E N D
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL A responsabilidade social corporativa representa unha nova forma de entender as empresas. Unha nova visión na que se centran os valores tratando de xerar valor engadido. É, por dicilo dalgún modo, un sistema de xestión integral que engloba a todas as áreas funcionais da empresa e que se presenta como unha resposta eficaz ás novas demandas do ámbito, ofrecendo solucións solventes aos fallos dos modelos financeiros das empresas. Dende unha orixe social ou antropolóxica, a empresa é un conxunto de persoas que se encontran englobadas nunha comunidade ou sociedade. É esta unha perspectiva importante que nunca debemos perder de vista. A empresa é unha organización creada por persoas que dispón dunha serie de recursos (tanto humanos coma económicos e materiais) para obter unha determinada produción (enténdase de bens, servizos e excedentes) que, en última instancia, está destinada a ... Páxina 02
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL cubrir as necesidades das propias persoas. Neste sentido, a empresa é polo tanto unha realidade creada por, con e para as persoas. Dende unha perspectiva ética, a empresa debe ser un ente intelixente en busca da felicidade. Dende a visión da ética empresarial é a empresa (o seu coñecemento acumulado máis o seu recurso) quen debe buscar de xeito intelixente a felicidade de todos os axentes (stakeholders) que participan, dun ou doutro xeito, na súa realidade empresarial. Nesta dirección, o fin último da empresa debe ser procurar o desenvolvemento e o benestar das persoas e da sociedade na que habitan, sendo o diñeiro e os beneficios simplemente medios para alcanzar este fin. Así, mentres para o modelo financeiro ilustrado o fin da empresa debería ser a maximización da riqueza dos accionistas a longo prazo, prestando especial atención aos Páxina 03
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL intereses dos demais partícipes, para o modelo de stakeholders a empresa enténdese como unha asociación de partícipes na que a maximización da riqueza do conxunto de accionistas só se entende dende a procura do benestar dos individuos e da sociedade que a conforman. O concepto responsabilidade social corporativa engloba a outros tres que debemos definir con precisión. Chamamos responsabilidade á capacidade de todo suxeito activo para recoñecer e aceptar as consecuencias dun feito libremente realizado. Chamamos social a todo o pertencente ou relativo á sociedade. E chamamos ámbito corporativo empresarial a unha unidade de organización dedicada a actividades industriais, mercantís ou de prestación de servizos con fins lucrativos. A RSE debe respectar esta tríade conceptual. Páxina 04
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL En termos comparados, investigando ao longo e ao ancho do planisferio, poderiamos chegar a conceptos alternativos e complementarios de RSE. Así, mentres en Arxentina o concepto se centra no compromiso da empresa coa educación, cos dereitos do traballador, co desenvolvemento das capacidades, co respecto da saúde e coa seguridade laboral, en Brasil este concéntrase no compromiso de alcanzar un maior desenvolvemento económico respectando aos traballadores, ás súas capacidades e ao ambiente nun ámbito de carácter ético. Á par, nos Estados Unidos a RSE deriva nunha clara transformación social que parte dunha transformación de roles e responsabilidades. Sexa como for, se algo parece claro é que a responsabilidade social nos ámbitos corporativos debe xerar certos valores como son a mellora da innovación, da transparencia, da eficiencia, da relación rendibilidade- … Páxina 05
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL competitividade, da confianza, da reputación e da lexitimidade e, como non podía ser doutro modo, do desenvolvemento sostible global. Examinemos por partes cada un destes valores. Páxina 06
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Valores da RSE A responsabilidade social debe xerar innovación. Isto implica un cambio do modelo das relacións empresariais; un transvasamento de relacións contractuais explícitas a outras máis implícitas; unha maior participación de todas as partes da empresa nesta; un cambio de obxectivos que sexa capaz de aspirar, máis que á maximización dos beneficios para o accionista, á xeración de valor e de beneficios abondo para a mellora do benestar de todos os axentes afectos; un cambio dos obxectivos individuais no seno da empresa que invite a todos os axentes que interveñen e participan desta á procura de fins máis solidarios e individualistas; un cambio do concepto de empresa que, de ser un ente xurídico abstracto, pase a ser un ente de importancia social; un cambio nas bases conceptuais do ámbito que, en vez de perseguir un mercado perfecto de beneficios particulares que acaben … Páxina 07
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL por xerar beneficios colectivos, se concentre nun mercado imperfecto onde sexa o beneficio colectivo que remate por xerar os beneficios particulares... A responsabilidade social debe xerar transparencia, isto é, modelos de información empresarial que, mediante informes de sostibilidade e responsabilidade social, rematen por reflectir a tripla dimensión económica, social e ambiental da empresa. Ademais, a información debe dirixirse a todos os grupos de interese, debe ser cualitativa e cuantitativa e debe estenderse con carácter voluntario. A responsabilidade social tamén ten a misión de mellorar a eficiencia e a rendibilidade da empresa. Para iso, en primeiro lugar, debe promover reducións de custos nos procesos produtivos e de persoal; debe incrementar as vendas e a fidelización ao cliente; debe procurar unha mellora do resultado económico e da captación de … Páxina 08
