290 likes | 367 Views
EMENDAS GMPP ORDENANZA CIRCULACIÓN. 23/VIII/2012. RESUMO. 16 emendas de substitución 45 emendas de adición 6 emendas de supresión TOTAL: 67 EMENDAS. 1. REDUCIÓN DAS CONTÍAS DAS SANCIÓNS (ANEXO I). 2. AMPLIACIÓN PUNTOS CARGA E DESCARGA (CED) (ART. 65.3)
E N D
EMENDAS GMPPORDENANZA CIRCULACIÓN 23/VIII/2012
RESUMO • 16 emendas de substitución • 45 emendas de adición • 6 emendas de supresión • TOTAL: 67 EMENDAS
2. AMPLIACIÓN PUNTOS CARGA E DESCARGA (CED) (ART. 65.3) Vantaxes de aumentar o número de puntos de carga e descarga no casco histórico: • Facilitar realización tarefa CeD • Axilizar ao máximo labores CeD • Menor concentración vehículos/zona CeD • Menor tempo de estancia vehículos CeD Beneficiándose veciños, comerciantes e repartidores
3. CIRCULACIÓN PEÓNS (ART. 48.2) • Borrador ordenanza: todo peón debe circular pola beirarrúa da dereita con relación ao sentido da súa marcha (...) • Proposta GMPP de supresión: • Non é lóxico impoñer os sentidos de circulación peóns • Vulnera a propia liberdade individual de movementos • Consecuencias negativas para o comercio • Favorece retencións en momentos puntuais (saídas de colexios, grandes aglomeracións)
4. SERVIZOS EMERXENCIA (I) • Art. 25.3 sobre foto-vermello: proposta GMPP para que nos semáforos dotados dun sistema de foto-vermello, os vehículos que sobrepasen a devandita regulación cando teñen prohibido o seu paso non serán obxecto de sanción, sempre e cando esta manobra se realice para ceder o paso a un vehículo en situación de emerxencia * Na actualidade, estanse a sancionar estes casos
SERVIZOS DE EMERXENCIA (II) • Art. 25 sobre utilización vehículos privados en situación de emerxencia • Borrador: os vehículos privados deben ser sancionados cando realizan servizos de emerxencia • Proposta GMPP: se se xustifica axeitadamente a necesidade de emerxencia, non multar aos devanditos vehículos polas infraccións que poidan cometer durante este traslado.
SERVIZOS DE EMERXENCIA (III) • Incorporar un apartado sobre o comportamento a seguir ante un vehículo en situación de urxencia (DXT): Cando existan dous ou máis carrís para cada sentido da circulación, os vehículos que se atopan no carril dereito deberán desprazarse cara á súa dereita e os que están no carril esquerdo desprazaranse cara á súa esquerda. Deste xeito, quedará un carril central para facilitar o paso do vehículo en situación de urxencia
5. MOTOS • Posibilidade de utilización do arcén (art. 15): que se permita a motocicletas, ciclomotores e ciclos o emprego da beiravía en caso de atascos ou situacións de retención, sempre que o resto dos vehículos estean completamente detidos, co obxectivo de axilizar a circulación. Uso responsable, a unha velocidade axeitada e respectando a debida prioridade en caso de existir peóns ou ciclos nesta zona da calzada. • Estacionamento (art. 40,a): permitir ás motocicletas, no caso de que estean ocupadas as prazas reservadas para estes vehículos, a utilización do resto de lugares de libre estacionamento (fronte á ordenanza, que o impide taxativamente)
6. ACCESO VÍAS CIRCULACIÓN RESTRINXIDA (ART. 65) • Establecementos hoteleiros e de hospedaxe • Recollida de compras de gran volume • De persoas maiores, con problemas de mobilidade ou lesionadas (sen ter que desprazarse necesariamente nun vehículo de residente, como obriga o borrador)
7. GORRILLAS (art. 12.7) • Borrador ordenanza: infracción leve • Proposta GMPP: infracción grave
