1 / 59

ESPAZOS NATURAIS Os Ancares

ESPAZOS NATURAIS Os Ancares. LIC, ZEPVN “Os Ancares-O Courel” EXTENSIÓN: 102.439,90 ha (Xunto co Courel) CONCELLOS: Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro.

noura
Download Presentation

ESPAZOS NATURAIS Os Ancares

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ESPAZOS NATURAIS Os Ancares

  2. LIC, ZEPVN “Os Ancares-O Courel” EXTENSIÓN: 102.439,90 ha (Xunto co Courel) CONCELLOS: Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro. VALORES NATURAIS: fragas, monte baixo, brañas, pegadas glaciarias, ríos, bosques de ribeira, fervenzas, paisaxe e unha rica flora e fauna. ZEPA “Os Ancares” DATA: 2-4-2004 SUPERFICIE: 12.564 ha CONCELLOS: Cervantes, Navia de Suarna

  3. Forma parte dun gran espazo que inclúe: Os Ancares, O Courel, O Cebreiro, Samos e o curso do río Lor ata a súa desembocadura no Sil. Unha área de montaña na que se acadan case os dous mil metros altura. O río Navia separa os dous grandes grupos de montañas, e os Ancares do Cebreiro e o Courel. Os Ancares son montes de perfil suave formados por lousas paleozoicas entre as que aparecen cuarcitas e granitos que dan lugar a bolos e penedos. A rede fluvial forma parte da cunca do Navia. Conserva importantes valores xeolóxicos, ecolóxicos e etnográficos. Tres Bispos, Serra do Pando e Penarubia.

  4. Serra dos Ancares É a prolongación cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica que se extende en dirección NNE a SSO formando unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre os portos de Ancares e Pedrafita do Cebreiro e que separa administrativamente Galicia do Bierzo. Na vertente leste nacen os ríos que van á cunca do Sil e na oeste os da cunca do Navia (Ser, Rao...). O cume máis destacado é o Mostellar (1.924 m). Vista xeral da Serra dos Ancares desde Becerreá.

  5. Mostallar

  6. Tres Bispos

  7. Pena Rubia

  8. Serra do Agulleiro Esténdese con dirección SE-NO. O pico máis alto é o Bidual (1.414 m).

  9. Perpendicularmente ás liñas dos cumes dos Ancares aparecen profundos vales de orixe glaciar ocupados por ríos que desembocan no Sil (León) ou no Navia (Lugo). En varios lugares pódense observar mostras das glaciacións: Val de Tres Bispos, depósitos morrénicos do val de Bous en Piornedo... Morrenas glaciares

  10. Val Glaciar de Piornedo

  11. Rochas desgastadas pola acción do xeo no val de Piornedo.

  12. Serra de Barreiro Situada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao. O cume máis alto é o Dangoleo (1.181 m)

  13. Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galicia, Asturias e León. Serra de Surcio No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. O cume máis destacado é o Pico de Surcio (1.456 m).

  14. Cinsa

  15. Serra do Brañal Situada no linde con León, con orientación NE-SO. O punto máis alto é o Penedo de Murias (1.027 m). Penedo de Murias de Rao.

  16. Serra da Fiosa Esténdese con orientación N-S. Prolóngase cara ao oeste pola serra da Cortella, e ao noroeste pola serra do Vilar. O monte máis alto é o Fiosa, con 1422 m. Vista da serra da Fiosa desde Piornedo.

  17. Serras do Pando e Maseiras Pódese considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O cume máis alto é o Fieiró de Deva (1.643 m)

  18. Serra de Vilar, nas proximidades de Quindous.

  19. Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita. Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m. Forman o límite do espazo “Os Ancares”.

  20. Río Navia Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Recolle as augas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. Nesta comarca os afluentes son o Valdeparada, Cervantes, Quindous, Ser ou Ortigal, Vilapardín, e Rao ou Valouta.

  21. O Navia en Navia de Suarna

  22. Río Ser Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.

  23. Río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser, afluente do Navia. Ten un percorrido en moita pendente con rápidos e fervenzas.

  24. O rego de Bous ou de Piornedo nace no Penalonga e desemboca no río das Pontes (afluente do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos.

  25. O rego de Bous ou de Piornedo.

  26. Fervenzas das Pontes. No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das Pontes (Ser).

  27. Rego das Pasadas, afluente do Ser

  28. Río Rao. Fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso.

  29. Pesqueira de Lastroa. No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao, fronte ao penedo de Murias.

  30. Xantes, na primavera

  31. Xantes, no inverno

  32. Piornedo, o mais interesante valor etnográfico dos Ancares.

  33. Nas zonas baixas dos vales e ata os 1.500 m de altitude medran bosques caducifolios de enorme valor ecolóxico. Nas ladeiras soleadas están formados por cerquiños e nas sombrías de carballos acompañados de carba, abelairas, freixos, capudres, teixos, pradairos e acivros. Nas partes altas da serra aparecen bidueiros acompañados de piornos, xenebreiros, e xensás. O mato está formado por carqueixas, uces e arandeiras. Tamén hai áreas de prados e algunhas turbeiras.

  34. Fraga de Cabana Vella, un dos maiores bosques dos Ancares. Está situada no val do rego da Vara. Conserva exemplares monumentais de carballos e acivros.

  35. Un dos carballos máis antigos de Galicia, na fraga de Cabana Vella.

  36. Bosque de acivros na Cabana Vella. A escuridade que hai no interior destes bosques impide o desenvolvemento de calquera outro vexetal. Os acivros (Ilex aquifolium) son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.

  37. Abesedo de Donís.

  38. Capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia). É unha árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen aos paxaros durante o outono.

  39. Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e sérvenlle de refuxio á fauna.

  40. Lirio (Iris latifolia)

  41. Lilium martagon

  42. Pinguicola vulgaris, unha pequena planta carnívora que vive en zonas moi húmidas.

  43. Carballo (Quercus robur) da Cortella. (Becerreá). Ten 250 a 500 anos e mide 14 m de altura e 5,70 m de perímetro no toro.

  44. Cerquiño (Quercus pyrenaica) da Praza do Campo. Quindous (Cervantes). Mide 18 m de altura e supera os 100 anos.

  45. Follas e landras de Carba. Carba (Quercus petraea)da Praza do Campo. Quindous. (Cervantes). Mide 21 m de altura e 250 a 500 anos.

  46. Castiñeiro de Aucella. (Cervantes). Ten arredor de 400 anos, 29 m de altura e preto de 7 m de perímetro.

  47. Castñeiro de Verdello de Cereixedo. A Canceliña, Veiga do Seixo. (Cervantes ). Conta de 250 a 500 anos. Ten unha copa de gran envergadura e 22 m de altura.

  48. Castiñeiro en Rao (Navia de Suarna)

  49. Castiñeiros no Souto de Saencia (Navia de Suarna)

  50. Castiñeiro en Castelo de Frades. Mide 9 m de perímetro no toro.

More Related