630 likes | 835 Views
Áurea Brea (psicóloga). Yaiza García (educadora social). Trastornos da Conduta Alimentaria : que son e que podemos facer para evitalos?. Guión. » Que son os Trastornos da Conducta Alimentaria? - Concepto. - Características. - Tipos. » Detección. » Prevención. - Familiar.
E N D
ÁureaBrea (psicóloga). Yaiza García (educadora social). Trastornos da Conduta Alimentaria: que son e que podemos facer para evitalos?
Guión. » Que son os Trastornos da Conducta Alimentaria? - Concepto. - Características. - Tipos. » Detección. » Prevención. - Familiar. - Escolar. - Social. » Recursos. » Asociación Abagal.
Que son os Transtornos da Conduta Alimentaria? - Son alteracións graves da conduta alimentaria. - Son o trastorno de saúde mental con maior índice de mortalidade. - Incremento dramático nas sociedades occidentais. - Tres clasificacións diagnósticas: Anorexia Nerviosa Bulimia Nerviosa. Trastorno da conduta alimentaria non específicado.
Características. » Epidemioloxía. - Afectan fundamentalmente a mulleres (95%) - A anorexia nerviosa afecta a 1 de cada 100 persoas. - A bulimia nerviosa afecta a 3 de cada 100 persoas. - O TCA non especificado é o máis prevalente.
Características. » Idade de aparición: - A anorexia nerviosa comeza habitualmente entre os 13 e os 18 anos. - A bulimia nerviosa soe aparecer entre os 18 e os 25 anos.
Características en común entre AN e BN: - Medo intenso a gañar peso ou a convertirse en obeso. - Autoevaluación influida excesivamente polo peso e silueta. - Preocupación extrema polo peso e as formas corporais. - Comportamentos dirixidos ó control do peso e a figura.
Anorexia Nerviosa. ¿Qué caracteríza a unha persoa con AN? - Négase a ter o peso que se considera adecuado para a súa idade e altura. IMC inferior a 17,5 IMC= peso en Kg. / (altura en m.)²
Anorexia Nerviosa. - Alteración na percepción do peso, talla ou silueta corporal.
Anorexia Nerviosa. Outras características: - Características obsesivas. - Ausencia da menstruación.
Anorexia Nerviosa. Subtipos. - Tipo restrictivo. - Tipo purgativo: hai atracóns ou/ e conductas purgantes.
Bulimia Nerviosa. ¿Qué caracteríza a unha persoa con BN? » Episodios recurrentes de inxesta voraz.
Bulimia Nerviosa. ¿Qué caracteríza a unha persoa con BN? » Condutas compensatorias inapropiadas para evitar o aumento de peso. - Vómitos. - Mal uso de lanxantes ou diuréticos. - Medicamentos adelgazantes. - Xexún. - Exercicio físico excesivo.
Bulimia Nerviosa. »Subtipos: - Tipo purgante. (vómito e purgantes) - Tipo non purgante. (exercicio e réxime)
Trastorno da Conduta Alimentaria Non Especificado. - Non cumplen tódolos criterios de AN nin BN. - Mulleres que cumplen todos os criterios para a anorexia, pero con menstruación regular. - Cúmplense os criterios para a anorexia pero con peso dentro dos límites da normalidade (típico de paciente obesos). - Cúmplense tódolos criterios para a bulimia, pero cunha frecuencia de atracóns e/o condutas compensatorias menor a 2 veces por semana ou durante menos de 3 meses.
Trastorno da Conduta Alimentaria Non Especificado. - Empleo regular de condutas compensatorias despois de inxerir pequenas cantidades de comida. - Masticar e escupir, sen tragar, cantidades importantes de comida. - Trastorno por inxesta compulsiva (binge eating), atracóns, recurrentes en ausencia de condutas compensatorias. - Fobia á gran maioría de alimentos e/ou condutas de vómito que, pero sen que exista un medo intenso a aumentar de peso.
