330 likes | 445 Views
Programas de mobilidade estudantil ERASMUS 2014/15 ( Novembro 2013) A convocatoria publicarase en Decembro 2013, esta presentación non é vinculante, unicamente orientativa sobre o contido da futura convocatoria. Servizo de Relacións Exteriores (SRE/ORE) Rúa Casas Reais nº 8 USC.
E N D
Programas de mobilidadeestudantilERASMUS 2014/15(Novembro 2013) A convocatoria publicarase en Decembro 2013, esta presentación non é vinculante, unicamente orientativa sobre o contido da futura convocatoria Servizo de Relacións Exteriores (SRE/ORE) Rúa Casas Reais nº 8 USC
No curso pasado: • 1.600 estudantes de 43 países cursaron estudos naUSC • 1.100 estudantes da USC cursan un período de intercambio (nacional ou internacional) • Deles máis de 704 en Europa (Unión Europea e países da pre-adhesión como Turquía) • España recibiumáisde 34.000 estudantes de intercambio Erasmus • Á súa vez 28.000 universitarios españois fixeron un intercambio Erasmus Algunhas cifras
Segundo o Regulamento de Intercambios Interuniversitarios da USC as convocatorias teñen en común os seguintes requisitos: • Estar matriculado na USC en estudos conducentes á obtención dun título oficial (inclusive ata o final da mobilidade) • Ter que acreditar antes do remate do prazo de solicitude, o coñecemento da lingua de uso nauniversidade / empresa de acollida • Completar a solicitude en prazo e forma segundo indicado na convocatoria Excluídos: • Alumnado seleccionado en convocatorias anteriores que non presentase en forma ouprazo a renuncia á praza • Alumnado internacional matriculado na USC en virtudedoutros convenios ou programas de mobilidade • Investigadores en formación (doutorandos en etapa de tese) Requisitos básicos
Convocatoria erasmus 14-15 Publicarase a mediados de Decembrona web do SRE www.usc.es/internacional
O estudantado que xa foi beneficiario dunha mobilidade Erasmus non poderá ser beneficiario dunha segunda mobilidade Erasmus. Si é compatible a mobilidade Erasmus co Erasmus Prácticas. O estudantado poderá solicitar unha mobilidade de estudos e unha mobilidade de prácticas Erasmus no mesmo curso académico, pero non para realizalas de forma simultánea, senón consecutivamente. A USC publicaou a través do SRE unha convocatoria específica para realizar prácticas a través do programa Erasmus no curso 2013/14. • Desaparece o requisito de ter un 15% de créditos superados previamente • A aceptación doutra praza de mobilidade para o curso 13/14 descarta de oficio o alumnado para optar a unha mobilidade Erasmus no mesmo curso, excepto se é para semestres distintos Requisitos ERASMUS
Consultar listaxe de certificados aceptados no anexo II da convocatoria • Mínimo: certificado nivel B1 nalingua de uso nauniversidade de acollida • No caso dos países europeos do leste, nórdicos e Turquía a lingua esixida é o inglés. • Para destinos en Italia ou Portugal deberase acreditar un B1 de italiano ou portugués respectivamente ou acadar un “apto” no exame do CLM, malia a afinidade lingüística. • Ter en conta requisitos adicionais asociados ásprazas no anexo I (e outros que poidaesixir a universidade de destino) • Exención para: • - nacionais do país de destino, (presentando pasaporte/DNI coa solicitude) e • - estudantado de filoloxías (optando a prazas en universidades nas que a linguaoulinguas de instrución coincida coa dos seusestudos) IDIOMAS
ERASMUS+ Convenios entre Facultades, especificando áreas de estudo A USC atópase no proceso de renovación de todos os convenios Erasmus (máis de 1000) Co fin de poder ofertar o máximo número de destinos posible publicaraseunhalistaxe provisional de convenios asinados coa convocatoria e a listaxe definitiva antes da asignación de destinos no centro DESTINOS / UNIVERSIDADE DE ACOLLIDA
A través da Secretaría Virtual do estudante Achegando título/s de idioma Achegando Certificado Bancario Prazo de 1 mes solicitude
IMPORTANTE Comprobar que estea o teuemail actual e correcto na aplicación, e Teléfono e demáis datos persoais Seguinte pantalla: elixir o plan de estudos e a convocatoria de Erasmus
