200 likes | 350 Views
O SÉCULO XVIII: A CRISE DO ANTIGO RÉXIME.
E N D
O SÉCULO XVIII: A CRISE DO ANTIGO RÉXIME ■ MANTÉÑENSE AS CARACTERÍSTICAS DO ANTIGO RÉXIME (sociedades europeas da Idade Moderna, que superando xa a etapa feudal, aínda mantiñan un modo de vida baseado na economía agraria de tipo señorial, no absolutismo monárquico e na sociedade estamental). ■ DOUTRA BANDA NESTE SÉCULO APARECEN ELEMENTOS NOVOS: crecemento demográfico, auxe da burguesía e o desenvolvemento de novas ideas (Ilustración), levando á creba do absolutismo, que desembocarán nas revolucións liberais. ■ EN ESPAÑA CHEGA A DINASTÍA DOS BORBÓNS: aplicarán, como en Francia, o absolutismo monárquico (Filipe V). A difusión de ideas ilustradas levará a implantación do Despotismo Ilustrado (Carlos III).
ANTIGO RÉXIME: ECONOMÍA SEÑORIAL DE BASE AGRARIA A agricultura era a actividade económica máis importante. Era unha agricultura de subsistencia, cuns rendementos moi baixos e orientados ao autoconsumo. A poboación estaba exposta a crise de subsistencias e a subida dos prezos. Estas crises xeraban fame, miseria e revoltas populares A terra estaba en mans dos privilexiados (nobreza e clero) que posuían grandes propiedades. Os privilexiados posuían o dominio eminente da terra (señorío territorial) e os campesiños o dominio útil das terras que cultivaban. A grande parte da poboación eran campesiños sen terra que estaban sometidos ao pagamento de fortes impostos. O sistema de cultivo principal baseábase na rotación trienal con barbeito. Este sistema foi substituído en Inglaterra polo sistema Norfolk, ou rotación cuatrienal, eliminando o barbeito.
O SISTEMA TRIENAL E O SISTEMA CUATRIENAL SISTEMA TRIENAL DE CULTIVO SISTEMA NORFOLK OU CUATRIENAL
ANTIGO RÉXIME: A MONARQUÍA ABSOLUTA O rei tiña un poder absoluto. O poder era outorgado por Deus, de carácter divino (teoría defendida polo español Francisco Suárez e polo francés Jacques Bossuet). Polo tanto o rei concentraba todos os poderes na súa persoa e non lle rendía contas a ninguén. Outros teóricos defendían o absolutismo monárquico, pero eran alleos a toda formulación teolóxica (Thomas Hobbes) Os gobernados eran súbditos, non cidadáns. O rei podía estar auxiliado por algunhas institucións (Consello de Estado). Para algúns asuntos, consultaba os Parlamentos (Estados Xerais en Francia e Cortes en España).
ANTIGO RÉXIME: A SOCIEDADE ESTAMENTAL ■ A principal característica é a desigualdade civil (privilexiados en non privilexiados). Era unha sociedade pechada, na que non se podía cambiar de estamento e se pertencía por nacemento. ■ PRIVILEXIADOS: constituído pola nobreza e o clero. Posuían a meirande parte das terras explotadas en réxime señorial, monopolizaban todos os cargos e non pagaban impostos. O clero vivía das rendas derivadas do seu patrimonio territorial e do décimo. Non era un grupo homoxéneo, pois o baixo clero proviña do estamento raso e levaba unha vida modesta. ■ NON PRIVILEXIADOS: o estado raso constituía o estamento dos non privilexiados. A burguesía incluía aos grandes artesáns, comerciantes e banqueiros. Malia ao seu poder económico, carecía de dereitos políticos e estaba ao marxe do poder (xerme das revolucións liberais) As clases populares urbanas estaban formadas por pequenos artesáns, serventes, soldados, obreiros das manufacturas... Os campesiños eran os máis numerosos. As súas condicións de vida eran moi duras xa que estaban obrigados a traballar as terras dos privilexiados aos que lle pagaban impostos (dereitos señoriais)
CRECEMENTO DEMOGRÁFICA E EXPANSIÓN ECONÓMICA ■ O século XVIII houbo poucas guerras. Tralo Tratado de Utrech (1713), pasouse a un período de equilibrio continental, coa axuda da diplomacia. ■ Produciuse un crecemento demográfico debido tamén a ausencia de grandes epidemias (mortalidade catastrófica), e á introdución de novos cultivos (millo e pataca). ■ Ao aumentar a poboación, crece tamén a demanda de productos, que leva consigo unha suba dos prezos, co cal aumentan os beneficios. Todo isto fai aumentar a produción. ■ As comunicación, ao longo do século XVIII, melloraron coa construción de estradas e canles. O que tivo un crecemento máis espectacular, foi o comercio colonial, tamén chamado comercio triangular
En Inglaterra, ao longo do século XVIII, consumouse a transición demográfica, como se observa na gráfica. As taxas de natalidade seguen a ser altas, por riba do 36 ‰. Grazas a unha mellor alimentación, ás mellores hixiénicas e médicas, as taxas de mortalidade comezaron a baixar bruscamente, sobre todo a mortalidade infantil, polo que o crecemento natural medrou considerablemente, dobrándose a poboación en pouco máis dun século.