Consecuencias. - Fame e enfraquecemento extremo. - Insomnio. - Estrinximento. - Amenorrea. - Interrupción do desenvolvemento puberal. - Dificultade para a concentración mental. - Depresión e pesimismo. - Sensación de frío. - Ósos fráxiles. - Perda de masa muscular e forza. - Morte (desnutrición e suicidio)
Sinais de alerta: » No plano psicolóxico: - Preocupación esaxerada polo peso e silueta. - Insatisfacción co propio corpo. - Ánimo deprimido e baixa autoestima. - Prexuizos contra a obesidade. - Exceso de autocrítica.
Sinais de alerta: » A nivel social: - Grupo de amigas/os que lle dan moita importancia ó físico e fan dieta. - Grupo de amigas/os con problemas de alimentación, - Contexto social competitivo.
Sinais de alerta. » No ámbito escolar: - Hiperesixencia académica. - Establecemento dunhas metas moi elevadas. - Afán de ser o mellor. - Tendencia ó perfeccionismo. - Alto nivel de tensión por conseguir os obxetivos marcados. - Necesidade de aprobación. - Medo ó fracaso, ata o punto de ser preferible renunciar antes que fracasar.
Sinais de alerta: » Cambios comportamentais: - Comezar unha dieta adelgazante (desecadenante clave). - Alteracións dos horarios da inxestión dos alimentos. - Regatea co tipo de alimentos que quere comer. - Dí que determinados alimentos engordan. - Prefire productos dietéticos ou light.
Sinais de alerta: » Cambios comportamentais: - Comezar a facer exercicio físico intenso ou incrementar considerablemente a frecuencia desta actividade. - Disminución das horas de sono. - Está en continuo movemento facendo todo tipo de actividades.
SINAIS DE ALARMA:Sinais que indican a presencia de patoloxía.
Sinais de alarma. » Perda de peso de orixe desconocido. Un índice de masa corporal inferior a 18 significa delgadez extrema e superior a 30 obesidade. IMC= peso en Kg. / (altura en m.)²
Sinais de alarma. » Falta inexplicable da menstruación nos últimos meses.
Sinais de alarma. » Atracóns: come compulsivamente, gran cantidade de alimentos calóricos nun corto período de tempo.
Sinais de alarma. » Purgas: - Devolve a comida: vai o baño sempre despois de comer, intenta chegar antes que ninguén á clase para devolver de forma máis discreta. - Presenta marcas ou callosidades no dorso da man. - Toma fármacos para adelgazar, laxantes ou diuréticos.
Sinais de alarma. » Pobreza nas relacións sociais. - Aíllase na súa habitación, - Evita cada vez máis as situacións sociais. - Prefire invertir todo o seu tempo en actividades útiles por exemplo: estudiar. - Prefire comer só, evita ir a eventos sociais nos que hai comida.
Sinais de alarma. » Obsesión coa comida. - Colecciona recetas de cociña. - Cociña para toda a familia pero non proba bocado.
Sinais de alarma. » Condutas raras relacionadas cos alimentos. - Esconde alimentos, - Cando come corta a comida en pequenos trozos ou mastica en exceso, xoga no plato coa comida pero non a come,.. - Come de pé. - Prefiere comer só e evita acudir a ceas ou outros eventos sociais onde hai comida. - Prefire comer na súa habitación. - Como de noite ou fóra dos horarios habituais.
Como actúo se creo que unha persoa cercana ten un TCA? » No ámbito familiar: - Falar coa persoa con claridade. - Non acusar a persoa de ter unha enfermidade: “a tí o que lle pasa é que tes anorexia”. - Non facer sentir culpable á persoa dos seus síntomas. - Comprensión e empatía coa persoa que padece o trastorno non cos seus síntomas. - Amosarlle apoio incondicional. Facerlle ver que sempre se estará ó seu lado pase o que pase. - Pensar que non se é culpable do que está pasando.
