460 likes | 621 Views
IES ÁLVARO CUNQUEIRO. AUTOESTIMA E APRENDIZAXE. Hipólito Puente IES Álvaro Cunqueiro - Vigo. Xerarquía das necesidades de Maslow. O INDIVIDUO ACTÚA PARA SATISFACER (Maslow): NECESIDADES FISIOLÓXICAS PRIMORDIAIS NECESIDADES DE SEGURIDADE CANDO ESTAS ESTÁN SATISFEITAS NECESITA:
E N D
IES ÁLVARO CUNQUEIRO AUTOESTIMA E APRENDIZAXE Hipólito Puente IES Álvaro Cunqueiro - Vigo Vigo, 18 de novembro de 2013
Xerarquía das necesidades de Maslow • O INDIVIDUO ACTÚA PARA SATISFACER (Maslow): • NECESIDADES FISIOLÓXICAS PRIMORDIAIS • NECESIDADES DE SEGURIDADE • CANDO ESTAS ESTÁN SATISFEITAS NECESITA: • AMOR • ACEPTACIÓN SOCIAL • AUTOESTIMA • CANDO TODO O ANTERIOR ESTÁ SATISFEITO APARECE A • NECESIDADE DE SABER E COMPRENDER • PERO TAMÉN O ÉXITO ACADÉMICO PODE AXUDAR A SATISFACE-LAS NECESIDADES DO APARTADO ANTERIOR (AMOR, ACEPTACIÓN SOCIAL, AUTOESTIMA...)
AUTOESTIMA • A SUMA DA CONFIANZA E DO RESPETO QUE UN SENTE POR SI MESMO (N. Branden). • O QUE UNHA PERSOA PENSA E SENTE SOBRE SI MESMA: • PERO É UNHA CUESTIÓN DE GRAO, POIS A MAIOR AUTOESTIMA, MELLOR PODERÁ O SUXEITO (N. Branden): • AFRONTAR A ADVERSIDADE. • SERÁ MÁIS CREATIVO. • SERÁ MÁIS AMBICIOSO. • ESTABLECERÁ RELACIÓNS ENRIQUECEDORAS. • TRATARÁ ÓS DEMAIS CON RESPETO, BENEVO-LENCIA... • SENTIRASE FELIZ POLO FEITO DE VIVIR.
AUTOESTIMA: COMPOÑENTES • VINCULACIÓN • SINGULARIDADE • SENSACIÓN DE PODER • PAUTAS E MODELOS
VINCULACIÓN ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • DEMOSTRANDO CARIÑO A TRAVÉS DO CONTACTO FÍSICO. • COIDANDO A EXPRESIÓN FACIAL NOS CONTACTOS. • VERBALIZANDO O BEN QUE SE SENTE CON EL/ELA. • REALIZANDO ELOXIOS DE MANEIRA CONCRETA. • FACÉNDOLLE SABER CANDO OS DEMAIS ACOLLEN BEN O SEU COMPORTAMENTO POSITIVO. • COMPARTINDO OS PROPIOS SENTIMENTOS CO EL/ELA.
VINCULACIÓN ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • COMPATINDO INTERESES, AFECCIÓNS, ACTIVIDADES E EXPERIENCIAS. • ESCOITANDO SEN XULGAR. • TRATANDO DE COMPRACELO/LA EN DETERMINADAS COUSAS DE CANDO EN VEZ. • RECIBINDO NA CASA E TRATANDO DE APROBA-LAS AMISTADES DO ADOLESCENTE. • PRESTÁNDOLLE ATENCIÓN CANDO O NECESITE (adolescente). • PASANDO ALGÚN TEMPO CO EL/ELA SÓ/A (adolescente), SEN QUE INTERVEÑAN OUTROS MEMBROS DA FAMILIA.
SINGULARIDADE ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • ANIMANDO A EXPRESAR IDEAS QUE POIDAN DIFERIR DAS DOS DEMAIS. • RESALTANDO O QUE TEN DE ESPECIAL OU DIFERENTE. • POTENCIANDO A AUTONOMÍA NAS REALIZA-CIÓNS. • PERMITÍNDOLLE EXPRESA A SÚA CREATIVIDADE. • EVITANDO RIDICULIZALO/A OU AVERGONZALO/A, AÍNDA QUE HAXE QUE POR LIMITES. • AXUNDÁNDOLLE A ATOPAR FORMAS ACEPTABLES DE EXPRESARSE.
