1 / 69

Ou como Penélope decidiu acompañar a Ulises.

FACERSE AO MAR. Ou como Penélope decidiu acompañar a Ulises. Unidade didáctica para Ensino Secundario e Bacharelato Marta Dacosta Alonso.

pules
Download Presentation

Ou como Penélope decidiu acompañar a Ulises.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. FACERSE AO MAR Ou como Penélope decidiu acompañar a Ulises. Unidade didáctica para Ensino Secundario e Bacharelato Marta Dacosta Alonso

  2. Esta unidade didáctica titúlase Facerse ao mar, é dicir, iniciar unha viaxe. Unha viaxe que ten por obxecto reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres, tomando como pretexto e documentación textos poéticos en que se atopan elementos para propiciar o debate e procurar unha maior sensibilidade sobre este tema. A unidade leva por subtítulo “Ou como Penélope decidiu acompañar a Ulises”, porque esta personaxe literaria representa o rol tradicionalmente asignado á muller, e nós queremos ofrecer a posibilidade de superar esa situación para chegar a un tempo novo en que homes e mulleres viaxemos xuntos e compartamos de forma igualitaria a viaxe e o que nela aconteza.

  3. Quen é Penélope ? Πηνελοπεια Penélope é unha das personaxes da lenda de Ulises que aparece recollida en A Odisea, poema épico atribuído a Homero. Penélope era a compañeira de Ulises, rei de Itaca, e un dos que acode ao chamamento de Menelao para atacar Troia. É así como inicia unha longuísima viaxe, chea de aventuras, que dura uns vinte anos. Durante todo ese tempo ela vaino agardar e gardarlle fidelidade. Estatua de Penélope no Vaticano Fonte: www.wikipedia.org

  4. Mentres, moitos homes acoden a Ítaca e tentan convencer a Penélope da morte do seu home para casar con ela. Penélope resístese e idea unha estrataxema para entreter os seus pretendentes, que xa loitan entre si para saber quen casará con ela. Promete casar cun deles no momento en que remate o sudario que está confeccionando para o rei Laertes. Mais Penélope destece de noite o que teceu de día, prolongando infinitamente a confección da tea para evitar ter que casar e agardar a que regresa Ulises. Por este motivo Penélope simboliza a fidelidade e a castidade. Penelope (Le travail interrompu), por Adolphe William Bougereau, 1891.

  5. Πηνελοπεια non viaxou ... Na literatura actual, a personaxe de Penélope ten o significado simbólico de representar a muller que desenvolve o rol feminino estabelecido de ama de casa que queda no fogar para coidar del e dos seus habitantes, a muller que renuncia a toda evolución persoal ou a realizar os seus soños. Esa foi Penélope, a que quedou no fogar resistindo fronte aos pretendentes, gardando o reino de Itaca dos usurpadores, mentres Ulises viaxaba e se enriquecía espiritualmente coñecendo outras terras e outras xentes. Penélope permanece no fogar e nin coñece mundo nin aprende nada. Por iso as Penélopes do século XXI decidimos viaxar, porque tamén queremos coñecer e saber.

  6. Pesquisar: Para saber máis sobre estas personaxes podes buscar información no libro de Anisia Miranda, Mitos e lendas da vella Grecia, publicado por Edicións do Castro.

  7. TEMPO DA MULLERTEMPO DA IGUALDADE

  8. Rosalía de Castro

  9. Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes na historia da literatura universal, non só na galega, debeu enfrontarse a unha sociedade que non estaba preparada para asumir que unha muller escribise e triunfase nese labor. Rosalía convértese en escritora nun momento en que a sociedade galega, como a europea, ou como a sociedade en todo o mundo, non aceptaba que as mulleres puidesen realizar as mesmas actividades cós homes, como escribir, labor aínda máis difícil se quen escribía o facía nunha lingua que era consinderada inculta ou que mesmo non tiña a consideración de lingua. Rosalía tivo que desenvolver o seu labor baixo esta dobre crítica: a de ser unha muller non “normal” por realizar un traballo asignado comunmente aos homes e a de facelo empregando a lingua dos labregos e o pobo máis pobre. Por este motivo podemos dicir que Rosalía foi dobremente ousada.

  10. Ela foi a primeira escritora que publicou un libro integramente en galego, Cantares Gallegos, co que se inicia o Rexurdimento en 1863.

