240 likes | 396 Views
R.R.E.V. Rediscover the Real European Values. Socios do proxecto Școala Cu Clasele I-VIII "Mihai Eminescu“. Roman (Rumanía) Liceul Teologic Romano-catolic "Sf. Francisc De Assisi“. Roman (Rumanía) Tallinn English College. Tallinn (Estonia) Istituto Comprensivo di Gatteo . Gatteo (Italia)
E N D
R.R.E.V. Rediscover the Real European Values
Socios do proxecto • Școala Cu Clasele I-VIII "Mihai Eminescu“. Roman (Rumanía) • Liceul Teologic Romano-catolic "Sf. Francisc De Assisi“. Roman (Rumanía) • Tallinn English College. Tallinn (Estonia) • Istituto Comprensivo di Gatteo. Gatteo (Italia) • VII Istituto Comprensivo “G.A.Costanzo”. Siracusa (Italia) • I.E.S. Politécnico de Vigo. Vigo (España) • AG Ungdomsskole. Lyngdal (Noruega) • Institution Notre-dame. Toulon (Francia) • Gymnasio Ayiou Dhometiou. Lefkosia (Chipre) • Maarten Van Rossem. Arnhem (Holanda) • Kemal Türkler Primary School. Istanbul (Turquía)
Mascotas presentadas na reunión en Rumanía Școala Cu Clasele I-VIII "Mihai Eminescu“. Liceul Teologic Romano-catolic "Sf. Francisc De Assisi“.
Mascotas presentadas na reunión en Rumanía Tallinn English College Istituto Comprensivo di Gatteo
Mascotas presentadas na reunión en Rumanía VII Istituto Comprensivo “G.A.Costanzo” I.E.S. Politécnico de Vigo
Mascotas presentadas na reunión en Rumanía AG Ungdomsskole. Lyngdal Institution Notre-dame
Mascotas presentadas na reunión en Rumanía Gymnasio Ayiou Dhometiou Maarten Van Rossem
Logo elexido Open your heart to European Values
Próximas reunións • Estonia: 14 – 18 Novembro 2011 • Italia: 13 – 19 Febreiro 2012 • España: 16 – 20 Abril 2012 • Noruega: 4 – 8 Xuño 2012 • Francia: ?? Outubro 2012 • Chipre: ?? Febreiro 2013 • Holanda: ?? Abril 2013 • Turquía: ?? Xuño 2013
Actividades a realizar • Outubro 2011: • Creación do blog do proxecto (Turcos e Holandeses), que servirá como Xornal Comenius do proxecto e tamén como medio de avaliación das etapas de desenvolvemento do proxecto. Cada país administrará unha páxina do blog. • Realizar unha investigación sobre os valores éticos tradicionais en cada país implicado no proxecto e identificar polo menos 5 valores europeos comúns. O intercambio de información se fará a través do blog do proxecto e crearase un PPT. • Novembro 2011: • Os alumnos fan un estudio sobre "Tradicións do matrimonio no pasado" para cada un dos países implicados e realizarase unha curtometraxe de acordo coas pesquisas. • Crearase o Espacio E-twinning (Españois e Italianos). • 14 – 18 Novembro 2011: • Reunión do proxecto en Tallinn (Estonia).
Actividades a realizar • Decembro 2011: • Os alumnos prepararán presentacións PPT con feitos sobre a tolerancia étnica e relixiosa na historia do seu país. A información será intercambiada a través do blog. • Creación dun Museo Dixital Comenius de cada centro (no blog do proxecto), como resultado do troco das “caixas do tesouro", onde cada socio pode expoñer os seus valores culturais e artísticos. A actividade será desenvolvida durante as clases de TIC. • "Comezar cada día cun sorriso!“ - Os "Voluntarios da esperanza" van organizar actividades de caridade durante o mes (eles van axudar os pobres, solitarios, os anciáns, os orfos, etc.). • Xaneiro 2012: • "Imos coñecer os himnos nacionais" (Actividade de "descubrimento" doutras linguas aprendendo o himno nacional daquel país e a súa historia. Deste xeito, os alumnos van aprender palabras nas linguas dos países socios).
