230 likes | 370 Views
Á procura do acibeche en San Paio!!!!. Rede Museística Provincial San Paio de Narla. Shhhh, shhh…Non fagades ruido, senón madre abadesa toda tesa, vaime descubrir e entón non poderei saír deste maleficio.Ai, o que me temía, aí anda….
E N D
Á procura do acibeche en San Paio!!!! Rede Museística Provincial San Paio de Narla
Shhhh, shhh…Non fagades ruido, senón madre abadesa toda tesa, vaime descubrir e entón non poderei saír deste maleficio.Ai, o que me temía, aí anda…
Onde diaño anda ese axóuxere, seguro que anda a facer das súas…Ai, pero cántos nenos!. Voume presentar son madre abadesa tesa, miro a toda presa e son a propietaria de todo o acibeche que hai na fortaleza de San Paio de Narla, pero cómo non sabedes o que é o acibeche????
ABROCHENSE OS CINTOS, SEÑORES E SEÑORAS PASAXEIROS…. COMEZAMOS A RUTA POLO BONITO MUNDO DO ACIBECHE!!!
Imos explicar as seguintes cuestións: • Qué é o acibeche? • Quen o traballaba? • Onde se fixo importante? • De onde saia? • Índa se segue a facer na actualidade?
QUE É O ACIBECHE? O acibeche é unha variedade dunha pedra chamada lignito que é de consistencia dura , compacta e de cor negra e que se emprega para facer xoias, colares, pulseiras, aneis… Mirade, aquí abaixo está a pedra de acibeche sen traballar.
QUEN O TRABALLABA? Unhas persoas que se chamaban mestres acibecheiros, e que traballaban con precisión e motísimo coidado para que o acibeche non rómpese ao ser tallado porque é unha pedra que é difícil de traballar, que pese a súa dureza, quebra con extrema facilidade. Empregaban un banco onde dispoñían as ferramentas e o acibeche, usaban navallas (ás máis aprezadas eran as barbeiras) e limas que ían mangadas (con mangos). Cun dedal protexían o dedo de posibles cortes da navalla. A forma de pulir o acibeche era manual en dúas fases, nunha primeira fase aplicaban carbón vexetal disolto en auga, e nunha segunda fase fregando con esta substancia, impregnada en coiro, conseguíase deixar o acibeche afinado e sen poros.
Madre abadesa, toda tesa, é moi estirada e ten un xoieiro cheo de xoias, uf! Mete medo a colección que vos ten…
Demo de axóuxere, sempre o escoito falar pero cando dou chegado xa non está. Nenos e nenas de San Paio, vós vistelo? Shhh, shhh, nenos e nenas non lle digades que me vistedes, porfavor…
ONDE SE FIXO IMPORTANTE O ACIBECHE? DE ONDE SAIA? Gozou de moita importancia en Santiago de Compostela, pero viña de Asturias da súa cunca mineira, xa que é un material fósil que se extrae da zona comprendida entre Xixón e Ribadesella, en Oles (Villaviciosa). Asturias foi o principal exportador de acibeche para Inglaterra, de feito a raíña Victoria luciu unha importante mostra de xoias feitas en acibeche. Na actualidade en Santiago, conservamos unhas das portas da catedral que se chama Acibechería, e pola zona da rúa do Vilar e da rúa Nova, índa existen obradoiros adicados a facer xoias con acibeche, como os torques en brazalete e en aneis.
Porfavor nenos e nenas, socorrédeme. Vivo aprisionado en San Paio pero non podo andar ceibo porque todas as noites teño que durmir encarcelado por un maleficio que me botou madre abadesa, toda tesa e eu quero ser libre, vádesme axudar?
SE ME IDES AXUDAR, BERRADE CON FORZA ¡ Siiiiiii, axoúxere, imos axudarche queremos que vivas ceibe, non lle temos medo a madre abadesa, toda tesa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Cómoooooooo? Que non me tedes medo?. Nunca poderedes ceibar a axóuxere porque non sodes o bastante listos e listas para atopar a solución jaja Sempre gaño jaja
Auxilio! Roénme os ratos os calcetíns e poñénseme os dedos como chourizos do frío que papo…ai, ai!
Cala a boca! Se vos credes o bastante list@s para axudalo, vouvos dar as primeiras reglas para conseguir liberalo. Aí vai, neste salón de San Paio, mostras de acibeche hai, búscadeas e baixo elas un sobre atoparedes.
Caramba!. Non sodes nada burros, mecachis…JA! Pero seguramente que non tede idea do que é esa imaxe, pregúntadelle a Paquita a ver se sabe…
Nenos e nenas, esa é a pista, en San Paio hai unha figa representada baixo a cal está a miña prisión. Tedes que buscar por toda a torre de homenaxe, nunha…
Xa falaches dabondo,trasno bobo. Alá, a ver se te dan liberado, pero moito me temo que seguirás a ser o meu escravo e fárasme a cea todos os días do ano jajaja JA JA JA JA JA JAA, QUE LISTA QUE SON, POLVOS MÁXICOS DE EXPLOSIÓN
BEN PÍCAROS, COMEZA A PRIMEIRA PARTE DO OBRADOIRO, A BUSCAR UNHA FIGA (1ª PISTA) FEITA EN PEDRA PARA LIBERAR A AXÓUXERE. CANDO CHEGUEDES AÍ E ATOPEDES OUTRO SOBRE INDICARAVOS CAL É A 2ª PARTE DO OBRADOIRO.
2ª PARTE PRÁCTICA Collendo un fío, vades metendo macarróns e pasta polos buracos e, cando os teñades metidos, pintalos de cor negra para que parezcan cuentas de acibeche. Así, deste xeito, faredes colares, gargantillas, pulseiras e aneis imitando aos verdadeiros de acibeche. ¡ A TRABALLAR E DISFRUTAR APRENDENDO! ¡ALÁ IMOS!