  11. Xan vai coller leña ó monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco, E leva o fol ó muiño, E trai o estrume ó cortello, E vai á fonte por augua, E vai a misa cos nenos, E fai o leito i o caldo... Xan, en fin, é un Xan compreto, Desos que a cada muller Lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, Casi sempre atopa un Pedro. Pepa, a fertunada Pepa, Muller do Xan que sabemos, Mentras seu home traballa Ela lava os pés no rego, Cátalle as pulgas ó gato, Peitea os longos cabelos, Bótalles millo ás galiñas Marmura coa irmán d'o crego, Mira si hai ovos no niño, Bota un ollo ós mazanceiros, e lambe a nata do leite E si pode bota un neto Coa comadre, que agachado Traillo embaixo do mantelo, E cando Xan pola noite Chega cansado e famento, Ela x'o espera antre as mantas, E ó velo entrar dille quedo: —Por Dios non barulles moito, Que me estou mesmo morrendo. —¿Pois que tés, ña mulleriña? —¿Que hei de ter? deita eses nenos Que esta madre roe en min Cal roe un can nun codelo, I ó cabo ha de dar comigo Nos terrós do simiterio... —Pois, ña Pepa, toma un trago De resólio qu'aquí teño, E durme, ña mulleriña Mentras os meniños deito. De bágoas se enchen os ollos, De Xan ó ver tales feitos, Mas non temás, qu'antre mil, N'hai mais q'un anxo antre os demos, N'hai mais que un atormentado Antre mil que dan tormentos. “Xan”, Follas Novas, 1880.

  12. Neste poema de Follas Novas, Rosalía emprega un recurso literario que chamamos ironía consistente en dicir o contrario do que se pensa para resaltar o que realmente queremos dicir mais deixando claro, neste caso ao final do poema, que está a falar dunha situación extraordinaria

  13. O poema “Xan” reflexiona sobre a situación da muller, mais non o fai dicindo directamente as penurias que as mulleres pasan. Empregar o recurso da ironía é unha forma de procurar a empatía do lector ou lectora, evitando un tratamento máis directo e crítico que podería conlevar o seu rexeitamento. É pois un recurso empregado coa finalidade de procurar a boa acollida da crítica social que no poema se fai e para pór de relevo unha situación que non é a habitual, pois o habitual é que as mulleres soporten importantes xornadas de traballo, o que se chama dobre xornada laboral.

  14. Como dixemos antes, Rosalía de Castro, a quen hoxe recoñecemos como a grande poeta nacional que dá inicio á recuperación da nosa literatura, experimentou a negación á que a sociedade somete ás mulleres. Rosalía foi negada, como muller e como escritora, e así o recolle ela mesma no texto Las literatas. Carta a Eduarda.

  15. “Por lo que a mi respecta, se dice muy corrientemente que mi marido trabaja sin cesar para hacerme inmortal. Versos, prosa, bueno o malo, todo es suyo; pero sobre todo lo que les parece menos malo, y no hay principiante de poeta ni hombre sesudo que no lo afirme. ¡De tal modo le cargan pecados que no ha cometido! Enfadosa preocupación, penosa tarea, por cierto la de mi marido, que costándole aún trabajo escribir para si (porque la mayor parte de los poetas son perezosos), tiene que hacer además los libros de su mujer, sin duda con el objeto de que digan que tiene una esposa poetisa (esa palabra ya llegó a hacerme daño) o novelista, es decir, lo peor que puede ser hoy una mujer.” Mª P. García Negro, A. Gómez Sánchez e F. Rodríguez Sánchez (ed.), Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX. Antoloxía, Vigo, AS-PG, 1996, páx. 35.

  16. Actividades: • Traduce para a nosa lingua o fragmento anterior. • Rosalía válese dunha figura retórica para realizar este comentario. Cal é esta figura? Emprégaa ti mesma, ti mesmo, nun breve texto en que recollas a valoración das mulleres na sociedade de hoxe en día. • O poema “Xan” é un romance (versos de arte menor que riman en asoante nos pares), é unha das estrofas máis sinxelas e ao tempo máis rítmicas. Por que non probamos a seguir o ritmo e escribimos un texto irónico sobre a situación da muller...?

