450 likes | 631 Views
ESPAZOS NATURAIS Costa da Mariña Occidental. EXTENSIÓN: 487,58 ha CONCELLOS: Viveiro, O Vicedo, Xove, Cervo PROTECCIÓN: LIC, ZEPVN, ZEPA VALORES NATURAIS: cantís, praias, dunas, esteiros, illas, aves acuáticas.
E N D
ESPAZOS NATURAIS Costa da Mariña Occidental
EXTENSIÓN: 487,58 ha CONCELLOS: Viveiro, O Vicedo, Xove, Cervo PROTECCIÓN: LIC, ZEPVN, ZEPA VALORES NATURAIS: cantís, praias, dunas, esteiros, illas, aves acuáticas...
Formada por varias áreas diferenciadas: parte oriental da ría do Barqueiro zona exterior da ría de Viveiro e costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...). En xeral é unha costa exposta de altos cantís e algúns areais que manteñen sistemas dunares. O espazo ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico, con ecosistemas mariños (areosos e rochosos), cantís, dunas e esteiros e unha gran diversidade de flora e fauna.
Ría do Barqueiro Ábrese entre as puntas de Carneiro e Bares. As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo e algúnhas bandas de ollo de sapo na parte oriental da ría. Vista xeral da Ría do Barqueiro e a illa Coelleira desde o Semáforo de Bares.
Puntas das Ínsuas, Fucíño do Porco e Carneiro e Illas Gaveira e Coelleira
Ría de Viveiro Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as puntas Cabeiro e Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e bastante profundidade. Na formación desta ría tivo unha gran influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. Figura como Punto de Interese Xeolóxico de Galicia e como Paisaxe Sobresaínte. Ría de Viveiro desde o cume de Montemaior. Só a parte exterior forma parte do espazo protexido
Ría de Viveiro Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as puntas Cabeiro e Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e bastante profundidade. Na formación desta ría tivo unha gran influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. No seu interior acolle as praias de Area, Celeiro, Esteiro, na marxe dereita, e Covas, Abrela, A Cuncha, Sacido, Teixoso e Area Grande, na esquerda. A Ría de Viveiro, figura como Punto de Interese Xeolóxico de Galicia e como Paisaxe Sobresaínte. Praia de Area Grande ou San Román. Mide case 1 km de lonxitude e conta cun importante sistema dunar que obstaculiza a saída ao mar do río Rendo
Enseada da Pereira e punta Ladelas desde a punta Fuciño do Porco
Illote Gaveira, ínsua da Area e pras da Area, desde a punta Fuciño do Porco.
O Cargadeiro Área recreativa creada no antigo embarcadeiro de mineral da Silvarosa, unhas minas de ferro que pecharon
Praia de Area desde o Monte Faro. Detrás os montes de San Roque e Montemaior
Praia de Area. Ten máis de 1 km de lonxitude. Hai unha lenda que fai referencia á cidade de Estabañón que quedou asolagada por unha maldición.
Vista desde a Punta Roncadoira cara á boca da Ría de Viveiro. A punta Roncadoira é un expléndido mirador sobre a costa da Mariña.
Illa Sarón ou Ansarón e Punta de Arxentes desde a punta Roncadoira. Ao fondo a punta de Morás e os Farallóns.
Os Farallóns, formado polas illas Baixa, Sombriza e Pé, no remate do espazo protexido.
Neste espazo hai unha grande variedade vexetal asociada ás dunas e os cantís: herba de namorar (Armeriapubigera subsp. pubigera e subsp. depilata) Silene uniflora, Rumex acetosa subsp. biformis (Leucanthemum pluriflorum) exclusiva das costas do norte de Galicia e Asturias, herba leiteira ( Euphorbia paralias), correola das praias (Calystegiasoldanella)... Liques e pirixel do mar
Feo (Ammophila arenaria) e cardo mariño (Eryngium maritimum)
Destaca a poboación de aves mariñas con algunhas especies únicas en Galicia ou pouco comúns. As illas acollen importantes colonias de aves nidificantes, ás que hai que engadir un gran número de aves mariñas nas épocas de paso (carráns, mascatos, corvos mariños...) Anfibios: píntega común (Salamandra salamandra subsp. Bernardezi), cunha poboación interesamnte na illa Coelleira Réptiles: lagarta galega (Podarcis bocagei) nas illas Coelleira e Ansarón, lagarta da serra (Iberolacerta monticola), nos cantís de terra. Aves: en especial aves mariñas, principalmente nas illas e illotes. Crían a gaivota patiamarela (Larus michahellis), o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) a gaivota escura (Larus fuscus) e o paíño pequeno (Hydrobates pelagicus), gaivotón (Larus marinus), gabita (Haematopus ostralegus)... Nos cantís tamén se poden ver o falcón peregrino (Falco peregrinus), o lagarteiro (Falco tinnunculus), o andoriñón real (Apus melba), o merlo azul (Monticola solitarius), e o corvo grande (Corvus corax).
Gabita (Haematopus ostralegus), ten neste espazo o único punto de cría do territorio galego.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Isaac Pontanilla