210 likes | 353 Views
Cantas estrelas podemos ver, a simple vista, desde a nosa localidade?. Diego Juárez Rodríguez María Piñeiro Ramil Daniel Barreiro Ures Rubén Fernández Reigosa. 1. Os nosos obxectivos:. Usando as técnicas de mostraxe , saber cantas estrelas podemos ver na nosa localidade a simple vista.
E N D
Cantas estrelas podemos ver, a simple vista, desde a nosa localidade? Diego Juárez Rodríguez María Piñeiro Ramil Daniel Barreiro Ures Rubén Fernández Reigosa
1. Os nosos obxectivos: Usando as técnicas de mostraxe, saber cantas estrelas podemos ver na nosa localidade a simple vista. Analizar criticamente as diferentes respostas (8000, 6000, 3000) que a literatura científica dá á cuestión proposta.
2. Por que este tema? • Mostrar como a Estatística é unha excelente ferramenta para estudar o impacto medioambiental, económico, cultural,… da iluminación exterior nas nosas cidades.
A) O aparello de medición Permite a observación do 1% do ceo grazas a que: O buraco ten 12 cm de diámetro. Sitúase a 30 cm do ollo.
B) Control das condicións para a observación: Para non caer en nesgosde medición, buscamos: Ausencia de lúa. Limpeza atmosférica. “Grupo de control” estelar.
C) Lugares de medicións • Representatividade dos lugares de medición. Non nesgosde selección: lugares variados.
D) Procedemento para efectuar as medicións: Dende cada lugar de observación, cada membro do grupo fará 10 aleatorias (con 1 poderíamos ter resultados non representativos. Nesgo de selección). Os resultados non se comunicarán ao resto (nesgo subxectivo: tendencia á regresión). Mediranse, a xeito de grupo de control, as estrelas dunha constelación de referencia, Bootes.
E) Táboa de anotacións Uso do seguinte patrón para recoller os datos
4. Realización da experiencia - Data: Noite do 1 de Xuño ao 2 de Xuño - Hora: Dende as 23:35 até 03:10 - Mostra: Presenza de lugares de diferente contaminación lumínica
B) Gráfica co número de estrelas na esfera celeste dende os distintos puntos
C) Gráfica co número de estrelas na esfera celeste desde os distintos puntos(medicións individuais)
D) Explicación das Disparidades A referencia común da constelación de Bootes axuda a explicar os diferentes resultados dos membros do equipo
6. ConclusiónsA) Estatísticas • Á vista do desenvolvemento do proxecto, vemos que: • É moi importante o deseño previo da investigación para evitar nesgos e conclusións erróneas. • Os datos obrigan a reformular a pregunta orixinal: • Non podemos falar de número de estrelas visíbeis nunha localidade. Dependerá da contaminación lumínica do lugar dende onde se fai a medición. • Influirán tamén as condicións meteorolóxicas (presenza da Lúa, contaminación atmosférica,…). • Para acoutar o factor humano, é preciso traballar cun “grupo de control” estelar.
6. ConclusiónsB) Zonais • O grao de contaminación lumínica das distintas zonas é dispar: • Menos de 300 estrelas: Praza das Conchiñas, Paseo Marítimo – Surfistas, Os Rosais – Praza Elíptica. • De 300 a 600 estrelas: Castrillón, Estación de Buses, Casa das Ciencias. • Entre 600 e 900 estrelas: Bens e A Zapateira.
6. ConclusiónsC) Sociais • A contaminación lumínica ten consecuencias: • Económicas e ecolóxicas: • Sobreconsumo por sobreiluminación, emisión extra de gases de efecto invernadoiro, alteración do ciclo biolóxico dos animais. • Na saúde e na seguridade: • Estrés, dificultades para durmir, cambios hormonais, cegamentos viarios,… • Culturais: • Impedimento da observación para profesionais e afeccionados , perda do ceo nocturno como recurso educativo e de ocio,…
A) Aspectos positivos do proxecto • Reflexión sobre a importancia do deseño previo antes de acometer unha experiencia de mostraxe para non cometer nesgos. • Satisfacción por ser capaces de recoller datos propios e analizalos estatisticamente. • Gusto na realización dun traballo en equipo. • Axuda na concienciación sobre un problema importante para a sociedade e a ciencia.
B) Aspectos mellorábeis do Proxecto • Pensando na súa extensión a outros centros, traballo simultáneo de varios grupos para que a variábel “condicións atmosféricas” non poda influír nos resultados. • Uso como obxecto de control doutra constelación cunha maior variación de magnitudes estelares que a ofrecida por Bootes.