A ILUSTRACIÓN ■ Movemento de carácter intelectual que pon en cuestión os principios do Antigo Réxime. Os seus precedentes foron os pensadores ingleses, como John Locke. ■ O século XVIII é coñecido tamén como Século das Luces, porque tras moitos anos de escurantismo, os filósofos pensaron que a luz da razón se proxectaba sobre as sombras da Terra. ■ As súas características: • Confianza na razón (racionalismo de Descartes). • Liberdade de pensamento. • Ataque ao dogmatismo, fanatismo e intolerancia relixiosa. • Crenza no progreso e na educación. • Crítica á organización social vixente, que se baseaba nos privilexios de sangue, e ao poder absoluto, xustificado polo súa orixe divina.
■ As ideas da Ilustración : Voltaire, Montesquieu, Rousseau, Diderot, etc. ■ Defenderon os principios de liberdade, igualdade e opuxéronse á sociedade estamental. ■ Diderot e D´Alembert crearon a Enciclopedia, ou Diccionario razoado das ciencias, artes e oficios. Reunía todos os coñecementos da época, fundados na razón e no estudo da natureza. Nos salóns e academias discutíanse as novas ideas. ■ Voltaire foi un gran defensor da razón, criticou os privilexios e a intolerancia relixiosa. ■ Montesquieu declarouse partidario dunha monarquía limitada, baseada no principio de separación de poderes. ■Rousseau opinaba que o Estado debía garantir os dereitos dos cidadáns e o ben común. O pobo era o único depositario da soberanía (soberanía popular). A democracia era a forma máis adecuada de goberno.
Os comezos da doutrina liberal “Na súa consecuencia, sempre que certo número de homes se unen en sociedade renuncian cada un deles ó poder de executa-la lei natural, cedéndolla á comunidade, daquela e só daquela constitúese unha sociedade política ou civil. Por este feito é autorizada a sociedade ou, o que é o mesmo, o seu poder lexislativo para que faga as leis no seu nome segundo conveña ó ben público ou da sociedade. Xa que logo, resulta evidente que a monarquía absoluta, á que certas persoas consideran como o único goberno do mundo, é en realidade incompatible coa sociedade civil. Ó partir do suposto de que o príncipe reúne en si mesmo o poder lexislativo e mailo poder executivo sen participación de ninguén, no existe xuíz nin maneira de apelar na ninguén capaz de decidir con xustiza e imparcialidade...” JOHN LOCKE: Dous tratados sobre o goberno civil (1690) Que é a Ilustración? “Ilustración é a saída do home da súa culpable minoría de idade. Minoría de idade é a imposición de servirse do seu entendemento se a guía doutro. Ten o valor de servirte do teu propio entendemento! Tal é o lema da Ilustración. Para esta Ilustración non se require máis que liberdade; e, por certo, a menos prexudicial das que poden chamarse liberdade; a saber: a de facer uso público en tódalas partes da súa razón. Máis oio exclamar por tódolos lados: Non razoedes! O oficial di: Non razoes, senón exercítate! O clérigo di: Non razoes, senón cre!... Se agora nos preguntamos: vivimos nunha época ilustrada?, a resposta sería: non, pero si nunha época de Ilustración. Aínda falta moito, tal como están as cousas, para que os homes, tomados en conxunto, se atopen en situación ou pidan estar dispostos para servírense con seguridade e proveito do seu propio entendemento”. INMANUEL KANT: Resposta á pregunta: que é a Ilustración?, (1784)