  17. Para saber máis: Debemos explicar por que temos ante nós un texto escrito en castelán. Por un lado está o feito de que mesmo os defensores do noso idioma consideraban naquela altura que a nosa lingua non era axeitada para certos xéneros literarios, o cal é unha manifestación de diglosia. Mais debemos considerar tamén a argumentación de Celia Mª Armas no seu libro As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía. Nel conclúe a dificultade de que se unan dúas situacións de carácter extraordinario como son o feito de que unha muller escriba e que escriba en galego. A investigadora sinala que só se dá o caso de Rosalía Castro. As conclusións deste estudo rematan coas seguintes palabras: “Rosalía non só se tivo que enfrontar ás mesmas dificultades das coetáneas, senón que tivo que facer fronte a moitas outras derivadas da súa capacidade para ultrapasar fronteiras que lle tiñan predeterminadas xa non só á súa creación, senón á súa propria intelixencia. Foi moito máis alá do que calquer das outras, e xa non só nos temas que cultivou, senón no código que empregou ela en solitario, o galego, a lingua considerada da incultura e tamén a lingua protagonista do nacente e reivindicado sistema literario galeguista.” (páx. 335)

  18. Durante moito tempo a cara pública da humanidade foi o home: presidentes, escritores, políticos, médicos, mestres, músicos, investigadores,... a presenza da muller era unha excepción, pois o papel que a sociedade lle destinaba non incluía a realización de actividades que acadasen relevo público. Sucedía mesmo cando se representaban actividades que tanto eran realizadas por homes como por mulleres.

  19. Hoxe podemos atopar xa na literatura textos en que se fala da muller e se recuperan espazos. No seguinte poema as protragonistas son as mulleres traballadoras, concretamente as costureiras, traballadoras do sector textil. A Leiteira, 1658-60, Johannes Vermeer

  20. CEDO aínda de noite cada día as mulleres do barrio danzan ó son das máquinas de coser nos sotos sen transparencia ós ollos do pobo. Traballan os fíos nos beizos Biliscándoos cos dentes. Fanlles o amor coa lingua De xeito que entran sen grosura Polo burato da agulla. Cada día xa de noite collen o autobús de volta. Todas levan os dedos encarnados e a face de número dous. Cada día sempre as mesmas paredes cubertas de humidade e a cea sen facer. Pensar que as lavandeiras se extinguiran E de socato ver que unha se pousa ó pé das túas dedas Porque confundíu os fíos marróns con miñocas. En cada soño aparece o ritmo da incesable máquina e o puto número dous da face. A eterna dualidade do segundo número pitagórico. Antía Otero, “Cedo”, O son da xordeira, 2003. Fonte: http://sepiensa.org.mx/contenidos/historia_mundo/siglo_xx/eua/1_mayo/1_mayo.htm

  21. COSTUREIRAS 1908 129 mulleres costureiras da fábrica Sirtwood Cotton de New York morreron abrasadas no seu lugar de traballo Por que? Secundaban unha folga que tiña mobilizadas máis de 40.000 costureiras de Manhattan. As súas demandas eran a igualdade salarial co home, a mellora nas condicións hixiénicas da fábrica, un tempo para a lactancia e a redución da xornada laboral. O empresario negouse a dialogar coas súas empregadas e, segundo o mito, ordenou pechar todas as portas con cadeados e prender lume ás instalacións.

  22. Desde entón conmemórase todos os 8 de marzo o día da muller Xa sexa porque tivo lugar o incendio ese día, ou porque se realizou unha manifestación de mulleres para reivindicar os seus dereitos A cor lila é, teoricamente, a cor que as mulleres estaban empregando para tinxir as teas coas que traballaban.

  23. Para saber máis... “A historiografía máis estendida popularmente vincula a celebración dese día cos acontecementos que supostamente tiveron lugar en 1908 (...) Outros estudos, con poderosos argumentos para prestarlles atención, indican que o citado incendio non foi o 8 de marzo de 1908 senón o 25 de marzo de 1911 na fábrica da compañía Triangle Shirtwaist. Neste incendio morreron moitas traballadoras, a maioría inmigrantes de entre 17 e 24 anos.” Este información está extraída do artigo “Días para a memoria, días para a loita!”, de Silvia Bermúdez Pérez, que podedes ler íntegro enwww.galizacig.com e que foi publicado o 21 de marzo de 2005. No artigo referénciase como a historiografía oficial non recolle que a orixe do oito de marzo está vinculada á loita das mulleres comunistas e que ten entre as súas raíces as accións levadas a cabo polas mulleres rusas.

  24. Agora que sabes todo isto, como comentarías o poema “Cedo”? Lede a continuación este poema de Ana Romaní:

  25. Camiñan descalzas polas rochas, pantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece. Ana Romaní, “Camiñan descalzas polas rochas...”, Das últimas mareas, 1994.

