100 likes | 233 Views
NORMAS PARA O CURSO 2009-2010. C.M. INSTALACIÓN E MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO DE MAQUINARIA E CONDUCCIÓN DE LIÑAS. Módulos de 1º curso e carga lectiva :. Técnicas de mecanizado (TECM) 444 sesións Electrotecnia (ELEC) 222 sesións
E N D
NORMAS PARA O CURSO 2009-2010 C.M. INSTALACIÓN E MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO DE MAQUINARIA E CONDUCCIÓN DE LIÑAS
Módulos de 1º curso e carga lectiva: Técnicas de mecanizado (TECM) 444 sesións Electrotecnia (ELEC) 222 sesións Automatismos eléctricos neumáticos e hidráulicos (AENH) 258 sesións Seguridade na montaxe e mantemento de equipos (SMEI) 66 sesións Relacións no contorno de traballo (RET) 66 sesións Administración, xestión e comercialización na empresa (ADME) 96 sesións TOTAL EN CÓMPUTO ANUAL 1.152 SESIÓNS
Módulos de 2º curso e carga lectiva: A DURACIÓN TOTAL DESTE CICLO É DE 6 TRIMESTRES Montaxe e mantemento mecánico (MMM) 264 sesións Montaxe e mantemento eléctrico (MME) 222 sesións Condución e mantemento de liñas automatizadas (CML) 174 sesións Calidade na montaxe e proceso(CALI) 66 sesións Formación e orientación laboral (FOL) 66 sesións Formación en centros de traballo (FCT) 380 horas en empresa TOTAL EN CÓMPUTO ANUAL 792 SESIÓNS LECTIVAS (50’) + 380 HORAS EN EMPRESA
Material obrigatorio: Os profesores dos distintos módulos poderán indicar a necesidade doutros materiais adicionais • Roupa de traballo: • Buzo. • Botas de seguridade. • Gafas de seguridade (Opcionais.) • Xabón líquido para mans. Útiles de traballo: • Calculadora científica. Por exemplo: casio fx-82L. • Lapiz de memoria USB de 1 GB de memoria como mínimo. • Regra, escuadra, cartabón e compás. • Lápiz e goma de borrar. • Material de escritura. Bolígrafo azul ou negro. NON É VÁLIDO VERMELLO OU VERDE. • Libros de texto: cada profesor indicará para cada módulo que imparta o libro de texto recomendado.
IMPORTANTE: Por motivos de seguridade dos alumnos. Os alumnos deberán seguir as indicacións de seguridade ordenadas polos profesores na utilización de máquinas de taller e instalacións do ciclo. Ningún alumno será admitido á clase no taller sen a adecuada roupa de traballo.
Normas de convivencia a destacar: Para máis información, consultar O REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO que está no corcho. Está prohibido o uso dos móbiles nas aulas. Non está permitido comer nin beber dentro das aulas. O deterioro intencionado do material, tanto na aula como no taller, é sancionable.
Matrícula no ciclo: É independiente a matrícula do primeiro curso da do segundo curso. Para poder matricularse no segundo curso é necesario: • Ter superados todos os módulos do primeiro curso. • Só suspender un dos módulos. • Só se poderán suspender dous módulos no caso de: • Electrotecnia máis Seguridade, • Electrotecnia máis Relacións no equipo de traballo, • Administración máis Seguridade • Administración máis Relacións no Equipo de Traballo OU • Seguridade máis Relacións no Equipo de traballo. • Poderanse suspender tres módulos no caso de Administración, Seguridade e Relacións no Equipo de Traballo.
Asistencia e perda do dereito á avaliación continua: Os alumnos de ciclos teñen a obriga de asistir a tódalas clases. As faltas de asistencia que superen o 10% da duración de cada módulo suporán a perda do dereito á avaliación continua dese módulo. A perda do dereito á avaliación continua supón que o alumno non poderá presentarse ós exames parciais do módulo, tendo polo tanto que realizar a fin de curso unha proba global de toda a materia, que incluirá aspectos teóricos e prácticos do módulo.
Puntualidade: • En caso de retraso de maneira puntual e por causas debidamente xustificadas o alumno pasará a clase se o profesor así o considera. • En caso de retrasos reiterados e sen xustificación o alumno non poderá acceder a clase.
Anulación da matrícula / baixa de oficio da matrícula: • Voluntaria por parte do alumno: • Antes do 31 de outubro NON CONSUME CONVOCATORIA. • Despois do 31 de outubro CONSUME CONVOCATORIAS. • Baixa de oficio: • por inasistencia continuada durante máis de 25 días lectivos • Por inasistencia discontinuada durante máis de 35 días lectivos A BAIXA DE OFICIO SUPÓN A PERDA DE CONDICIÓN DE ALUMNO/A E CONSUME CONVOCATORIAS