Rexeitamento do absolutismo “Cando os poderes lexislativos e executivos se atopan reunidos nunha mesma persoa ou corporación, non hai liberdade, porque é presumible que o monarca o o senado fagan leis tiránicas para executalas do mesmo modo. Así sucede tamén cando o poder xudicial non está separado do lexislativo e do executivo. Estando unido ó primeiro, o imperio sobre a vida e a liberdade dos cidadáns sería arbitrario; por ser o mesmo o xuíz e o lexislador. E estando unido ó segundo sería tiránico, porque o xuíz gozaría da forza mesma que un agresor. no Estado en que un home só ou unha corporación de próceres, ou de nobres, ou do pobo, administrase os tales poderes, e tivese a facultade de facer leis, de executa-las resolucións e de xulga-los crimes e as contendas dos particulares, todo se perdería eternamente”. BARÓN DE MONTESQUIEU: O espírito das leis (1784) Soberanía popular Unicamente a vontade xeral pode dirixir as forzas do Estado (…), o pobo sometido á lei debe ser protagonista. O poder lexislativo pertence ao pobo e soamente del pode emerxer. (…) Toda lei que non fose ratificada polo pobo é nula. (…) Para asegurar as leis, é necesario un goberno, pero o goberno é tan só o representante do pobo soberano. (…) JEAN-JAQUES ROUSSEAU: O contrato social (1762)
CREBA DO ABSOLUTISMO ■ A finais do século XVII REVOLUCIÓNS INGLESAS. ■ DESPOTISMO ILUSTRADO. ■A creba do Antigo Réxime comeza coa REVOLUCIÓN AMERICANA.
REVOLUCIÓNS INGLESAS ■ En Inglaterra o Parlamento limitaba o poder real, ata que os Estuardo, no século XVII, pretenderon gobernar sen o control do mesmo. Carlos I é detido e axustizado tras unha guerra civil entre os absolutistas e os partidarios da República. ■ Oliver Cronwell converteu a república nunha dictadura persoal ata a súa morte, en 1660. ■ Trala súa morte, de novo a monarquía se restablece en Inglaterra, da man de Carlos II que ten que firmar o Hábeas Corpus, que garantía as liberdades individuais. ■ No ano 1688, unha nova revolución, a Gloriosa, remata definitivamente coa monarquía absoluta neste país. A coroa recae en Guillerme de Orange que xurou a Declaración de Dereitos (Bill of the Right) que limitaba o poder do monarca. A monarquía parlamentaria exemplo para Montesquieu.
DESPOTISMO ILUSTRADO Os déspotas ilustrados e mais os seus ministros promoven un certo reformismo coa vontade de actuar a prol do ben do pobo, pero reservándose o poder e a capacidade de decisión. O lema que mellor resume o seu pensamento é: “Todo para o pobo, pero sen o pobo”. A súa política baseouse na racionalización da administración do Estado, reforma do Ensino, modernización da agricultura, desenvolvemento das manufacturas e liberalización parcial da produción e do comercio (contradicindo as ideas mercantilistas). O Absolutismo Ilustrado “Eu quería que un Príncipe non pensase máis que en facer feliz ó seu pobo. Un pobo ditoso teme máis a perde-lo seu Príncipe, que asemade é o seu benfeitor, do que o mesmo soberano pode temer verbo da diminución do seu poder. Non hai máis que un ben que é o do Estado en xeral. O soberano representa o Estado; el e o seu pobo non forman senón é un só corpo. O Príncipe é para a sociedade que goberna o que a cabeza é para o corpo: el debe ver, pensar, obrar para toda a comunidade, co fin de procurarlle tódolos beneficios que ela ten dereito a esperar conseguir...” Pensamentos escollidos das máximas filosóficas de Federico II de Prusia (1785)
A REVOLUCIÓN AMERICANA ■ En 1773 produciuse o Motín do té de Boston, que provocou os primeiros enfrontamentos entre as colonias e a metrópole. ■ O 4 de xullo de 1776, redactouse en Filadelfia a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. Apróbase a Declaración de Dereitos do Home, de Virxinia. ■ As batallas de Saratoga (1777), ou a definitiva derrota inglesa en Yorktown (1781). No ano 1783 os ingleses recoñecen a independencia dos EEUU. ■ En 1787 redactouse a primeira Constitución. Esta aseguraba a separación e o equilibrio de poderes, establecía unha forma de goberno republicana, e unha estructura federal. Por enriba dos Estados situábase o goberno federal. George Washington foi elixido o primeiro presidente dos EEUU, e a revolución americana foi posta como exemplo para Europa, crecendo un forte sentimento contra o absolutismo.
O SÉCULO XVIII EN ESPAÑA: OS BORBÓNS ■ GUERRA DE SUCESIÓN (1701-1714) ■ ABSOLUTISMO DOS PRIMEIROS BORBÓNS (FILIPE V E FERNANDO VI) ■ DESPOTISMO ILUSTRADO DE CARLOS III (1759-1788) ■ GALICIA NO SÉCULO XVIII: POBOACIÓN, SOCIEDADE, ECONOMÍA E A ILUSTRACIÓN GALEGA.
GUERRA DE SUCESIÓN (1700-1714) ■ Carlos II morre sen descendencia. Dous príncipes presentáronse como candidatos: Filipe de Anjou, francés, e o archiduque Carlos de Austria. ■ Filipe de Anjou proclamouse rei como Filipe V. Gran Bretaña, Holanda, Portugal e o Imperio austríaco lles declararon a Guerra a Francia e a España. ■ Castela apoiou a candidatura francesa e a Coroa de Aragón á candidatura austríaca. ■ Trala batalla de Almansa (1707), a guerra foille favorable a Filipe V. No ámbito internacional, tras herdar Carlos a coroa de Austria, a guerra finalizou co Tratado de Utrecht (1713), onde España perdeu moitos territorios (Milanesado, Nápoles, Flandres e Sardeña). Xibraltar e Menorca (ata 1802 esta última) pasan a Gran Bretaña.
ABSOLUTISMO BORBÓNICO ■ Os primeiros Borbóns implantaron o absolutismo centralista francés. ■ Administración central: secretarios (ministros). Administración provincial, capitáns xenerais (funcións militares e políticas), Audiencias (funcións xudiciais), ... ■ As Cortes desapareceron, agás as de Castela, o mesmo que os Consellos, que terían unha función meramente consultiva. ■ Centralizar o poder, unificar todo o territorio, impoñendo unhas únicas leis, unha idéntica administración, e homoxeneizaron todas as institucións. ■ Para elo valéronse dos chamados Decretos de Nova Planta ■ O territorio quedou dividido en provincias.
A ILUSTRACIÓN EN ESPAÑA ■ Obxectivos: crecemento económico, a reforma da sociedade, a mellora do ensino e a modernización da cultura española. Floridablanca, Campomanes, Pablo de Olavide, marqués da Ensenada, conde de Aranda e Jovellanos. ■ Dificultades: ausencia dunha ampla burguesía, enorme peso da Igrexa católica. A maioría dos intelectuais acabaron colaborando coa monarquía. Atoparon un eficaz apoio enCarlos III (1759-1788). ■ O programa reformador de Carlos III: expulsión dos xesuítas de España (1767); creación de escolas de ensino primario; impulsar as Sociedades Económicas de Amigos do País; limitar os privilexios da Mesta; liberalizar os prezos de produtos agrarios, como os do trigo; liberalizar o comercio con América para todos os portos españois (1788). ■ O principal problema, e que non se resolveu durante o Despotismo Ilustrado, foi o problema agrario, aínda que os ilustrados realizaron algúns informes previos para unha reforma que non se chegou a aplicar.
GALICIA NO SÉCULO XVIII • POBOACIÓN: finais do XVIII forte emigración cara a América (case 300 000 galegos). A poboación rural. A cidade máis grande: Santiago con 20 000 habitantes. • SOCIEDADE: estamental. Nobreza e clero vivían das rendas de aforar as terras aos campesiños. • ECONOMÍA: introdución durante o século XVIII do sistema de rotacións, cultivando millo, liño, trigo e nabos. A industria desenvolveuse, sobre todo a do sector téxtil do liño e a fundición en Sargadelos. • ILUSTRACIÓN GALEGA: Padre Feixoo, oPadre Sarmiento. Os seus traballos tiñan que ver cos problemas galegos: emigración ou o atraso da agricultura. Cornide foi outro grande ilustrado. As institucións máis coñecidas foron a Academia de Agricultura do Reino de Galicia, e a Sociedades económicas de Amigos do País de Santiago e Lugo.