  26. Actividades: • Que simbolizará “camiñar descalzas polas rochas”? • Por que podemos dicir que este é un poema en que a escritora fala dun novo tempo para as mulleres? • Sabes algunha lenda de naufraxios? • Sabes que son os “raqueiros”?

  27. Nahistoria… A historia está cheas de heroes masculinos, rara vez as protagonistas dos acontecementos son mulleres. Se ben é posíbel que o papel secundario que sempre se nos asignou tivese como consecuencia que non estivésemos presentes nos grandes acontecementos, tamén é certo que en moitas ocasións ese papel secundario conlevou que non se valorase debidamente a nosa contribución activa. En diferentes ámbitos estase a traballar para reparar esta inxustiza, tamén na literatura.

  28. Constanza de Castro Dona Constanza, a auga pezoñenta apousouche nos labios flor de morte. A carraxe que a sede foi máis forte, a traizón foi que a morte máis cruenta. Raza do Mariscal, raíz violenta, afondaches na terra cando o Norte virou cara a Castela como a sorte, como a xente ao lume que máis quenta. Por iso volverás en cada hedra a abrazar contra o olvido e o desleixo este teu Vilaxoán de pedra a pedra. Miña señor, na Cal da Loba deixo toda a sede de Patria que nos medra e a auga de Galicia coma un beixo. Marica Campo, “Constanza de Castro”, www.bvg.udc.es Ponte do pasatempo, Mondoñedo. Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki

  29. Neste poema a escritora Marica Campo recupera unha figura esquecida, pois, como dixemos, este está sendo un dos labores das escritoras: poñerlle palabras á memoria das mulleres, ao seu papel na historia. Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela, ficou na súa torre de Vilaxoán, na Caldaloba, mentres durou o asedio das tropas dos Reis Católicos, once meses. Durante ese tempo chegou carecer do máis básico, como a auga, e así bebeu dun alxibe e morreu envelenada. Estes feitos aconteceron en 1483, ano en que foi asasinado o Mariscal Pardo de Cela por mandato dos Reis Católicos. Pardo de Cela era un señor feudal galego que se enfrontou aos Reis Católicos. A súa morte vén simbolizar a loita pola liberdade dos galegos, e encádrase dentro da política dos Reis Católicos de eliminar a nobreza de orixe galega, defensora dos intereses dos galegos e galegas, e subsituíla por nobreza procedente de Castela, co obxectivo de dominar Galiza.

  30. María Pita Loitou contra os ingleses S. XVI Urania Mella Presidenta da Asocicaición de mulleres antifascistas Concepción Arenal Intelectual e xurista S. XIX Pesquisar: Para saber máis sobre outras mulleres significadas ao longo da historia e non sempre ben coñecidas podes consultar o Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega (http://www.culturagalega.org/album/) de onde se tomaron as ilustracións.

  31. Na vida doméstica.A figura da nai Gustav Klimt, As tres idades da muller, 1905

  32. As escritoras levamos á poesía moitas das cuestións que nos preocupan e que nos ocupan. No seguinte poema de Marilar Aleixandre vemos como a escritora reflexiona sobre as tarefas da muller, nomeadamente sobre a vida doméstica (ela di derrotas... por que?), a través dun diálogo coa fotografía da súa nai.

  33. derrotas domésticas debeu ser moi difícil degolar as anguías sen cortar os dedos arrandearte para que non te cubrisen as escamas do ollomol liscar do nó corredío das sabas nas noites opacas que batallas contra os garavanzos medrando disformes na agua que absurda tarefa escoller lentellas de arroz que impotencia cando o leite fervido vai por fóra inevitablemente e se o batifundo das tixolas non che deixaba oír a música se o teu francés e alemán eran inútiles contra a graxa nos fogóns se os tubos de agua berran como nenos ou gaivotas e as patacas se pegan no fondo da tarteira nai ¿como é que estás sorrindo nas fotos? Marilar Aleixandre, “Derrotas domésticas”, Catálogo de velenos, 1999.

  34. Tamén Olga Novo fala coa súa nai, mais neste caso o poema adquire forma de carta e nel fálalle á nai do que está a facer nese momento.