SINGULARIDADE ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • DEIXÁNDOLLE VER QUE É ACEPTADO AÍNDA QUE O SEU COMPORTAMENTO SEXA CENSURABLE. (adolescente) • DESCUBRINDO E ALABANDO IDEAS E CONDUCTAS POUCO HABITUAIS QUE MANIFESTE. (adolescente) • ACEPTANDO A NECESARIA EXPERIMENTACIÓN DO ADOLESCENTE CON DISTINTOS TRABALLOS, ACTIVIDADES E IDEOLOXÍA. (adolescente) • RESPETANDO OS SEUS PUNTOS DE VISTA. (adolescente) • RESPETANDO AS PERTENZAS, SINGULARIDADE E INTIMIDADE. (adolescente)
SENSACIÓN DE PODER ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • DEIXÁNDOLLE QUE POIDA OPTAR CONDO ORGANICE AS SÚAS ACTIVIDADES. • AXUNDÁNDOLLE A ESTABLECER LÍMITES PARA EL/ELA E PARA OS DEMAIS. • DÁNDOLLE DETERMINADAS RESPONSABILIDA-DES. • FACÉNDOLLE SABER QUE EL/ELA É O/A RESPONSABLE DOS SEUS SENTIMENTOS. • AXUDÁNDOLLE A TOMAR CONSCIENTEMENTE AS SÚAS DECI-SIÓNS.
SENSACIÓN DE PODER ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • PRESENTÁNDOLLE PROBLEMAS PARA RESOLVER E PROPORCIONÁNDOLLE MÉTODOS ADECUADOS PARA FACELO. • TRATANDO DE GARANTIR O ÉXITO NAS ACTIVI-DADES PROPOSTAS. • DESCUBRINDO AS HABILIDADES E PONTEN-CIÁNDOLLAS. • RESPETANDO O GRAO ACTUAL DE COMPETEN-CIA. • ESTIMULÁNDOO/A PARA QUE FIXE OBXECTIVOS PERSOAIS A CURTO, MEDIO E LONGO PRAZO (adolescente).
PAUTAS E MODELOS ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • AXUDÁNDOLLE A ENTENDER NO QUE CRE O ADULTO. • COMPARANDO O QUE EL/ELA CRE COAS CRENZAS DO ADULTO. • AXUDÁNDOLLE A ESTABLECER OBXECTIVOS A CURTO PRAZO. • AXUDÁNDOLLE A COMPREDER AS CONSECUENCIAS DO SEU COMPORTAMENTO. • ACLARÁNDOLLE O QUE O DULTO ESPERA DEL/DELA. • SENDO UN BO MODELO PARA EL/ELA. • PROPORCIONÁNDOLLE UN AMPLO CAMPO DE EXPE-RIENCIAS.
PAUTAS E MODELOS ¿COMO SE CONSTRÚE A AUTOESTIMA? • PRESENTÁNDOLLE, PERSOAL OU LITERARIAMENTE, PER-SOAS DIGNAS DE ADMIRACIÓN (adolescente). • CLARIFICÁNDOLLE MOI BEN AS CRENZAS E A ESCALA DE VALORES DO ADULTO (adolescente). • AXUDÁNDOLLE A PROPOÑERSE OBXECTIVOS DE COMPOR-TAMENTO E APRENDIZAXE REALISTAS (adolescente). • INSISTINDO PARA QUE AFRONTE AS CONSECUENCIAS DO SEU COMPORTAMENTO (adolescente). • AXUDÁNDOLLE A ENTENDER COMO PODE REALIZAR UNHA TAREFA (adolescente). • TRATANDO DE ENTENDER-LAS CONDICIÓNS QUE INFLÚEN NO COMPORTAMENTO DUN/DUNHA ADOLESCENTE.