Actividades a realizar Febreiro 2012: Intercambio de e-mails co título "Familias, probas de amor xenuíno" (os alumnos describirán momentos ou situacións en que realmente sentiron o que significa o amor altruísta familiar). As cartas serán ilustradas con fotos de familia tomadas durante momentos especiais. Os alumnos prepararán unha presentación PPT: "Historia da miña escola -feitos e persoas importantes”. Aquí tamén se incluirán feitos xerais sobre como eran os sistemas educativos dos nosos países no pasado. 13-19 Febreiro 2012: Reunión do proxecto nas dúas escolas italianas (Gatteo e Siracusa).
Actividades a realizar Marzo 2012: Día Comenius de divulgación e de avaliación (taller, seminario de avaliación, videoconferencia). Creación dun libro de colorear para os nenos pequenos, con imaxes relacionadas cos valores. Nunha sesión de brainstorming, os alumnos ofrecen ideas para as imaxes e o contido deste libro. Distribuiranse copias do libro nos xardíns de infancia locais. Abril 2012: Creación dun libro de cociña seguindo o principio dunha vida saudable (cada país proporcionará 5 receitas: vexetariano, un saudable con carne cociñada, unha para os períodos de xaxún, un preparado sen cociñar e un específico para festivos).
Actividades a realizar Abril 2012: Durante cada sesión do proxecto realizarase unha actividade "Coñece a miña cidade" (os alumnos guiarán aos convidados para amosarlles lugares representativos crearán unha "guía turística" ilustrada (con explicacións), que se dará ás comunidades locais. 13-19 Abril 2012: Reunión do proxecto en Vigo.
Actividades a realizar Abril 2012: Os alumnos escollerán un prato a partir dos propostos polos distintos socios e os cociñarán despois da escola, reforzando así a súa aprendizaxe ao longo da vida nas habilidades de cociña. Despois, organizarán unha comida de caridade cos alimentos realizados durante a Pascua / festival de cativos. Maio 2012: Realizar unha investigación sobre feitos heróicos / persoas ligadas coa historia da súa cidade, se é posible, visitar e coidar as tumbas dos heroes na área. Despois realizar un pequeno filme co Movie Maker durante as clases de TIC. Xuño 2012: Lanzamento da web, realizando a avaliación transnacional, analizando as actividades e os resultados do primeiro ano, e traballar no informe intermedio común do primeiro ano, que se enviarán ás axencias LLP nacionais. 13-19 Xuño 2012: Reunión do proxecto en Lyngdal (Noruega).
Actividades a realizar Xullo 2012: Actividade "Imos descubrir a beleza dos libros e da lectura", os estudantes de cada país lerán un libro e despois crearán un PPT (texto e imaxes suxestivas) para presentalas aos seus compañeiros noutras escolas e convencelos sobre o seu valor. Setembro 2012: Cada socio preparará un filme curto ou PPT para describir un deporte nacional tradicional ou un xogo que as persoas adoitaban practicar no pasado nos seus países, a fin de manter a forma e manter unha vida saudable. Planificación dos detalles do 2º ano, traballando na revista da escola: "Heroes de antes e de hoxe", os alumnos van entrevistar aos seus compañeiros dos países socios, preguntando sobre persoas importantes na súa cultura, sobre as súas vidas, hobbies, etc. Datas por confirmar en Setembro 2012: Reunión do proxecto en Toulon (Francia).
Actividades a realizar Outubro 2012: "Aprende a escoitar aos outros", os Voluntarios da Esperanza serán como 'Big Brothers' para os nenos máis novos nas escolas, a fin de escoitar os seus problemas e reconciliar inimizades entre eles, coa axuda e apoio de profesores da escola. Novembro 2012: Prestando a atención sobre os valores da familia a través da creación dun cartel chamado: “A árbore familiar multilingüística europea", no que as palabras que describen as relacións familiares serán traducidas nas linguas de cada país socio.