  35. Querida mamá: estou aprendendo a ladrar. une saison en enfer. repite comigo Une-Saison-En-Enfer. trinta xeracións de meu analfabetas Eu estou aprendendo ladrar. marcar un nunca territorio coa epiglote coma un cadelo coma un can de palleiro escadelearme ata volver en min en can entón pronuncio Walt Walt Walt Whitman mamá. estou aprendendo a ladrar. póñome de cu pró sol agárrome a unha aixada e tento imitar o son do cuco do cuco de cu pró sol entón a miña gorxa esprémese de dor e oulan coma nunca os futuros posibles que nos fan esbombar as veas coma unha pota de leite na lareira. (...) e eu míroche prós ollos prós olliños estás tan cansa pero eu non e aquí é o intre da furia can escoito con atención a campá de cris tal dos teus soños incumpridos (...) velaquí me tés bailando berrando choutando unha mestra gutural un volcanciño gutural coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf. eu míroche prás mans podería lamberche as cicatrices das mans ata que deran luz e curarche as hernias discais cun só verso alexandrino cunha sílaba de centeo cru cun oh-là-là e despois despois contar unha por unha as túas canas enraizadas nas idades do mundo a túa lingua plantígrada mamá podería mesmo reestructurarche a osamenta co implante dunha canción anarquista. ás veces sinto a dor sedimentándose lámina por lámina coma a pizarra: (...) para poder ladrar eu tería que rillar durante anos a túa alerxia ó pó á peluxe dos chopos a túa anemia circulando en sentido inverso polo sangue tería que ir contigo enterrar ó teu irmán de vintesete anos e apretar a meixela para non tronzar a lingua coa súa tuberculose mamaíña. ben sei eu que para poder ladrar tería que ir contigo á miña infancia e verme case morrer deshidratada e pregarlle á virxe na que non cres que me devolvera á vida de tres meses e medio e soldarme no teu colo para sempre coma unha peza de ferro do teu ventre. (...) ben o sei ben sei eu todo que para eu aprender este ladrido á fin fixeron falla mil mulleres lavando a reo no río de Saá e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso desaprendendo canto es esfuracando as túas dúbidas. Querida mamá: estou aprendendo a ladrar. (...) Olga Novo, “29 de xaneiro do 2002”, A cousa vermella, 2004.

  36. Actividades: • Por que nos damos conta de que este poema é unha carta? • Que quere dicir cando escribe que “está aprendendo a ladrar”?, Que é para os cans ladrar? • Por que repite Walt? • Sabes que era Walt Withman? • Procura información sobre é Virginia Woolf e poñédea en común. • Unha vez que tes claro que quere dicir coa metáfora de que está aprendendo a ladrar, de que mais cousas fala no poema? Hai anécdotas concretas que estea a relatar? Podemos saber algo da biografía de Olga Novo ou a súa nai a través deste poema? • Cal dirías que é a relación de Olga Novo coa súa nai despois de ler este poema? • Atopas diferencias co poema de Marilar Aleixandre? • Escribe un poema que sexa unha carta dirixida á nai.

  37. A invisibilidade.O teito de cristal. Sylvia Plath, fotografía extraída de http://www.sylviaplath.de/

  38. Ben, estamos a falar da recuperación da figura da muller, ou da recuperación da súa memoria, de reivindicar cal é o posto que lles corresponde, de dicir que as mulleres realizan tarefas importantes, coma os homes, para os que a literatura ten exemplos de poemas dedicados aos soldados, aos labregos, aos mariñeiros, aos traballadores... Hoxe, na literatura galega, e noutras, tamén podemos atopar poemas dedicados a valorar o labor doméstico das mulleres ou a súa entrega ao traballo no campo ou o seu importante papel como coidadoras da familia.Pensades que todos este traballos son igual de importantes que calquera outros e que por tanto merecen, tamén, estar na literatura, ou onde sexa?

  39. A invisibilidade e o teito de cristal:Por tanto, estamos empeñadas en valorizar o traballo e o papel da muller, é dicir en VISIBILIZAR as mulleres, porque a situación que tiveron até o de agora é unha situación de INVISIBILIDADE, é dicir, non se fala das mulleres como se non se visen. Hai unha anécdota que lle acontece a unha escritora americana que exemplifica perfectamente que é a invisibilidade.