8. TRANSPORTE PÚBLICO (38,2.g) • Borrador ordenanza: obriga de situar o autobús na zona delimitada, sen obstaculizar en ningún caso a circulación • Proposta GMPP: dotar aos condutores de autobús da posibilidade, no caso de que as paradas se atopen ocupadas, de realizar a correspondente parada na calzada, obstaculizando a circulación sempre o menor tempo posible • Art. 73 contempla como infracción grave parar ou estacionar no carril-bus. Propoñemos que dado que en certos períodos horarios si está autorizado, se recolla esta circunstancia
9. OBRAS • Art. 12: solicitamos protocolo para regulación na realización e sinalización das obras, así como para instalación de contedores de obra • Art. 50: Borrador ordenanza: prohibe circulación de vehículos e maquinaria de obras fóra da zona onde se están a realizar (prohibiría a circulación mesmo para certa maquinaria municipal) Proposta GMPP: permiso para circular todos os vehículos de obra, agás os extraviais non autorizados para a circulación segundo a súa propia normativa
10. OCUPACIÓN VÍA PÚBLICA • Proposta GMPP (art. 66.2): concretar con que antelación facer a solicitude e con que prazo conta o Concello para concedela • Proposta GMPP (art. 66.2): concretar a forma de avaliar e cuantificar os gastos derivados de librar de vehículos a zona reservada
11. RETIRADA E DEPÓSITO VEHÍCULOS • Art. 76.4 Proposta GMPP de incorporar o modo de avaliar e cuantificar os gastos de inmobilización do vehículo • Art. 77.1: Proposta GMPP de aclarar as condicións e prazos para que se poida considerar un vehículo en estado de abandono • Art. 77.3: Proposta GMPP de sinalizar in situ a retirada do vehículo por parte das autoridades municipais • Art. 78.2: Proposta GMPP para a sinalización in situ, a aclaración do modo do contacto para poder localizar o vehículo e quen asumirá os custes derivados do desprazamento do propietario do vehículo retirado para a súa recuperación nos casos de comitivas, procesións ou reparacións e mantemento de vía pública
12. TRATAMENTO VEHÍCULOS COMO RESIDUOS (ART. 78) • Segundo a ordenanza, o vehículo poderá ser tratado como residuo aos dous meses de ter sido inmobilizado ou retirado da vía pública • Proposta GMPP: garantir todas as formas de notificación ao propietario (pode estar fóra da cidade) + ampliar o prazo • Segundo a ordenanza, un vehículo aparcado durante un mes con desperfectos ou sen as placas de matrícula pode ser tratado como residuo • Proposta GMPP: garantir todas as formas de notificación ao propietario (pode estar fóra da cidade e descoñecer os danos) + ampliar o prazo
13. SISTEMA ORA • Art. 38 apdo 4-c: alúdese a unha ordenanza inexistente (Ord. de Regulación do Aparcamento); a que existe é a Ord. Xeral de Policía de 1991 • Art. 39.2 apdo w-3: insístese en multar por estacionar fóra do perímetro sinalizado na calzada como praza de estacionamento. Proposta GMPP: sanción só nos casos nos que a invasión afecte ao carril de circulación ou lugares que non pertenzan ao sistema ORA (nunca por invadir dúas prazas de zona azul, como acontece na actualidade)
SISTEMA ORA (II) • Art. 39.2 apdo w)-5: contempla sancións para vehículos estacionados en rúas de residente distinta á que el ten asignada. Proposta GMPP: concesión de tarxeta por zona, non por rúa
14. VENDA AUTOMÓBILES RÚA (ART. 32.2.u) • Borrador : totalmente prohibida a venda de automóbiles na rúa • Proposta GMPP: de acordo coa ordenanza de espazos públicos dedicados á venda ambulante aprobada por unanimidade hai menos dun ano, permitir a venda naqueles casos nos que se conte coa preceptiva autorización