Actividades a realizar Decembro 2012: En Nadal os alumnos de cada centro crearán e intercambiarán a tarxeta de Amizade Árbore de Nadal coas súas fotos no canto de bolas. Tamén os "Voluntarios da Esperanza" xunto cos nenos menores van organizar eventosdecaridade. Xaneiro 2013: Día Comenius de difusión e de avaliación transnacional. Durante el, todos os grupos participarán nunha videoconferencia sobre o tema: “Que pensan os mozos sobre os valores éticos dos seus pais? Poden ser aceptados ou non? “ Febreiro 2013: Realizarase o “Entroido de Artes", en que as máscaras serán de persoas famosas. O público terá que adiviñar a quen representan. tamén se presentarán cancións e danzas sobre heroísmo, amizade, tolerancia, respecto, familia, etc. Datas por confirmar en Febreiro 2013: Reunión do proxecto en Lefkosia (Chipre).
Actividades a realizar Marzo 2013: Realizar actividades relacionadas coas 3 R e a protección do medio ambiente: construción de artesanía con materiais de reciclaxe, é dicir, pequenas bandeiras nacionais, diferentes símbolos da escola, marionetas e amosalos nas escolas e no Museo Dixital no blog. Abril 2013: Creación dun mini-dicionarioilustrado multilingüe que conteña 50 palabras básicas sobre valores. A lista principal será seleccionada pola escola de Estonia e enviados en inglés para todos os socios e, a continuación, cada socio pode traducilas. Datas por confirmar en Abril 2013: Reunión do proxecto en Arnhem (Holanda).
Actividades a realizar Maio 2013: "A semana de vida saudable" os nenos serán convidadas a traer á escola só alimentos sans e organizar unha campaña sobre isto dentro da súa escola e na comunidade. Faranse fotografías e publicaranse na web. Xuño 2013: Realización da última avaliación, sacar as conclusións, elaborando o informe finalcomún, discutindo medidas para o seguimento das actividades despois da conclusión do proxecto, é dicir, continuar a actualizar o sitio web e crear unha zona web. Datas por confirmar en Xuño 2013: Reunión do proxecto en Estambul (Turquía).
Actividades a realizar Xullo 2013: Unha campaña pública voluntaria para concienciar á xente sobre o concepto de desenvolvemento sostible: "O mes do aire, auga e enerxía", invitando aos alumnos a atopar formas de aplicar o principio das 3 R nas súas vidas.
Resumo actividades • Outubro 2011 - Romanía • Mascota • Cofre do tesouro • Presentacións de cada escola e da cidade • Novembre 2011 - Estonia • Blog (turco e holandés) • PPT sobre 5 valores tradicionais • Unha curtometraxe sobre as tradicións do matrimonio no pasado • Espazo E-twinning (españois e italianos) • Febreiro 2012 - Italia • PPT sobre a tolerancia étnica e relixiosa na historia do seu país • Museo Dixital Comenius (turcos, noruegueses, holandeses) • "Comezar cada día cun sorriso!"-"Voluntarios da esperanza“ • "Imos coñecer os himnos nacionais" • Intercambio de e-mails co título "Familias, probas de amor xenuíno" • PPT sobre "Historia da miña escola -feitos e persoas importantes”
Resumo actividades • Abril 2012 - España • Día Comenius de divulgación e de avaliación • Libro para colorear • Libro de cociña • Guía turística ilustrada “Coñece a miña cidade” • Xuño 2012 – Noruega • Comida de caridade • Filme sobre feitos heroicos/persoas na historia da cidade (Movie Maker) • Informe intermedio • Setembro 2012 - Francia • PPT sobre "Imos descubrir a beleza dos libros e da lectura" • Filme curto ou PPT sobre un deporte nacional tradicional ou un xogo • Revista: "Heroes de antes e de hoxe"
Resumo actividades • Novembre 2012 - Croacia • "Aprende a escoitar aos outros“ - 'Big Brothers’ • Cartel: "A árbore familiar multilingüística europea" • Febreiro 2013 - Chipre • Tarxeta de Amizade Árbore de Nadal e eventos de caridade • Comenius difusión transnacional e avaliación • Videoconferencia • Entroido de Artes • Abril 2013 - Países Baixos • Construción de artesanía a partir de materiais de reciclaxe • Mini-dicionario multilingüe ilustrado con 50 palabras básicas sobre os valores • Xuño 2013 - Turquía • "A semana de vida saudable" - alimentación saudable • Informe final