130 likes | 257 Views
EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS. PROFES BELÉN E SILVIA. PERÍODO ADAPTACIÓN.
E N D
EDUCACIÓN INFANTIL3 ANOS • PROFES BELÉN E SILVIA
PERÍODO ADAPTACIÓN A CHEGADA DOS NENOS E NENAS O CENTRO ESCOLAR SUPÓN UN MOMENTO MOI IMPORTANTE NA SÚA VIDA, POIS É PRECISO ADAPTARSE A UN GRUPO DE PERSOAS DESCOÑECIDAS ASÍ COMA A ESPACIOS, MATERIAIS E NORMAS EN MOITOS CASOS DESCOÑECIDOS PARA ELES. É POR ISO QUE CONSIDERAMOS NECESARIO LEVAR A CABO UNHA SERIE DE ACCIÓNS TITORIAIS QUE FACILITEN ESTA INTEGRACIÓN E ADAPTACIÓN Ó ENTORNO ESCOLAR.
FASES DO PERÍODO ADAPTACIÓN • Reunión cos pais dos alumn@s de nova incorporación. • Entrevistas individuais cos pais. • Adaptación do horario no mes de setembro.
COMO DEBEDES ACTUAR? • Vivir ese momento sen temores e inseguridades xa que eles poden percibir eses temores. • Non usar a escola como ameaza ou castigo, que o nen@ non o vexa como un sitio onde o van a castigar. Hai que falarlle das cousas positivas que van atopar (amigos, xogos,…) • Nos primeiros momentos da despedida non alargar a mesma. Despedirse cun bico e se o nen@ chora velo como algo normal e que forma parte do proceso para tentar como pais non vivilo con angustia. • Decirlle ó nen@ quen irá a recollelo. • Non chegar tarde a buscalo para non crearlle angustia e sentimento de abandono.
PROFESORADO TITORAS • BELÉN • SILVIA ESPECIALISTAS • APOIO E PSICOMOTRICIDADE: CHUQUI • INGLÉS: MILA
MATERIAIS QUE DEBEN TRAER Ó COLEXIO • Mandilón co nome bordado, cinta para colgalo (20 cm aproximadamente), preferentemente de raias azuis e brancas e sen puño con goma cómoda. • Vaso de plástico con asa e o seu nome. • Bolsa da merenda de tea co seu nome bordado. • A roupa de abrigo (anoraks, gorros, bufandas,…) que teña o nome e cinta para colgalos cómodamente no percheiro. • Fotocopia en color dunha foto onde estea a familia.
NORMAS • Saídas: os nen@s só poderán abandoar o recinto escolar unha vez que asinen o papel conforme levan ó rapaz. Avisar ás titoras cando o recolle algunha persoa distinta á habitual. • Puntualidade: tanto na hora de entrada como na saida. Saimos sempre uns 5 minutos antes das 14:30 para que non haxa aglomeracións cos outros cursos. • Enfermidades: é moi importante non enviar aos nen@s enfermos á escola, xa que poden contaxiar a outros e a mestra non lles pode adicar a atención que precisan. Se teñen enfermidades alérxicas ou que requiran un coidado especial, hai que comunicalo. • Cumpreanos: Preferimos que non repartan bolsas chuches, e que haxa outras opcións como un bizcoito, galletas feitas na casa, un pequeno agasallo, un ovo chocolate,… As invitacións repartense no cole se son para todos os nen@s da aula.
OS PAIS NON DEBEN ENTRAR O RECINTO CANDO XA ESTAMOS TRABALLANDO