Dúas fases: Selección previa e asignación de destino • Selección previa (SRE) na que se exclúen os candidatos que non cumpren os requisitos formais, académicos ou lingüísticos: • Non ter aceptado outra mobilidade • Acreditar como mínimo nivel B1 na lingua do país de acollida ou superar cun “apto” a proba B1-A do CLM. O proceso de selección
Asignación de destinos: O alumnado será seleccionado en virtudedunprocedemento público de concorrencia competitiva, de acordocos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade • É moi importante que o alumnado se informe sobre a oferta académica das universidades de destino que lle interesan, dos posibles requisitos de idioma superiores ao B1, etc., antes de acudir á reunión de asignación de destinos • Terase en conta: • - a nota media do expediente académico, • - a adecuación ao programa de intercambio, e • - as competencias lingüísticas acreditadas nasolicitude do alumno • NON HABERÁ LISTAXES DE RESERVA, nin asignación de prazas alternativas despois da publicación da listaxe definitiva polo SRE O proceso de selección
Poñerse en contacto cocoordinador académico correspondente no seu centro para asesorarse sobre destinos e materias a incluír no acordo Unha vez seleccionado, aceptar ourexeitar a mobilidade en forma e prazo segundo indicado na convocatoria (normalmente en 10 días) Realizar nauniversidade de destino os trámites administrativos que esta determine, por exemplo formularios de candidatura, reserva de residencia, na forma e no prazo indicado polauniversidade Formalizar un acordo de estudos Realizar a matrículana USC nos prazos establecidos, polo total dos créditos que figuran no acordo, Contratar aomesmo tempo o seguro obrigatoriode accidentes e asistencia en viaxe para estudantes que dispón a USC Proporcionar ao SRE todos os documentosrequiridosna convocatoria, especialmente os certificados de chegada e de fin de presenza Realizar os estudos en destino e regresar cunhacualificación (superado ou suspenso) OBRIGAS DO ALUMNADO
modelo-documento na web USC internacional (elixir segundo campus USC) (Cómpre empregar o modelo normalizado) • definitivo cando esteaasinado polo estudante, polo coordinador académico, polo SRE (como coordinador institucional da USC) e polauniversidade de destino: Non haberámodificacións ata o primeiro mes da estadía. • vinculantesempre que se cumpran os requisitos establecidos para o programa de intercambio, o plan de estudos da titulación do estudante e as normas de matrícula e permanencia da USC • ECTS 1 semestre: 20 min a 30 max • ECTS 2 semestres/curso completo: 40 min a 60 max • LICENCIATURA: non suspensas (matricularse e examinarse na USC) • GRAO: pódese incluírunhamateria suspensa por cada curso matriculado na titulación (excluído o da mobilidade). Do resto das suspensas poderá matricularse no semestre sen mobilidade, en caso de ir só un semestre. ACORDO DE ESTUDOS
“ Créditos optativos ( en licenciatura “Libre configuración”) : – programa de intercambio", sen especificar a materia, por non coincidir coas materias da titulación. O coordinador da universidade de destino deberá aprobar en cada caso a actividade realizada e o número de créditos aplicables. O total de créditos recoñecidos non poderá exceder os matriculados baixo esta epígrafe. O período de intercambio poderáincluírunha formación prácticae traballosacademicamentedirixidosou similares, se estestraballos figuran no plan de estudos. Os traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de máster (TFM) poderán prepararse ben na USC ben nauniversidade de destino, e defenderasena USC, segundo quede establecido polaregulamentaciónxeral de traballos de fin de grao e de fin de máster da USC.
Na resolución de recoñecemento de estudosterá que figurar a denominación concreta e os créditos aplicables a cada materia ouactividade realizada As cualificacións serán as que figuren na certificación expedida polauniversidade de destino, sen que se poida realizar ningún tipo de ponderación. Non serán recoñecidosestudosou actividades realizados que non figuren no acordo de estudos, ninaqueles dos que o estudante non se matriculase previamente, senprexuízo da posiblidade da súa constancia no suplemento europeo ao título (SET). RECOÑECEMENTO Da estadía
grazas GRAZAS