COMO REPERCUTE A AUTOESTIMA NO RENDEMENTO ACADÉMICO • ENFRÓTANSE AS TAREFAS ESCOLARES CON DESCONFIANZA NAS SUAS PROPIAS POSIBILIDADES. • CONDICIÓNANSE A SI MESMOS CON FRASES COMO: “NON SON CAPAZ”, “NON PODO”, “É MOI DIFÍCIL”... • A POSIBILIDADE DE PRESTAR ATENCIÓN É MOI ESCASA Dedícanse a pensar nos demais e neles mesmos e fantasean sobre posibles relacións (vinculación). • SÉNTENSE INCÓMODOS EN ACTIVIDADES DE GRUPO Isto limita moita a aprendizaxe pois desaproveita a interacción social (vinculación).
COMO REPERCUTE A AUTOESTIMA NO RENDEMENTO ACADÉMICO • NON QUEREN PARTICIPAR CANDO OS ELIXEN PARA ALGO E NON LLES GUSTA QUE OS SAQUEN A PIZARRA NO COLEXIO Tamén isto dificulta a aprendizaxe na interacción social (singularidade). • TEÑEN MOITAS DIFICULTADES PARA AFRONTA-LA FRUSTRACIÓN Este feito lévaos a abandonar, con gran facilidade, diante o máis mínimo contratempo dificultando así a aprendizaxe (sensación de poder). • NON EMPEZAN TAREFAS POLA SÚA CONTA Hai que estar constantemente recordándolles os deberes que se marcaron, non se acordan das cousas que tiñan que facer, etc., forzando a intervir ó adulto, minando aínda máis a autoestima (sensación de poder).
COMO REPERCUTE A AUTOESTIMA NO RENDEMENTO ACADÉMICO • ELUDEN CALQUERA RETO Isto é fonte do conflictos cos pais, pois pensan que son vagos, pero o que ocorre é que o neno ou adolescente témelle máis o fracaso que o enfado dos pais (sensación de poder). • NON TEÑEN CLARAS AS PRIORIDADES Polo tanto, non son capaces de decidir por onde empezar a traballar, acumulándoselle así o traballo. Esíxense unha perfección nada realista e acaban fracasando (pautas e modelos). • MÓSTRANSE INSEGUROS NOS MÉTODOS E NOS OBXECTIVOS QUE ELIXEN CANDO TRABALLAN EN EQUIPO CON OUTRAS PERSOAS. Están continuamente solicitando directrices e só ven unha maneira de face-las cousas, isto impídelles o ensaio-errro como estratexia de aprendizaxe (pautas e modelos).
COMO REPERCUTE A AUTOESTIMA NO RENDEMENTO ACADÉMICO • A DESATENCIÓN DÁ LUGAR A CONFUSIÓN CRÓNICA Isto impídelle segui-lo fio dunha explicación ou centrarse no fundamental dunha activdade (pautas e modelos). • TENDEN A VER UNHA SOA FORMA DE FACE-LAS COUSAS Ó ter dificultades para xeralizar e mostrar moi pouca creatividade, a capacidade de aprendizaxe queda mermada (pautas e modelos). • ASÚSTANSE DIANTE AS EXPERIENCIAS NOVAS Isto limita o seu campo de acción e as posibilidade de aprender das múltiples experiencias que a vida lle ofrece, así como de múltiples actividades (pautas e modelos).
VINCULACIÓN DÉFICIT NA Os nenos ou adolescentes con problemas de vinculación, poderán levar a cabo conductas como as que seguen: • SENTIRANSE INCÓMODOS EN ACTIVIDADES DE GRUPO. • TENDERÁN A ESTAR SÓS. • TEÑEN DIFICULTADES PARA FACER AMIGOS. • ADOITAN CULPAR ÓS DEMAIS DE QUE A RELACIÓN NON FUNCIONE. • POR OUTRA PARTE, PODEN MOSTRARSE "APEGADIZOS". • A POSIBILIDADE DE PRESTAR ATENCIÓN É MOI ESCASA. • PODEN BUSCAR A RELACIÓN CON ANIMAIS DOMÉSTICOS, XOGUETES…
VINCULACIÓN DÉFICIT NA Os adolescentes con problemas de vinculación, ademais: • SON INCAPACES DE ESCOITAR ÓS OUTROS E ENTENDER OS SEUS PUNTOS DE VISTA. • SON POUCO CONSCIENTES DOS INTERESES E NECESIDADES DOS DEMAIS. • FALAN NEGATIVAMENTE DA FAMILIA, DA SÚA RAZA OU DO SEU GRUPO ÉTNICO. • NON LLE CAEN BEN ÓS COMPAÑEIROS. • RESÚLTANLLE INCÓMODOS OS ADULTOS. • QUEREN SER SEMPRE O CENTRO DE ATENCIÓN DOS DEMAIS.
