1 / 21

OLIMPIA

OLIMPIA. Milagros Patiño Castiñeira. Onde? Na Élide,no noroeste do Peloponeso. Cando? Xogos Olímpicos: 776 a.C-393 d.C. Inicio dos xogos modernos: 1896. Segundo unha lenda,Zeus fundou os xogos en recordo do triunfo sobre Cronos.

kemp
Download Presentation

OLIMPIA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. OLIMPIA Milagros Patiño Castiñeira

  2. Onde? Na Élide,no noroeste do Peloponeso. • Cando? Xogos Olímpicos: 776 a.C-393 d.C. Inicio dos xogos modernos: 1896

  3. Segundo unha lenda,Zeus fundou os xogos en recordo do triunfo sobre Cronos. Segundo Píndaro,o fundador sería Heracles,por iso as metopas de templo de Zeus representaban os seus 12 traballos. ORIXE DOS XOGOS Reconstrución do templo de Zeus,en Olimpia

  4. Os xogos durante un tempo deixaron de celebrarse,polo que puideron ser renovados por Pélope. No ano 776 a.C. levouse a cabo a primeira olimpíada, na que os gregos situaban o comezo da era, pola que establecían a súa cronoloxía. Teodosio, no ano 393 d.C prohibiu os xogos, poñendo fin ás olimpíadas do mundo antigo. ORIXE DOS XOGOS

  5. ORGANIZACIÓN DOS XOGOS • Tiñan carácter relixioso e deportivo, celebrábanse cada 4 anos. • Tres heraldos anunciábanos na ágora da cidade,proclamando a tregua sagrada e dicindo: “Nos xogos pode participar calquera cidadán grego nacido en liberdade,que non teña mancha de crime e que non leve a maldición dos deuses.Que o mundo se vexa libre de asasinatos e crimes e que cese o bruído das armas!”

  6. ORGANIZACIÓN DOS XOGOS • Os participantes adestraban durante 10 meses na súa cidade,e logo un mes intensivo na Élide.

  7. ORGANIZACIÓN DOS XOGOS • O primeiro día celebrábase unha procesión ata o altar de Zeus,facíanse sacrificios e xuramentos. • Nos tres días seguintes celebrábanse as competicións, e o derradeiro entregábanse os premios.

  8. ORGANIZACIÓN DOS XOGOS • O vencedor era coroado cun ramo de oliveira no templo de Zeus. • Dábaselle tamén unha folla de palma e unha banda branca para cinguir a fronte. • Ao seu regreso á súa cidade,sería honrado como un rei.

  9. DEPORTES OLÍMPICOS • Carreiras: -dromoV(un estadio) -diauloV(ida e volta) • dolicoV(resistencia: • 4.600m.) -oplitodromoV(con armas pesadas) -lampaderomia(relevos con fachos)

  10. DEPORTES OLÍMPICOS • Loita libre: Había que tirar catro veces ao contrario.Había dúas categorías:adultos e mozos.

  11. DEPORTES OLÍMPICOS • Puxilato: Poñían tiras de coiro como luvas.Arremetían un contra o outro ata que un cedía ou caía.Para “tirar a toalla” levantaban o dedo índice.

  12. DEPORTES OLÍMPICOS • Pancracio: Combinación de loita libre e puxilato.Tratábase de poñer ao contrario fóra de combate fose como fose.

  13. DEPORTES OLÍMPICOS • Péntatlon: Comprendía:carreira, salto,disco,xavelina e loita libre. 6. Lanzamento de disco: Lanzaban un disco de bronce,e a técnica era como a actual

  14. DEPORTES OLÍMPICOS • Xavelina: O atleta tiña que lanzar unha xavelina de madeira duns 2 m. Con punta de metal.Cara a metade tiña unha correa cun nó corredizo no que metían dous dedos para manexala mellor.

  15. DEPORTES OLÍMPICOS • Carreira de cabalos: Realizábase a cabalo ou en carros.Cada carreira consistía en 12 voltas ao hipódromo.Ao principio e ao final da pista había un poste que debían rodear.A victoria era para o dono dos cabalos,non para o auriga.

  16. O PÚBLICO En Olimpia xuntábanse amigos ou facíanse amizades,establecíanse contratos entre negociantes e entre políticos,oíanse novidades de toda Grecia , intercambiábanse ideas sobre arte,filosofía,literatura e educación. Acudiron persoaxes tales como Tales,Platón,Heródoto...

  17. A MULLER E OS XOGOS • Non podían asistir mulleres aos xogos,só podían participar como donas de cabalos. • Cada 5 anos celebrábanse un xogos chamados Xogos Hereos (en honor da deusa Hera) nos que participaban mulleres. • As gañadoras tamén recibían a coroa de oliveira e unha parte da res sacrificada a Hera. Templo de Hera(Olimpia)

  18. OLIMPIA HOXE • Nas primeiras escavacións en Olimpia (1875-1881) desenterráronse diversos edificios,así como 130 esculturas,400 inscricións,1.000 terracotas e 13.000 obxectos de bronce. • Dos distintos edificios que había en Olimpia só podemos ver pouco máis que os cimentos.

  19. OS XOGOS OLÍMPICOS HOXE • Olimpia segue sendo hoxe o punto de partida do facho olímpico.

  20. OS XOGOS OLÍMPICOS HOXE • Fronte as ruínas do templo de Hera, celébrase unha cerimonia que pretende volver a vivir o método usado na antigüidade: unhas actrices fan o papel de sacerdotisas de Hestia e colocan un facho na concavidade dun espello parabólico que concentra os raios do Sol que acende a chama que marcará o inicio dos Xogos.

  21. FIN

More Related