeiro fora propietario anos atrás dun restaurant ou algo así neste barrio e era, polo tanto, un experto nel, un coñecedor de tódolos seus secretos e da súa vida subterránea.