230 likes | 399 Views
Un conto de galiñas Mon Daporta. 10. Vinte patas, dez peteiros, dez cristas coloradiñas. Que ben loce o galiñeiro coas súas dez galiñas. 10. 9. Unha foi detrás dun galo polo camiño do Grove. Foise para non volver. Eran dez e xa son nove. 9. 8.
E N D
Un conto de galiñas Mon Daporta
10 Vinte patas, dez peteiros, dez cristas coloradiñas. Que ben loce o galiñeiro coas súas dez galiñas.
10 9 Unha foi detrás dun galo polo camiño do Grove. Foise para non volver. Eran dez e xa son nove.
9 8 Outra saiu a un recado. Disque foi mercar biscoito. Nunca máis se soubo dela. Eran nove e xa son oito.
8 7 Outra seica foi cagar e caeu polo retrete. Nunca máis a volvín ver. Eran oito e xa son sete.
7 6 Outra non sei que foi dela, porque por máis que a busquei, Nunca puiden atopala e agora só teño seis.
5 6 Outra vestiuse de novo para saír o domingo. Debeuse perder no baile. Eran seis e xa son cinco.
4 5 Das cinco que me quedaban, a unha roubouma un gato. Antes aínda tiña cinco, mais agora teño catro.
4 3 Outra saíume de troula e marchouse cun inglés. Xa só me quedaban catro e agora quédanme tres.
2 3 Outra saíu de paseo e perdeuse polas rúas. Das tres galiñas que tiña xa só che me quedan dúas.
1 2 Da parella que aínda tiña unha fuxíu cara á Lúa. Antes tiña dez galiñas e agora teño só unha.
1 0 A galiña que quedaba marchome para o extranxeiro. Antes tiña o curral cheo e agora está baleiro.
1 0 Pero daba tanta pena ver a eira tan soíña que cuns cartos que gardaba fun mercar unha galiña.
2 1 Ter unha galiña soa case é como ter ningunha. Collín cartos para outra e, xa logo, tiven dúas.
3 2 Como tiña tan pouquiñas, regaloume outra Andrés, E de ter dúas galiñas, pasei logo a tervos tres.
4 3 Fun de paseo unha tarde e atopeina nun burato. Que galiña máis bonita! E coas tres xa fixo catro.
5 4 Outra deuma de regalo un veciño moi amigo. Como medra o galiñeiro! Eran catro e xa son cinco!
6 5 Tiven sorte e, por ser boa, deixáronme outra os Reis. Antes tiña cinco pitas e agora xa teño seis.
7 6 Outra chegoume unha tarde, metidiña nun paquete. Antes tiña media ducia e agora xa teño sete.
8 7 Polo aire, revoando, cousa que me extrañou moito, entrou no curral outra pita, e con ela xuntei oito.
9 8 E polo meu cumpleanos, trouxéronme unhas amigas, unha pola de regalo. Teño xa nove galiñas.
10 9 Onte déronme unha nova e con ela xuntei dez. O galiñeiro baleiro… volve a estar cheo outra vez!
fin Cousiñas feitas na casa Mon Daporta