1 / 58

ESPAZOS NATURAIS Parga-Ladra-Támoga

ESPAZOS NATURAIS Parga-Ladra-Támoga. Abrangue parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla.

linus
Download Presentation

ESPAZOS NATURAIS Parga-Ladra-Támoga

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ESPAZOS NATURAIS Parga-Ladra-Támoga

  2. Abrangue parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla. O espazo protexido inclúe as lagoas de Cospeito, Santa Cristina, Reboredo, Pedroso, Codesido, Fontefría, Denune e Seixas, e as zonas húmidas de Lamas de Xermar e Xoibán. EXTENSIÓN: 5.013,01 ha CONCELLOS: Abadín, Baleira, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba, Xermade. PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: lagoas, bosques de ribeira, ríos, aves acuáticas, anfibios....

  3. Río Miño. Fórmase coas augas que baixan dos montes de Meira e énchese, no seu curso alto, coas que recolle da Terra Cha e das serras que a circundan. Percorre a chaira cun curso lento formando meandros e illas. Despois de 307,5 km de percorrido desemboca na Guarda. Nesta parte do seu percorrido recibe pola dereita as augas do Anllo, Támoga, Ladra e Mera, e pola esquerda o Lea, Pequeno e Vilardón. O miño en Xustás (Cospeito), no comezo da área protexida.

  4. O Miño en Arcillá (Cospeito)

  5. Cela, entre Rábade en Outeiro de Rei

  6. Bosque na ínsua de San Roque en Outeiro de Rei

  7. O Miño en Rábade

  8. O Miño en Rábade

  9. O Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

  10. O Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

  11. Comfluencia do Ladra co Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

  12. O Miño na ínsua de Seivane (Outeiro de Rei)

  13. Carballeira na ínsua de Seivane (Outeiro de Rei)

  14. Ínsua de Seivane (Outeiro de Rei)

  15. Caneiro do Piago (Outeiro de Rei)

  16. Caneiro do Piago (Outeiro de Rei)

  17. O Miño en Piago (Outeiro de Rei)

  18. O Miño en Ombreiro (Lugo), no inverno, con augas altas.

  19. O Miño en Ombreiro (Lugo)

  20. O Miño en Lugo, no remate da área protexida.

  21. Río Támoga. Fórmase con varios regos que nacen no monte Monseibán (Serra do Xistral), pasa polos concellos de Abadín, Vilalba, Cospeito e Begonte e desemboca no Miño nas proximidades de Cela, facendo de fronteira entre os concellos de Outeiro de Rei e Cospeito. Drena a lagoa de Cospeito. Río Batán en Martiñá

  22. Lagoa De Cospeito Situada ao pé de Feira do Monte (Cospeito). Está alimentada polo río Guisande. Ocupa unhas cinco hectáreas, aínda que no inverno aumenta moito a superficie. Era a lagoa máis grande da Terra Cha (57,5 ha) pero foi desecada arredor de 1960 polo IRYDA e recuperada parcialmente en 1981. Ten un sendeiro que a rodea, varios observatorios e un centro de interpretación.

  23. A lagoa de Cospeito é un punto importante de cría de avefría, somorgullo pequeño, pita de auga, demo negro...No inverno aparecen grandes grupos de anátidas (alavanco real, charneco, pato cullerete, pato asubión, pato rabudo, parrulo chupón, parrulo cristado, ganso...) e limícolas (avefría, mazaricos...). Tamén son frecuentes as cegoñas e as garzas.

  24. Canle na de regulación da lagoa de Cospeito

  25. O Támoga en Támoga (Cospeito)

  26. Río Ladra Fórmase pola confluencia dos ríos Trimaz , que nace nos montes de Xermade; do Madalena, que nace na Serra da Carba e do Fabilas. Pasa por terras de Vilalba, Begonte e Outeiro de Rei e desemboca no Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei). Os seus principais afluentes son o Labrada e o Parga. O Ladra en Vilalba

  27. Lagoas de Riocaldo ou Pedroso Conxunto de cinco lagoas con distinto grao de naturalización orixinadas polas explotacións mineiras, situadas xunto ao río Ladra (Begonte).

  28. Lagoa de Riocaldo

  29. O Ladra en Begonte

  30. O Ladra en Uriz

  31. Confluencia do Ladra co Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

  32. Río Trimaz, unha das cabeceiras do Ladra, en Xermade. Os ríos da Terra Cha rebordan a miúdo durante a época de choivas.

  33. Alligal de Codesido (Vilalba). Unha extensa área de inundación do río Trimaz ocupada por prados húmidos e bosques de amieiras, bidueiros salgueiros e carballos. En Santabaia hai un manancial de augas termais.

  34. O río Madalena é outra das cabeceiras do Ladra. En Vilalba hai unha área recreativa cunha praia fluvial, un paseo ata a vila e varios muíños restaurados.

  35. O Madalena en Vilalba

  36. O río Labrada en Cazás (Xermade). O río Labrada é un afluente do Ladra que nace na Dorsal Galega.

  37. Ponte de Saa sobre o río Labrada (Vilalba)

  38. O río Parga é un afluente do Ladra que nace na Cova da Serpe e xúntase a el en Begonte. O Parga en San Alberte

  39. Rego de Requeixo, afluente do Parga.

  40. O Parga en Baamonde

  41. O río Narla nace nos montes do Corno de Boi e recolle as augas do Cordal de Ousá. Percorre 24 km en terreos de Friol e Outeiro de Rei e xúntase co Miño en Ombreiro.

  42. O Narla en Friol.

  43. Ao longo do curso dos ríos hai bosques de galería con salgueiros, freixos, amieiras, bidueiros e nas proximidades carballos, castiñeiros... A vexetación máis interesante é a ligada á auga: espadainas, xuncos, buños, esparganios, espigas de auga, lentellas de auga, ambroíño de río, sombreiriño de auga, fento (Thelypteris palustris), Myriophyllum, masiega (Cladium mariscus), salgueiriño (Lythrum salicaria), Galium palustre, trevo de auga (Menyanthes trifoliata), Eryngium viviparum, Luronium natans, Narcissus bulbocodium, Narcissus pseudonarcissus nobilis...frundio (Myrica gale). Ceratophyllum demersum, Utricularia australis.

  44. Salgueiros en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

  45. Espadaina ou palla real (Typha latifolia). Os bofardos (froitos) desfanse no inverno e o vento e a auga levan as sementes para que poidan colonizar novos espazos.

  46. Chantaxe de auga (Alisma plantagoaquatica)

  47. Herbas da prata (Ranunculus peltatus)

  48. Frundio (Myrica gale).

  49. Ambroíños enanos (Nynphoides peltata). Planta pouco común que se pode atopar nalgúnspuntos do Miño. En Galicia está en perigo de extinción.

  50. Ludwigia palustris. Florece no verán en pozas e regatos de pouca corrente, como as da Terra Cha.

More Related