250 likes | 599 Views
A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa. ( Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO. A represión do 1936 provoca: - Silencio interior. Destaca a fundación de Galaxia (1950), que abre unha nova etapa na cultura galega.
E N D
A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa ( Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)
CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO • A represión do 1936 provoca: - Silencio interior. Destaca a fundación de Galaxia (1950), que abre unha nova etapa na cultura galega. - Exilio. Continúase en América co intenso labor de recuperación e afirmación cultural levado a cabo en Galicia no primeiro terzo do século XX (Irmandades, Nós, Vangardas).
Narrativa de posguerra • A) Literatura de circunstancias. Relatan a guerra civil e as súas consecuencias. Ramón de Valenzuela Silvio Santiago. • B) Liña continuísta coa narrativa de preguerra(Nós).Carballo Calero • C) Narradores cunha obra moi individualizada, que non permite falar de grupo literario: Fole Blanco Amor Cunqueiro Neira Vilas. • D) Nova Narrativa Galega. Renovan o discurso narrativo galego.
LITERATURA DE CIRCUNSTANCIAS • - Non agardei por ninguén ( peripecias do protagonista como guerrilleiro e como soldado na fronte de batalla). • - Era tempo de apandar ( exilio, repatriación, cárcere).
LITERATURA DE CIRCUNSTANCIAS • Silvio Santiago (exiliado en Caracas, desenvolve un gran traballo cultural gaelguista) • Vilardevós ( infancia na aldea natal).
Continuadores da narrativa de preguerra • A xente da Barreira – 1951- (reconstrución da historia da degradación dunha familia fidalga desde os tempos da Restauración).
REALISMO POPULAR – ANXEL FOLE • Realidade rural cotiá e paisaxe (val de Quiroga, O Incio e o Caurel). • Técnicas da lit. oral (inconcreción temporal, referencias ao destinatario, detalles secundarios…) • Misterio (premonicións, maxia, mundo do alén, aparecidos, lendas de lobo…). Racionalismo crítico. • Presenza do humor. • Naturalismo lingüístico: toma como modelo a lingua oral (dialectalismos, arcaísmos e vulagrismos…)
REALISMO POPULAR • Á lus do candil (historias contadas por diferentes personaxes nas longas noites de inverno). • Terra brava (técnica do manuscrito atopado). • Contos da néboa (ambientación urbana).
REALISMO FANTÁSTICOÁLVARO CUNQUEIRO • Combina o elemento marabilloso co cotián • Estilo próximo á oralidade. • Humor e ironía.
Novelas que recrean mitos da lit. universal • Humanización do mito. • Merlín de familia (Felipe de Amancia, conta as vivencias do seu amo, o mago Merlín, cando traballou para el, sendo novo). • Estrutura: chegada do personaxe ao pazo de Merlín, petición de axuda ao mago, resolución ou non do problema.) • As crónicas de Sochantre • Se o vello Simbad volvese ás illas.
Crónicas do sochantre • As crónicas de Sochantre • Bretaña francesa • Historia da viaxe do sochantre de Pontivy, cando é chamado para tocar o bombardino no enterro dun fidalgo.
Se o vello Simbad volvese ás illas • Espazo:país de Bolanda e a taberna de Mansur. • Protagonista: Simbad, xa vello, conta historias que ninguén cre. • Para recobrar o creto, organiza unha viaxe, que non se realizará, no navío “Venadita” que tampouco existe. • Simbad, cego, péchase nun mundo de soños onde segue sendo o heroe de sempre.
Conxunto de contos de personaxes populares • Escola de menciñeiros. • Xente de aquí e acolá. • Os outros feirantes (“O cabalo de Alberte Merlo”, “A voadora de Serantes”) • Retratos de seres populares tocados polo extraordinario, conformando un grande mosaico da Galiza popular.
Estratexias de verosimilitude • ¿Como consegue a credibilidade o narrador? • Descricións detallistas • Presenza de autoridades • Relacións de parentesco • Topónimos galegos • Localizacións cronolóxicas
REALISMO SOCIAL-BLANCO AMOR • Problemática social galega • Ambientación: Ourense natal • A esmorga • Xente ao lonxe • Os biosbardos
A ESMORGA • Estrutura: “Documentación” (narrador-editor) e cinco capítulos (narrador-protagonista). • Técnica telefónica (diálogo mudo entre Cibrán e o xuíz) • Espazo: itinerante por Auria (espazos pechados e abertos). Atmosfera de líquidos. • Personaxes: Cibrán, Bocas e Milhomes. Marxinais, instintivos e primarios. • Tempo: a esmoga (24 horas) é contada ao xuíz por Cibrán(analepse) durante 2-3 días (cuartelillo). • Relevancia dos personaxes populares: A Raxada, Socorrito, dama de Andrade, tía Esquilacha, prostitutas…
XENTE AO LONXE • Novela coral estruturada en catro partes. • Crónica social e familiar. • Analiza, a través da familia Vilar (obreira de ideas socialistas), o movemento obreiro en Auria a principios do século XX. • Narradores: o adolescente Suso e Severa, irmá de Evanxelina.
Os biosbardos • Relatos • Narrados por personaxes infantís e adolescentes. • Glósanse os sete pecados capitais.
Literatura de carácter ruralistaNeira Vilas • Actitude crítica coa realidade social. • Estes temas están tratados sempre desde a óptica de seres marxinados sometidos a conflitos e violencias.
NARRATIVA • Obras que xiran arredor da vivencia infantil do mundo da aldea. Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo • Mundo rural visto desde a perspectiva adulta: Xente no rodicio (a miseria e opresión leva aos personaxes a unha situación saída) • Mundo da emigración: Camiño bretemoso ( emigrante marxinal e alcohólico conta a un ouvinte a súa aventura por Arxentina e o seu remate tráxico).