15. PARADA (ART. 39.1.X) E ESTACIONAMENTO (ART. 39.2.T) NO LADO ESQUERDO DA CALZADA • Segundo o borrador, está prohibido parar e estacionar no lado esquerdo da calzada nas vías de dobre sentido de circulación • Proposta GMPP: concretar a redacción para que quede claro que a referencia á esquerda se refire no sentido da marcha, co obxecto de non invadir o carril de sentido contrario
16.REFORZO ATRIBUCIÓNS AXENTES • Reforzar a capacidade das autoridades para solicitar documentación aos condutores, non limitándoa só ao caso de accidentes (art. 73, 4.q) • Non limitar a obriga de someterse aos controis de alcoholemia aos casos de accidente (art. 73.5,d)
17. TARXETA MINUSVÁLIDO • Evitar o uso fraudulento das tarxetas de minusválido reguladas no art. 41 e limitar a súa utilización por parte de persoas alleas aos casos nos que a utilización estea debidamente xustificada e directamente relacionada co desprazamento ou necesidades do titular da tarxeta (no borrador, calquera persoa poderá usar esta tarxeta con independencia de ser o seu titular ou non)
18. ASPECTOS RXC • Incorporación de aspectos do Regulamento Xeral de Circulación (RXC): • No art. 9.7: Taxas de alcohol en sangue e aire espirado (art. 20 RXC) • No art. 10.2: Comportamento para inmobilizar vehículo por emisión de perturbacións e contaminantes (art. 7.2 RXC) • No art. 19 sobre probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos, concretar o procedemento para estes eventos (art. 55 RXC) • No art. 46 bis sobre uso de casco e elementos de protección, incorporar o art. 118 do RXC • No art. 47 sobre auxilio en accidentes, engadir o apartado 2-b do art. 119 do RXC
19. ASPECTOS LTCVMSV • Incorporación de aspectos da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (LTCVMSV): • No art. 10: Requisitos que deben cumprir os instrumentos de medición de perturbacións e contaminantes (art. 70.2 LTCVMSV)
20. ALUMEADO POBOACIÓN • Art. 42, relativo ao uso obrigatorio do alumeado, propoñemos que se inclúa a recomendación da DXT do emprego do alumeado de poboación durante todo o día para facilitar a visibilidade e mellorar a seguridade do tráfico no municipio
21. CAMBIO CUALIFICACIÓN INFRACCIÓNS • Borrador ordenanza (art. 55 e 56) establece a prohibición de agarrarse a outros vehículos para ser remolcados, tanto en bicicleta como noutros aparellos de mobilidade persoal e calificándoa como leve • Proposta GMPP á vista dos riscos que entraña para infractor, resto dos vehículos e usuarios da vía: cualificar infraccións como graves
22. OUTRAS EMENDAS • Permitir a reparación de vehículos en casos de emerxencia puntuais (art. 12.3) • Prohibición de botar á vía calquera tipo de obxecto (non só os susceptibles de causar incendios ou accidentes) tanto na prohibición (art. 12.5), como na súa consideración como infracción grave (art. 73, 4.n) • Delimitación lonxitudinal de prazas de aparcamento sen dividir o total do espazo praza por praza (art. 38, 3.c)
23. SUPRESIÓN • Art. 18: eliminación referencias autoestradas e autovías de competencia municipal • Art. 39: eliminación mencións raís de tranvías • Art. 42, apdo 1: eliminación referencias túneles • Art. 42, apdo 5.c: eliminación referencias carrís reversibles • Art. 73: eliminación referencias autoestradas e autovías
ORDENANZA - CAMBIAZO • Artigos bis (ex. 46 bis): o uso deste recurso limítase a modificacións posteriores nun texto legal previamente aprobado • Moi escasas mencións ao Concello de Lugo • Ausencia de contidos específicos relativos ao tráfico e á realidade física do municipio