SINGULARIDADE DÉFICIT NA Cando os problemas que presenta os nenos ou adolescentes son de singularidade, as conductas que se poden observar, son as seguintes: • AS NOVIDADES PRODÚCENLLE ANSIEDADE. • PREFIREN IR A SITIOS COÑECIDOS. • ADÁPTANSE ÓS DESEXOS DOS DEMAIS. • TEÑEN TENDENCIA A INFRAVALORAR A SÚAS PROPIAS REALIZACIÓNS.
SINGULARIDADE DÉFICIT NA Os adolescentes con problemas de singularidade, ademais: • FALAN NEGATIVAMENTE DE SI MESMOS. • SENTEN POUCO OU NINGÚN ORGULLO POLA SÚA APARENCIA. • BUSCARÁN O ELOXIO E O RECOÑECEMENTO. • ALARDEARÁN CANDO NON SEXA O MOMENTO. • TRATARÁN DE PARECERSE ÓS DEMAIS
SENSACIÓN DE PODER DÉFICIT NA Posibles comportamentos dos nenos ou adolescentes que teñen escasa sensación de poder: • TEÑEN MOITAS DIFICULTADES PARA AFRONTAR A FRUSTRACIÓN. • MÁSTRANSE, A MIÚDO, FISICAMENTE INCOMPETENTES. • PROCURAN EVITAR RESPONSABILIDADES. • EVITAN REVELAR OS SEUS DESEXOS E INTERESES DIANTE OS DEMAIS. • DEMOSTRAN MOI POUCA INICIATIVA. • ELUDEN CALQUER RETO. • SON SUXEITOS CON FALTA DE HABILIDADES E INCOMPETENCIA.
PAUTAS E MODELOS DÉFICIT NAS Os nenos ou adolescentes que teñen de verdade un problema cos seus modelos, demóstrano manifestando conductas cheas de ansiedade e tensión, como as que seguen: • PRESENTAN, COMO CARACTERÍSTICA FUNDAMENTAL, A DESATENCIÓN. • PASAN DUNHA ACTIVIDADE A OUTRA CONTINUAMENTE. • ADOITAN SER DESALIÑADOS NO VESTIR E NA HIXIENE PERSOAL. • TEÑEN TENDENCIA A VER UNHA SOA FORMA DE FACER AS COUSAS. • RESÚLTALLES MOI DIFÍCL CAMBIAR DE IDEA.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA SOBREPROTECCIÓN: • Dedicación esaxerada ó/a fillo/a. • Falta de conexión coa realidade: • Incide na tolerancia á frustración. • Evitarlle ós fillos o máximo de conflictos posibles: • Intentan resolverlle aqueles que non poden evitar. • Isto produce unha falta de experiencia, dando lugar: • Dificultades para atopar amigos. • Inseguridade, retraemento. • Pais orgullosos de que os fillos non saian cos amigos, de que estean sempre na casa.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA SOBREPROTECCIÓN: • ¿Por que algúns pais son sobreprotectores? • Consecuencia dunha experiencia previa (enfermidade...). • Por un estado de angustia inmotivado (maioría). • Reacción a carencias afectivas (que non lle pase o mesmo). • ¿Como poden reaccionar os fillos ó ir crecendo? • Rebelarse contra a situación e romper cos pais. • Seguir actuando coas limitacións que isto lle impón. • Manter unha conducta crítica pero comprensiva. • Sempre ten efectos negativos: • Non contemplará que teña que dar para recibir. • A capacidade de esforzo vese diminuída.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA EXCESIVA INDEPENDENCIA: • Por medio do afastamento afectivo preténdese. • Que os fillos sexan autosuficientes e prescindan dos pais. • Estes pais non admiten as características propias da infancia. • Nunca están dispoñibles para os fillos. • Non admiten ter ós fillos na casa moito tempo. • A desaparición dos afectos é o peor problema que se pode dar nunha relación. • Carencia afectiva: a maior agresión que se pode proporcionar. • Poden percibir unha falsa sensación de independencia. • Será máis vulnerables e máis dependentes dos de fora.