110 likes | 375 Views
UNIDADE 01. Atopamos textos. Contidos Comunicación 1. Tipoloxía textual 2. Niveis e rexistros de lingua 3. Textos conversacionais Lingua 1. As unidades sintácticas 2. As regras de acentuación. 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA. Atopamos textos.
E N D
UNIDADE 01 Atopamos textos Contidos Comunicación 1. Tipoloxía textual 2. Niveis e rexistros de lingua 3. Textos conversacionais Lingua 1. As unidades sintácticas 2. As regras de acentuación 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Atopamos textos 1. Tipoloxía textual Que tipos de textos hai? Podemos clasificar os diferentes textos en literarios e non literarios. • Os textos literarios coidan moito da súa forma. • Os textos non literarios clasifícanse en: • > Argumentativos. • > Explicativos. • > Descritivos. • > Narrativos. • > Conversacionais. 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Atopamos textos 2.Niveis e rexistros de lingua • Os niveis de lingua representan o coñecemento que cada falante posúe dunha lingua. ─Nivel culto. ─Nivel vulgar. ─Nivel medio. ─Xerga. • Segundo a situación en que se atope o falante pode escoller entre diferentes rexistros de lingua: ─Culto ou formal. ─Coloquial. 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Atopamos textos 3.Textos conversacionais A conversa é o xeito predominante á hora de relacionarnos coa sociedade. Nunha conversa podemos distinguir: >Apertura. >Desenvolvemento. >Conclusión. >Final. Os textos conversacionais caracterízanse polo emprego de: >Interrogacións. >Interxeccións. >Contrucións breves e sinxelas. >Repeticións. 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Atopamos textos 1. As unidades sintácticas O enunciado Segmento da cadea falada comprendido entre dúas interrupcións. Na escrita, os enunciados aparecen delimitados mediante signos ortográficos. Un enunciado pode estar constituído tanto por unha única palabra como por varias. A palabra Unidade que se diferencia porque oralmente, posúe unha articulación independente mentres que na escrita se escribe separada das outras. É un conxunto de fonemas que posúen un significado propio. 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Atopamos textos A frase Grupo de palabras que desempeñan unha función conxunta dentro da unidade superior en que se integran. Hai diferentes tipos de frases: a substantiva, a adxectiva, a adverbial, a nominal e a preposicional. As frases endocéntricas son as que teñen un elemento que é obrigatorio, o núcleo, e outro opcional, o modificador. As frases exocéntricas, aquelas nas que os dous elementos que a integran son obrigatorios. Son simples cando non teñen outra ou outras frases no seu interior e son complexas cando hai outra ou outras frases no seu interior. A cláusula Unidade sintáctica superior á frase. Para que exista unha cláusula ten que haber un verbo. A oración Unidade sintáctica constituída por dúas ou máis cláusulas no nivel inmediatamente inferior de análise. 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Atopamos textos 2. As regras de acentuación 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Atopamos textos • As vogais i, u tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto non forman ditongo (acentúo, raíña, egoísmo e prexuízo). • Os latinismos e estranxeirismos de circulación corrente aínda que non estean plenamente adaptados ao galego, seguen as regras de acentuación anteriores (ralentí, neceser, béisbol, quimono, bádmiton). • As palabras rematadas graficamente en -y teñen o mesmo tratamento ca as rematadas en –i (hóckey, hippy ewhisky). • Os adverbios en -mente non se acentúan, por tratarse de palabras graves rematadas en vogal: comicamente, comunmente, dificilmente. • Non se acentúan en ningún caso nin os demostrativos nin o indefinido e numeral un. • Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas directas nin indirectas agás no caso de que haxa confusión (Dime que queres/ Dime qué queres). • Cando os verbos levan pronomes enclíticos ou se dá a combinación verbo + segunda forma do artigo, no tocante á acentuación gráfica compórtanse coma se fosen unha soa palabra (déuno-lo libro). 2.º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA