200 likes | 378 Views
EDLG IES Elviña. REGALEMOS EN GALEGO. Novela. A praia dos afogados Domingo Villar. Galaxia
E N D
EDLG IES Elviña REGALEMOS EN GALEGO
Novela A praia dos afogados Domingo Villar. Galaxia As aventuras do inspector Leo Caldas teñen conquistado xa non só o corazón dos lectores galegos senón doutras moitas linguas europeas. Unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Extramunde Xavier Queipo. Xerais A novela narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados, para rematar nun poboado da tribo dos Dayaks, os cortadores de cabezas. Fantasmas de luz Agustín Ferández Paz. Xerais Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona.
Novela Centauros do Norte Marcos Calveiro. Rodeira Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Huarte. Con eles, e coa súa inseparable trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua entre emboscadas, trens e disparos polo deserto baixo o obxectivo da cámara dun novo director americano, Raoul Walsh. Unha aventura que marcará a Rafael para sempre e da que non coñeceremos o seu desenlace ata moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood. Santiago Lopo Peaxes. Xerais Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. . Brasil no centro Xabier Rodríguez Baixeras. Galaxia Un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo e reflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e inmensa, territorio ignoto que, como a vida, cambia conforme o tempo lle vai dando forma.
Literatura xuvenil Fran Alonso Ninguén Xerais Héctor Carré Febre Xerais Miroslav Sasek Isto é París El Patito Editorial Santiago Lopo Game over Biblos Miroslav Sasek Isto é Londres El Patito Editorial Cornelia Funke O espírito cabaleiro Xerais Henrique Rivadulla O noso amor será eterno Xerais Manuel de Pedrolo Xogo sucio Galaxia J.M. e R. Trigo O burato do inferno Faktoría K Manuel Portas Fdez. Un dedo manchado de tinta Xerais Carlos Vila Sexto As sete mortes Galaxia Anxo Fariña A chave do tempo Xerais
De 6 a 8 anos De 8 a 10 anos De 10 a 12 anos Fran Alonso O meu gato é un poeta Xerais A. G. Teijeiro; F. Lorenzo Recendos de aire sonoro Xerais. Poesía P. Flippi & S. Cambolí A chave do tempo Gárgolas 2 Cérditos de Guinea Tomi Ungerer Críctor Kalandraka M. Segura; A. Carreiro Xoeliki Sotelo Blanco (Adaptación) Peter Pan Baía C. Funke; K. Meyer A princesa Sabela Xerais G. García; L. André Marisela e o roxo OQO editora Santiago Freire Do revés Morgante. Poesía M. Canosa; M. Rivera Entre papoulas Everest Anxo Fariña O megatoxos e a cara oculta da lúa Xerais X. Docampo; D. Puente Bello Mans Everest
Para os máis pequenos M. Ganges Colección cabalo zoo (12 títulos) Combel A. Deacon; V. Schwarz En busca dun fogar Patasdepeixe Oli; Marc Taeger Artur Faktoría K As miñas primeiras palabras Bruño R. Castro; A. da Loba Os sete irmáns chineses OQO editora R. Castro; M. Micheli Troco OQO editora Pesdelán Na punta do pé Kalandraka Libro+CD+DVD S. Freymann; J. Elffers Un cabaliño de mar soiño Linteo A. Papini; X. Ballesteros Que che gustaría ser Kalandraka C. Bocens O meu cofre dos animais Baía Varios Autores Xa me tardan estes magos Galaxia Libro+CD J. Girvés; S. Ortega A festa de aniversario Xerais
Cociña A cociña dos larpeiros Benigno Campos. Galaxia Este libro vén de de acadar a décima edición, todo un fito a destacar dentro da historia editorial galega. Estamos a falar de arredor de máis de 55.000 exemplares en menos de dous anos. Poucos libros galegos teñen conseguido tal cifra de vendas en toda a historia. Sen dúbida, un mérito grande do popular cociñeiro de Chapela quen, co seu segundo libro, leva o mesmo camiño de se converter noutro dos grandes éxitos da tempada. A cociña galega Álvaro Cunqueiro e Araceli Iglesias. Nova Galicia Un clásico dos receitarios galegos. De actualidade neste ano do centenario do nacemento do autor Cociñando ao pé da letra Yolanda Castaño (coordinadora). Galaxia unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir.
Poesía Estremas Ana Romaní. Galaxia Empecemos o ano con poesía, mellor, con poesía galega. Os poemas son unha ollada que nos devolve a case caída abismal, unha procura dende o máis fondo ata chegar á beira. Porque vivimos na estrema, ou non. Porque vivimos no deserto, e escollemos a devastación. Porque o estremos é o ruído e mantemos a calma. Profundidade de campo Yolanda Castaño. Espiral Maior Poeta moderna, dunha poesía directa, experimental, cunha linguaxe de hoxe pero altamente literaria, cunha voz vangardista na que mezcla referentes clásicos e algunhas doses de aparente ingenuidade que, demostra, por outro lado, o duplo fío das palabras e as súas diversas lecturas. Haberá Primavera César Morán. Galaxia Catorce poemas, catorce cancións. Neste ano 2011, coincidindo co centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, edítase este poemario acompañado de dous CDs. Un sobre poemas musicados e outro sobre a derradeira conversa mantida co poeta de Mondoñedo
Teatro V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Xerais O escritor Xosé Manuel Pancho Blanco gañou este premio no 2011 coa obra Paraísos. Para o xurado foi importante a mestura e dominio de rexistros e modalidades, tanto da lingua oral como da escrita, e o intelixente uso da tradición radiofónica de programas dramáticos, así como polo «axeitado aproveitamento dos recursos do medio radiofónico e o uso do fragmento, da cita e a suxestión como elementos dramáticos». Unha primavera para Aldara Teresa Moure. Xerais Obra que ten recibido varios premios entre eles o Rafael Dieste de teatro no 2007. Orientada principalmente para o público xuvenil. A acción teatral desenvólvese no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presenza masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide acoller ao forasteiro. Comedia bífida Manuel Núñez Singala. Galaxia Velaquí un xuízo á lingua. Ou ao emprego que dela facemos os galegos. Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar
Varios-Ensaio Episodios galegos. Tempos de esperpento Manuel Rivas. Xerais Manuel Rivas constrúe o relato da Neogalicia neoconservadora, dominada por un neocaciquismo posh, e onde a idea motriz de «facer país» foi substituída por un «proceso de deconstrución nacional». Rivas critica unha «política de motoserra» que demouca os propios recursos, comezando pola lingua e a diversidade cultural. A revolta dos indignados Varios Autores. Faktoría K Á marxe das ideoloxías individuais, a sociedade está preocupada pola situación política, económica e social, e indignada pola indefensión do cidadán. Vigo, a explosión dos ‘80 Víctor de las Heras. Xerais Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos ‘80 –da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro– foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto;
Varios-Ensaio Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro incerto Mercedes Queixas. Laiovento Foron moitos os libros que ao longo deste ano publicáronse sobre a figura de Lois. No remate destacamos este que nace con vontade de ser unha biografía divulgativa, polo tanto aberta e accesible para todos cuxa lectura permita tirar unha imaxe global do poeta. As razóns do galego. Apelo á cidadanía Henrique Monteagudo. Galaxia A sociedade galega atópase perante un dilema crítico para o porvir: o abandono ou a promoción do seu idioma propio. Neste volume recóllense escritos e artigos arredor da situación actual do idioma galego e dos debates sociais sobre a lingua e as súas expectativas de futuro. A deleiba do mundo Amin Maalouf. Xerais Entramos no novo milenio sen compás, con esta frase comeza este ensaio no que Amin Maalouf intenta explicar como se chegou á deleiba actual do mundo e como se poderá saír dela. Deleiba económica e financeira, que transforma o planeta enteiro nunha zona de turbulencias de consecuencias imprevisibles, que constitúe, en si mesmo un síntoma dunha perturbación do noso sistema de valores.
Banda deseñada Como facer un cómic Lewis Trondheim/Sergio García. Faktoría K Explicación exemplar de como se elabora un cómic. Como construir unha páxina, a composición das viñetas e a súa función narrativa, os tipos de planos, a descomposición do movemento, os criterios para escoller un bo enfoque das esceas, a forma dos ‘bocadillos’ ou ‘globos’ a través dos cales se amosan os diálogos entre os personaxes. As aventuras de Astérix R. Goscinny, A. Uderzo. Salvat Máis de 26 títulos en galego das famosas aventuras de Astérix e Obélix. Os cinco narradores de Bagdad Fabien Vehlmann/Frantz Duchazeau Este álbum de orixe francesa achegará o lector ás peripecias de cinco contadores de historias, afanados na procura do mellor conto do mundo, para gañar o reto proposto polo califa de Bagdad e con el, acadar sona e riquezas. Nazim, Tarek, Anouar, Wahid e Ahmed, o fillo do propio soberán, son os protagonistas desta particular odisea arredor do mundo..
Banda deseñada Silvina, a filla do explorador. Os espíritos azuis Ramón Marcos. El Patito Editorial A protagonista é a intrépida e afouta Silvana. Seu pai, o famoso explorador Jorge Baena, atópase na selva de Sumatra levando a cabo unha expedición zoolóxica. Silvana irá reunirse con el para pasar as vacacións e viaxará acompañada por seu tío Hércules, un xornalista sempre envolto en investigacións de fenómenos paranormais e misteriosos. Stratos Miguel Anxo Prado. El Patito Editorial Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, Causas Nobres Jay Faerber (guión) Fran Bueno (debuxos. El Patito Editorial) Relato das aventuras dos Nobre, unha familia de superheroes con gran fama e poder. As ambicións, os máis escuros segredos e desexos e mesmo as requintadas traizóns dos Nobre, quedan ao descuberto neste episodio,
Música Galeoke. Volume 2 Galiza é un país de artistas, iso é así. Non hai sobremesa, romaría ou festa de colegas que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música popular. Que é o que faltaba? Facer diso un xogo. E nós non inventamos nada, claro que non, pero dímonos de conta (como todas e todos vós) de que coas ferramentas xa existentes non nos identificabamos en absoluto. Pero se nen sequera lle sabemos pronunciar ben o nome! Berrogüetto O Pulso da Terra. Galaxia A primeira biografía de Berrogüetto, xunto cun concerto en directo en CD e DVD para celebrar o seu 15º aniversario Carlos Núñez Alborada do Brasil Alborada de Rosalía, Vou vivendo, Alvorada de Cartola Nau bretoa , Gaita...
Música Som do Galpom Em terra de ninguem Neste disco reúnese o funkie, reagge e rap nuns temas combativos e que convidan á festa. Víctor Aneiros Víctor Aneiros ao vivo Concerto gravado no teatro Jofre durante o ciclo OUT JAZZ FERROL 2010. Coa colaboración da Concelleria de Cultura do concello de Ferrol, GSeis Audiovisuais, Radio Galega, Infernos. TV, Babel de Sons e coa particiapción da Deputación da A Coruña. Luar na Lubre Solsticio Luar Na Lubre volve c un disco cargado de sons tradicionais, nol que destacan varios temas medievais reinterpretados cun novo toque particular.Un álbum rítmico e alegre,
Cine e DVDs Pan Negro (subtitulada ao galego) dirixida por Agustí Villaronga (2010) Película que tivo nove premios Goya no 2011. Foi subtitulada ao galego pola Fundación Vicente Risco e coa colaboración do concello de Ourense. Os mortos van ás présas dirixida por Ángel de la Cruz (2009) Comedia coral e costumista con toques máxicos protagonizada por tres parellas de xeracións diferentes con relacións encontradas. A historia arranca coa morte dun nonaxenario na vila de Fariño do Mar, unha vila mariñeira galega. Pradolongo dirixida por Nacho Villar (2008) Un filme sobre a perda da amizade. É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas.
Cine e DVDs Astérix en Bretaña Astérix en Bretaña e outros episodidos editados en dvd e outros soportes Doraemon e o reino de Kibo Varias series de Doraemon editadas en dvd Shin Chan. Os adultos contraatacan Varias series de Shin Chan editadas en dvd
Camisolas e outros Ver máis: Rei Zentolo
Camisolas e outros Ver máis: Caramuxo Pincha aquí
Neste documento achegamos algunhas propostas para agasallarmos aos nosos seres queridos. Todas elas para lermos, para escoitarmos e para vermos en galego. Todas elas para gozarmos e compartirmos, entre todos, a felicidade e a grandeza de posuirmos unha lingua de noso. BO NADAL! EDLG IES Elviña