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA DISCIPLINA RÍXIDA: • É a actitude educativa máis tradicional. • Os fillos teñen que recibir moitos castigos e reprimendas para conseguir que se adapten ó mundo adulto. • Os trazos máis característicos dos pais ríxidos: • Cren estar en posesión da razón polo feito de ser adultos. • Isto permítelles actuar sen límites nin censuras. • A meta e converter ó neno en adulto canto antes, como se ser neno fose unha perversidade.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA DISCIPLINA RÍXIDA: • Os trazos máis característicos dos pais ríxidos: • As normas son máis importantes que as persoas. • As metas son máis transcendentes que os camiños. • A afectividade queda nun segundo plano e disfrázase con frases como “quen ben che quere farate chorar”. • A agresión está xustificada para conseguir que os fillos sexan o que os pais queren que sexan. • Mitifícanse unha serie de situacións e conductas: • Adquisición de hábitos para os que o neno non está maduro: • Orde doméstica. • Sentido da limpeza. • Os horarios
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA DISCIPLINA RÍXIDA: • A relación que se establece é unha relación de poder: • A autoridade maniféstase mediante elementos de presión: • Mala cara. • Os permisos. • O premio ou castigo á súa conducta é o bo ou mal humor dos pais. • Se os pais están malhumorados, os fillos séntense culpables. • Estes pais rara vez conseguirán a estima dos fillos.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA NORMAS CONTRADICTORIAS: • As contradicción fan vivir ós nenos nunha situación de incerteza. • Non serven os discursos cando contradín ós feitos: • “Mentir está moi mal”. “Se me chaman, non estou”. • Hai dúas cousas que estropean o clima familiar: • Contemplar actitudes de indiferencia mutua entre os pais. • Que pretendan poñelos como escudos nas súas discrepancias. • Os pais deben procurar: • Atopar puntos de acordo. • Reducir ó máximo as contradicción.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA FALTA DE NORMAS E HÁBITOS: • AS NORMAS DEBEN PERMITIR • PARA OS FILLOS: • Saber o que se espera deles • Como e onde facer algo • Que cousas están ben • Que cousas están mal...
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA FALTA DE NORMAS E HÁBITOS: • AS NORMAS DEBEN PERMITIR • PARA OS PAIS • Saber se se están cumprindo • ORGANIZAR A VIDA DA CASA • Cada quen debe saber as responsabilidades propias e alleas • REDUCIR TENSIÓNS • As cousas están claras e todos saben o que pode ocorrer
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA FALTA DE NORMAS E HÁBITOS: • AS NORMAS DEBEN SER • RAZOABLES • Recursos para cumprilas • Tempo suficiente • Capacidade • ESTABLES OU CONSISTENTES • O que hoxe é branco, mañá non pode ser negro (sen máis) • Acordo entre os cónxuxes
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA FALTA DE NORMAS E HÁBITOS: • POR ÚLTIMO AS NORMAS DE- BEN: • DESCRIBIRSE CON DETALLE • ESTABLES UNS LÍMITES DE TEMPO PARA EXECUTALAS • CLAREXAR AS CONSECUENCIAS DE NON CUMPRILAS.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA FALTA DE NORMAS E HÁBITOS: • AS NORMAS POTENCIAS OS HÁBITOS • ESTES SON IMPRESCINDIBLES PARA CALQUERA ACTIVIDADE QUE SUPOÑA UN ESFORZO • Polo tanto, cumpren unha función adaptativa, • Imprescindible para o éxito persoal
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA NORMAS EXCESIVAS: • SITÚAN Ó NENO NUNHA POSICIÓN MOI DIFÍCIL. • QUERE CUMRILAS PARA CONSEGUIR O AFECTO, CARIÑO E APROBACIÓN DOS PAIS. • PERO VESE INCAPAZ DE FACELO. • Sentimentos negativos sobre si mesmo. • Sentimentos de culpa. • Trazos depresivos