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL recursos financeiros mediante investimentos socialmente responsables. E ademais, a responsabilidade social debe xerar un desenvolvemento sostible nunha tripla dimensión corporativa: a económica, a social e a ambiental. Non esquezamos neste punto que o desenvolvemento sostible se define como "aquel modelo de desenvolvemento que busca compatibilizar a explotación racional de recursos naturais e a súa rexeneración, eliminando o impacto nocivo da acción de ser humano, en xeral, e dos procesos produtivos en particular, para satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen poñer en perigo o que as futuras poidan satisfacer as súas”. Con este manual pretendemos facilitar a comprensión e a aplicación do modelo de responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas. Neste sentido non realizamos unha exposición exhaustiva do que é a RSE … Páxina 09
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL senón que queremos presentar unha sinxela ferramenta coa que poder implantar, mellorar e facer crecer a responsabilidade social nunha empresa de dimensións reducidas. No camiño da felicidade En primeiro lugar, e en tanto que a responsabilidade social está intimamente unida aos niveis de benestar e estes, á súa vez, se fan depender do grao de felicidade da poboación, invitámoste a medir os niveis de felicidade persoal e profesional expoñendo unha táboa o teu particular decálogo de felicidade observado dende ambas as dúas dimensións (enténdase persoal e profesional). Páxina 10
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Páxina 11
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Coñecidos os intereses, sería bo que coñeceses en profundidade a filosofía da túa empresa en perspectiva social. Para iso invitámoste a definir a túa matriz de acción-reacción-repercusión (Matriz AR2) e a túa matriz de valor. Matriz AR2 A primeira tratará de observar, para cada cambio social e educativos, as túas opcións de actuación e as posibles reaccións e repercusións destas. Páxina 12
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Páxina 13
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Matriz de Valor A segunda tratará de observar e poñer en valor a túa capacidade de innovación, de produción, de competencia e de reputación. Páxina 14
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Mapa de stakeholders Acto seguido, en tanto que a responsabilidade social sempre se refire aos axentes que participan da actividade da empresa,invitámoste a expoñer na seguinte táboa quen son os teus stakeholders. Páxina 15
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Matriz de Equilibrio Sostible Definidos todos eles, trataremos de descubrir cales son os principais elementos de equilibrio e desequilibrio económico, social e ambiental presentes e futuros. Farémolo deseñando a matriz de equilibrio sostible (MES): Páxina 16
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Matrices de axentes A continuación, definiremos para cada stakeholder unha matriz sostible como a que a continuación se describe: Expoñeremos agora os principais obxectivos de responsabilidade social da empresa en atención aos axentes afectos sobre os cales inciden. Estes integran o que poderiamos chamar a matriz intención sostible corporativa. Para cada un deles poderiamos observar o impacto que supón sobre a empresa e a prioridade que a súa consecución aparella para ela. Páxina 17
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL • Indicadores 0 • Indicadores de importancia para os traballadores • valor económico xerado • remuneración dos traballadores • condicións ambientais no lugar de traballo • avaliación dos resultados e as competencias do traballador • nivel de absentismo laboral • perfil do equipo de traballadores • formación dos traballadores • rotación de equipo • conciliación de vida laboral, familiar e persoal • respecto de dereitos humanos • programa de igualdade de oportunidades • xeración de residuos • verificación ambiental por axentes externos Páxina 18
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL • independentes • reciclaxe • tratamento de accidentes laborais e enfermidades profesionais • representación formal dos traballadores na xestión • representación sindical ou colectiva • política de saúde e seguridade no traballo • acoso e abuso • Indicadores de importancia para o sector público (administración) • valor económico xerado • investimentos e servizos que proporcionen beneficio social • relacións con poderes políticos e lobbies • axuda do goberno Páxina 19
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL • Indicadores de importancia para os provedores • condicións e media de tempo de pagamento • formación dos traballadores • respecto dos dereitos humanos • boas prácticas cos provedores locais • selección, avaliación e asociación con provedores • indicadores de importancia para os clientes • satisfacción do cliente • dereitos humanos • responsabilidade sobre os produtos • retención e fidelización do cliente • atención ás reclamacións sobre produtos • impacto por mercadotecnia social • sistema de xestión ambiental • garantía de privacidade do cliente • responsabilidade comunicativa do produto • selección, avaliación e asociación con provedores Páxina 20
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL • Indicadores de importancia para os accionistas • valor económico xerado • privacidade do cliente • responsabilidade comunicativa do produto • selección, avaliación e asociación con provedores • indicadores de importancia para o medio ambiente • consumo de enerxía e auga • condicións ambientais no lugar de traballo • verificación ambiental externo independente • reciclaxe • sistema de xestión ambiental • emisións de gases e efluentes • biodiversidade Páxina 21
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL • Indicadores de importancia para a comunidade • dereitos humanos • valor económico xerado • relación coa comunidade • premios e distincións por actuación responsable • investimentos e servizos que proporcionen beneficio público • Indicadores de importancia para os competidores • responsabilidade comunicativa do produto Páxina 22
MANUAL DE RESPONSABILIDADE SOCIAL Indicadores totais Unha vez que a empresa é capaz de valorar o impacto de cada un destes indicadores cero sobre cada stakeholder poderá definir un plan de acción específico en 4 fases. O guión se estende en PDF anexo. Páxina 23