230 likes | 403 Views
RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA. O relevo do interior da Península Ibérica está formada por unha gran MESETA CENTRAL , atravesada e rodeada por sistemas montañosos. Uns sistemas cruzan o interior da Meseta, outros bordéana e outros dispoñense alonxados dela.
E N D
O relevo do interior da Península Ibérica está formada por unha gran MESETA CENTRAL, atravesada e rodeada por sistemas montañosos. Uns sistemas cruzan o interior da Meseta, outrosbordéana e outrosdispoñensealonxados dela. Os sistemas interiores á Meseta son: o Sistema Central e os Montes de Toledo Os sistemas que bordean á Meseta son: Montes Vascos, Cordal Cantábrico, Sistema Ibérico e Serra Morena Os sistemas exteriores á Meseta son: Macizo Galaico, Pireneos, Sistema Costeiro Catalá e as Cordilleiras Béticas
SISTEMA CENTRAL • Divide á Meseta en dúas partes: a Submeseta Norte e aSubmesetaSur • Esténdese desde o río Douro ata o río Texo • As súasserrasou montañas máis importantes son: Somosierra, Guadarrama, Serra de Gredos (onde se atopa o monte máis alto, o Almanzor), Serra de Gata e Serra da Estrela, esta última en Portugal
Montes de toledo • Esténdense desde o río Texo ata o río Guadiana • As súasserrasmáis importantes son: Serra da Caldeira, Guadalupe, Montanchez, Altamira, San Pedro, Chorito e Pocito
MONTES VASCOS • Esténdese desde o río Bidasoa ata a zona cántabra dos Picos de Europa. • Os seus montes máis importantes son: Peña Gorbea, Montes de Vitoria, Puerto del Escudo e Peña Labra.
CORDAL CANTÁBRICO • Formado polos Picos de Europa e os Montes de León • Os seus montes máis importantes son: Picos de Europa (onde se atopa o Torrecerredo, o monte máis alto), Porto de Pajares, Peña Ubiña, Peña Rubia, Peña Prieta e Teleno(en León)
Macizo galaico • Ocupa o noroeste da Península (Galicia). Podemos destacar: - En Lugo: Serra de Meira, Xistral, Courel e Ancares - En Coruña: Montes de Castelo - En Pontevedra: Faro de Avión, Serra do Suído, Montes do Testeiro e Serra de Santa Tecla
- En Ourense: Cabeza de Manzaneda, Cabeza de Meda, Serra de Sanmamede, Pena Trevinca(o pico máis alto), Montes do Invernadeiro, Serra de Larouco, Montes do Rodicio, Serra do Eixo, Serra de Queixa e Pena Negra
Sistema ibérico • Esténdese en diagonal dende os Picos de Europa ata o río Xúcar • As súasserrasmáis importantes son: Montes de Oca, Serra da Demanda, Urbión, Moncayo (que é o pico máis alto). Aquí o Sistema dividese en dúas direccións: unha que vai ó sur, con Albarracín, Montes Universais e Serra de Cuenca; e outra ó leste, onde están Javalambre e Pico de Gúdar.
SERRA MORENA • Esténdese desde o río Guadiana ata o río Guadalquivir • As súas alturas máis importantes son: Serra de Alcaraz, Paso de Despeñaperros, Serra Madrona, Serra de Almadén e Aracena. • O seu pico máis alto é a Madrona
pireneos • Esténdense desde o cabo de Creus (en Girona) ata o río Bidasoa (fronteira de Euskadi con Francia) • As súasserrasmáis importantes son: A Mesa dos Tres Reis, Serra do Cadí, Serra das Tres Irmáns, Serra Alberes, Monte Perdido, Paso de Roncesvalles, Canfranc, Posets e Aneto (que é o pico máis alto)
Sistema costeirocatalá • Tamén chamado Macizo Catalán • Os montes máis elevados son: Montsant, Montserrat e Montseny
CORDILLEIRAS BÉTICAS • Tamén chamadas Sistemas Béticos • Esténdese ó sur da Meseta. Atravesa a parte leste de Andalucía e vai desde o río Xúcar ata o Golfo de Cádiz • As súas alturas máis importantes son: Serra Carrasquete, Serra de Segura, A Sagra, Serra Nevada (onde se atopa o pico máis alto, que é o Mulhacén), Monte de San Cristobal, Serra Bermeja, Serra de Ubrique, Serranía de Ronda e Serra de Tolox
En Tenerife (as Illas Canarias) está o pico máis alto de España, o Teide
AS DEPRESIÓNS • Ademáis destas zonas elevadas e montañosas, na Península Ibérica haioutras zonas chas e baixas, son as depresións. As dúas máis importantes son: - A depresión do Ebro: está situado entre o Sistema Ibérico e os Pireneos - A depresión do Guadalquivir: atópase entre Serra Morena e as Cordilleiras Béticas