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA CASTIGOS FRECUENTES E INADECUADOS: • O ambiente no que se castiga repetidamente a un neno acaba converténdose en aversivo. • Tampouco solucina o problema substituír o castigo físico por castigos sociais, críticas e broncas. • Quen é víctima de críticas sistemáticas será crítico e pouco flexible nas súas relacións.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA CASTIGOS FRECUENTES E INADECUADOS: • Se temos que castigar, tres normas poden axudarnos na súa eficacia: • Puntual e esporádico. • Co menor grao posible de reactividade emocional • O máis inmediato posible á conducta que se pretende eliminar. • Para que o castigo sexa aceptado polo fillo: • Debe haber moi boa relación. • Sentirse aceptado. • Non ter dúbidas sobre este sentimento.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA COMPARACIÓNS DESFAVORABLES: • As comparacións duns nenos con outros é causa frecuente de: • Baixa autoestima. • Sentimentos de inseguridade. • Cando comparamos ó fillo con outros irmáns, primos, ou amigos: • Destacamos as calidades destes. • Recalcámoslle que el non as ten.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA CORRECCIÓNS NEGATIVAS: • Se intentamos educar ós fillos mediante insultos, ameazas e humillándoos, estes: • Sentiranse pouca cousa • Inferiores o que realmente son. • Acabarán créndose o que se di deles. • E comportaranse do mesmo xeito. • As correccións negativas tamén poden expresarse mediante ameazas e experiencias que asustan ou aterrorizan ós nenos: • “Imo meterte nun reformatorio”.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA COMPORTAMENTOS INMADUROS DOS PAIS: • Se os pais se comportan de tal xeito que • Se deixan dominar, frecuentemente, polos seus sentimentos e • Se alteran facilmente diante do menor problema: • É probable que os nenos imiten ese comportamento.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA REFORZAR CONDUCTAS INFANTIS E INMADURAS • Ás veces, os pais premian os comportamentos infantís dos seus fillos: • Préstanlles máis atención cando gritan, ou se comportan como nenos máis pequenos. • Incluso lle rin ese tipo de conductas. • Deste xeito os nenos persisten nas súas conductas infantís e inmaduras.
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA EXCESIVAS FRUSTRACIÓN • As frustracións son imprescindibles para a socialización do neno. • Pero cando son excesivas: • Potencian a resposta agresiva, violenta. • As conductas violentas provocan, por parte do adulto: • Críticas. • Castigos. • Enfados. • O neno interioriza unha imaxe negativa de si mesmo
CONDUCTAS FAMILIARES QUE DIMINÚEN A AUTOESTIMA CRÍTICAS ESAXERADAS- PERFECCIONISMO • Hai pais que tenden a considerar ós fillos como se fosen seres perfectos. • Estes pais establecen obxectivos pouco realistas para os fillos. • Os nenos non son capaces de cumprilos. • Nestas situacións os nenos séntense continuamente criticados: • Por pequenos fallos que cometen. • Por non conseguir as notas que esperaban os pais. • Os pais nunca están satisfeitos do seu comportamento.
EN RESUMO • SE ESTABLECEMOS BOAS RELACIÓNS COS FILLOS • SE OS VALORAMOS POLO QUE SON • SE LLE DAMOS OPORTUNIDADES DE TOMAR DECISIÓNS • SE ESTABLECEMOS PAUTAS E MODELOS ESTABLES E COHERENTES ESTAREMOS CONTRIBUÍNDO A MELLORAR A SÚA AUTOESTIMA E OS RESULTADOS ACADÉMICOS.
IES ÁLVARO CUNQUEIRO MOITAS GRAZAS Vigo, 18 de novembro de 2013