  40. Ao longo do século XX e en todo o planeta, podemos asistir á procura da independencia económica da muller, á procura dun espazo propio, da liberdade intelectual... Os exemplos son diversos. Un dos máis rechamantes, pola obra que produciu e por ser protagonista dunha biografía tráxica que exemplificou a invisibilidade feminina, é o de Sylvia Plath.Na biografía que Linda Wagner-Martin realiza sobre a escritora (Sylvia Plath, Barcelona, Circe, 2001, páx. 202), lemos o testemuño dun crítico literario que pon en evidencia até que punto as mulleres eran invisíbeis para a sociedade americana dos anos 60:

  41. “Ted baixou a preparar o carriño mentres ela vestía ao bebé. Eu quedei un momento atrás ... Sylvia entón volveuse a min, nada efusiva de súpeto.-Alegroume moito que elixiras aquel poema –díxome-. É un dos meus preferidos, aínda que ao parecer non lle gustaba a ninguén máis.Eu non entendía nada. Non sabía de que me estaba falando. Deuse conta e aclaroumo.-O que publicaches no Observer hai un ano. Sobre a fábrica de noite.-¡Vállame Deus, mais se ti es Sylvia Plath! –tocoume a min abraiarme agora-. Ou!, síntoo. Si era un poema precioso.“Precioso” non era o termo axeitado, mais ¿que outra cousa lle dis a unha xove ama de casa intelixente?...”

  42. Actividades: • Por que subliñan o apelido da escritora, Plath? Sería este o apelido que empregaba habitualmente? Como valoras este feito? • Cres que o mesmo crítico protagonista da anécdota ten a visión axeitada de Sylvia Plath ao considerala “unha ama de casa nova e intelixente”? • Este texto ilustra o concepto de invisibilidade feminina, como? .

  43. Invisibilidade: Termo que se utiliza para significar que as mulleres non receben a mesma atención cós homes e que non están igualmente presentes na sociedade porque son ignoradas. Sobre a invisibilidade fala Luísa Villalta no seguinte poema, subliña os fragmentos que inciden neste tema.

  44. Os teus pasos de home e os meussempre se cruzan , ao non saber onde van. Oblicuamente esvaes os ollos até a miña imaxe ao ponto en que pergunto que é o que vesatravés do meu espello pesado como a soedade. Unha muller, contestas, e non mirascomo me estraña ficar no ceo da tua voz vacia. (...) Pergunto outra vez, a cada un que pasa,se de verdade son unha muller, o que é iso,se me enganaron sempre ou teño algun camiño.Todos os que me van cruzando non me acertan.Sen embargo o que son, unha muller, ao cabo é todoo que sei de min no espello en que me levas. Para que aprenda a nova ti me apertascos brazos indecíbeis de ternurado meu alimento á tua transcendéncia. O meu camiño fixo-se-me extranxeiro, estou perdidanen meu, porque é teu, nen xa imaxe,porque non sei que levas no fardo do corazón.Pero se non me ves, es ti quen erra.Luísa Villalta, “Os teus pasos de home...”, Ruído, 1995.

  45. Teito de cristal: Fai referencia a que as mulleres, sendo a maior parte da poboación e estando igualmente preparadas, ou máis, non ocupan cargos importantes.

  46. As mulleres na Universidade de Santiago de Compostela De cada 100 estudantes 64 son mulleres. Aproban máis mulleres ca homes (44%/33%). Mais son menos as catedráticas cós catedráticos (12% de mulleres) Fonte:Senén Barro, A USC ten nome de muller , Discurso de apertura do curso académico 2006-2007, o 2 de outubro de 2006.

  47. Sobre este concepto do teito de cristal fala este poema de Xohana Torres.PENÉLOPEDECLARA o oráculo: “QUE á banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo. QUE ramos de loureiro erguen rapazas QUE cor malva se decide o acio. QUE acades disas patrias a vindima. QUE amaine o vento, beberás o viño. QUE sereas sen voz a vela embaten. QUE un sumario de xerfa polos cons.”Así falou Penélope: “Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR.”Tempo de Ría, 1992

  48. Actividades: • Por que dicimos que propón rachar ese teito de cristal? En que consistía a lenda de Penélope? • Que pensades vós?

  49. Princesas: Quero abandonar a vida morta das princesas Lupe Gómez, Levantar as tetas, 2004.

  50. Actividades: • Quen pode explicar este poema? • A que se refire cando fala da vida morta das princesas? Por que? • Que conto vos lembra este poema? • Neses contos as protagonistas que quedan durmidas porque se envelenan ou que morren son sempre mulleres? • Pensa nun conto en que un príncipe sexa salvado por unha princesa.

More Related