Como actúo se creo que unha persoa cercana ten un TCA? » Dende a escola: - Claridade a hora de falar cos pais e co alumno. - Proporcionarlle á familia apoio e información sobre os recursos ós que dirixirse. - Seguimento dos casos para comprobar que se tomaron as medidas oportunas.
Prevención na familia. » Desenvolvemento e potenciación dos factores de resistencia: - Facer deporte. - Presentar alta autoestima. - Alta sensación de autoeficacia. - Habilidades para a resolución de problemas. - Actitude crítica cara a publicidade. - Grupo de amigos. - Boa relación cos pais.
Prevención na familia. » Minimización dos factores de risco: - Patróns alimentarios inaxeitados. - Realización de dietas por familiares e achegados. - Niveis de comunicación deficientes. - Incapacidade para a resolución de conflictos. - Sobreprotección. - Importancia excesiva da apariencia. - Expectativas demasiado altas. - Posición extremadamente tolerante ou emocionalmente distante. - Neglixencia física ou afectiva.
Prevención na familia. 1. Educación nutricional: alimentación saudable. » Pirámide nutricional:
Prevención na familia. 1. Educación nutricional: alimentación saudable. » Os hábitos á hora de comer: - Aumentar a cantidade de alimentos no almorzo. - Non facer as ceas xusto antes de deitarse. - Comer é un placer, debemos coidar o sabor e presentación dos platos. - Manter un ambiente agradable á hora das comidas, comer é un acto social. - Manter unha estabilidade nos horarios das comidas.
Prevención na familia. 2. Autoconcepto: amplio, rico e positivo. - Resaltar cualidades positivas de todo tipo, non só as físicas e académicas. Por exemplo: sentido do hurmor, capacidade para facer amigos, amor ós animais, empatía cos seus avos, habilidade para as manualidades, bo corredor, etc. - Non decirlle nunca que son malos en algo, se non que algo non lles saleu ben, pero que eso non significa que eles señan malos. - Valorao polo esforzo empleado non polos resultados.
Prevención na familia. 3. Pensamento crítico ante os medios de comunicación e a publicidade. - Desmentir e fomentar a crítica ante os mensaxes publicitarios e a televisión. - Dar exemplo de que a publicidade non nos manipula e non caer no consumismo absurdo. - Supervisar os contidos televisivos que ven, as revistas que len e as páxinas de internet que consultan.
Prevención na familia. 4. Tolerancia á frustración. - Deben comprender dende que nacen que non poden conseguir todo o que queren e que as veces as cousas saen mal. - Non ceder ante o chantaxe emocional. - Debe entender que as accións teñen unhas consecuencias.
Prevención na familia. 5. Responsabilidades e liberdades. - Se o pode facer él non llo fagas ti. - Dende moi pequenos teñen que ir asumindo responsabilidades progresivamente. - Autoresponsabilizao dos seus erros e axudalle a buscar formas de solucionalos por él mesmo. - Dalle libertades e independencia progresivamente, establece límites e normas apropiados a súa idade.
Prevención na familia. 6. As metas: individuais e realistas. - Deixa que decida as súas propias metas. - Respetao como ser individual. - Axudao a establecer metas realistas. - Axudao a entender os fracasos como parte do proceso, non como unha derrota.
Prevención na familia. 7. A comunicación: fluida e bidireccional. - Busca momentos apropiados para conversar. - Aprende a escoitar, sen prisas e prestando atención. - Non utilizar o chantaxe emocional, é importante expresar os sentimentos pero non utilizalos para danar ó outro. - Aprende a expresarte de forma asertiva.
Prevención na familia. 8. Afrontamento dos conflictos e problemas. - Escoita e presta atención ós problema, non lles restes importacia nin tampouco os esaxeres. - Espera a que se calmen as emocións para reanudar as conversacións. - Non caer nos reproches, nin botarse as culpas mutuamente. - Intenta buscar a parte positiva das cousas que pasan. - Analizar vías de solución e poñer en prácticas as máis viables. - Mostrar apoio incondicional.
Prevención na escola. Educación para a vida.