230 likes | 336 Views
2. Hábitos de compra. 1. INTRODUCIÓN. 1. INTRODUCIÓN.
E N D
2. Hábitos de compra 1. INTRODUCIÓN
1. INTRODUCIÓN • No últimos meses tense realizado un estudo sobre os hábitos de compra e consumo da clientela dos establecementos do Concello de Santiago, tanto dende o punto de vista sociodemográfico como conductual e cultural (vantaxes buscadas nos produtos polos consumidores, estilos de vida, intereses, opinións e comportamentos de merca), co obxectivo de dotar ao sector comercial dun coñecemento exhaustivo da súa clientela. • A análise realizouse en base ás seguintes variables sociodemográficas: • Sexo • Idade • Estrutura familiar • Número de persoas no fogar • Nivel de estudos 400 enquisas a consumidores
1. INTRODUCIÓN De xeito xeral, o proceso de compra que segue un consumidor/a tipo, pódese representar graficamente a través dunha serie de etapas secuenciais que representan o proceso da toma de decisións na compra ou consumo: Dependendo do tipo de compra este proceso realízase de maneira máis ou menos complexa.
1.INTRODUCIÓN Desta forma a aparición das novas fórmulas comerciais e os cambios nas necesidades dos/as consumidores/as, poden facer que este proceso de compra sexa diferente, polo que resulta imprescindible ter en conta estas variacións. Neste sentido, na actualidade, cómpre contar con información sobre: • Quen compra? • Que compra? • Cando compra? • Onde compra? • Por que compra? • Como compra? OBXECTIVOS DO ESTUDO
2. Hábitos de compra 2. HÁBITOS DE CONSUMO
2.3 TIPO DE ESTABLECEMENTO SELECCIONADO A maioría de consumidores enquisados afirman que a tipoloxía comercial elixida para facer compras en xeral, son os supermercados e as cadeas de tendas, porén nas compras fortes rexístrase certa tendencia ás mercas en hipermercados/grandes superficies, mentres que nas compras habituais a segunda categoría correspóndese coas tendas tradicionais. Os enquisados de 15 a 34 anos son os que máis acoden a facer compras habituais aos hipermercados/grandes superficies mentres que os universitarios medios acoden máis a mercados de abastos.
3.1 TIPO DE ESTABLECEMENTO SELECCIONADO Os produtos de alimentación fresca son adquiridos maioritariamente no Mercado de Abastos. As compras de alimentación non fresca e bebidas realízanse en cadeas de supermercados, seguido dos hipermercados e os discounts. As adquisicións de produtos de droguería, perfumería, sanidade e hixiene realízanse en maior medida en cadeas de supermercados. Os consumidores composteláns elixen as tendas tradicionais para mercar produtos de téxtil e calzado, seguido das cadeas de tendas. Os artigos para o fogar e os denominados como outros produtos (deportes, xoguetes, agasallos etc) mércanse en tendas tradicionais. Os enquisados de 15 a 34 prefiren en primeiro lugar as cadeas para realizar compras de textil e calzado
3.2 LOCALIZACIÓN • A maioría dos enquisados mercan alimentación fresca no Mercado de Abastos. • A alimentación non fresca, os produtos de droguería-perfumería-sanidade, artigos para o fogar e outros produtos mércanse maioritariamente no propio barrio de residencia. • Os produtos de téxtil e calzado son adquiridos en maior medida no Ensanche.
4.1 ASPECTOS FAVORABLES Proximidade, atención e calidade TENDAS TRADICIONAIS Calidade e variedade MERCADO DE ABASTOS Proximidade, prezo e variedade SUPERMERCADOS Variedade, prezo e horario HIPERMERCADO/GRAN SUPERFICIE Variedade, horario e prezo CENTRO COMERCIAL
4.2 ASPECTOS DESFAVORABLES Nivel alto de prezos e escasa gama de produtos TENDAS TRADICIONAIS Falta de aparcamento e diversidade de prezos MERCADO DE ABASTOS Atención despersonalizada e falta de aparcamento SUPERMERCADOS HIPERMERCADO/GRAN SUPERFICIE Atención despersonalizada e masificación CENTRO COMERCIAL
6.1 COMPRAS FÓRA DO CONCELLO • Máis do 40 % dos enquisados afirman que “rara vez” realizan compras fóra do concello. • Os que afirman facelo, desprázanse maioritariamente a grandes superficies e comercio tradicional.
7.1 COÑECEMENTO E GRADO DE UTILIZACIÓN DE OUTRAS FORMAS DE VENDA • Máis do 98 % dos enquisados coñecen as vendas por televisión, catálogo e internet. • O coñecemento das vendas por internet é menor entre os enquisados de máis de 65 anos • Máis do 90 % dos enquisados nunca realizaron compras por televisión ou catálogo. • A compra de produtos a través de internet está máis estendida entre os composteláns que os restantes tipos de venda a distancia. • Conforme avanza a idade dos enquisados, diminúe a porcentaxe de persoas que mercan na rede. • Tamén existe certa relación entre o nivel de estudos e a merca por internet.
8. RECOMENDACIÓNS DA CLIENTELA FACLITAR O APARCAMENTO OU TRANSPORTE PÚBLICO
9. CAMBIOS NOS HÁBITOS DE COMPRA • A maioría das persoas enquisadas afirma non ter percibido cambios significativos respecto ao horario e tempo dedicado á compra, forma de desprazamento e tipo de establecemento elixido. • Os/as enquisados/as que afirman percibir algún cambio refírense principalmente a unha maior tendencia a realizar compras en grandes superficies.