80 likes | 279 Views
UNIDADE 7. A dinámica da Terra. VOLCÁNS HISTÓRICOS. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 7. Volcáns históricos. Preme sobre cada volcán para saber máis. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 7. Volcáns históricos. O volcán de Santorini.
E N D
UNIDADE7 A dinámica da Terra VOLCÁNS HISTÓRICOS Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE7 Volcáns históricos Preme sobre cada volcán para saber máis. Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE7 Volcáns históricos O volcán de Santorini • Este volcán entre 1650 e 1500 a.C, provocou a maior erupción da Antigüidade. • O actual arquipélago de Santorini (Grecia) son os restos dunha grande illa que se destruíu por unha erupción explosiva do volcán que había nela. Cando o volcán estourou, o centro da illa derrumbouse no mar, e só quedaron pequenos illotes cunha caldeira no centro. • A erupción lanzou grandes cantidades de materiais á atmosfera e o derrumbe da illa orixinou grandes tsunamis. • As consecuencias foron desastrosas para civilización minoica de Creta. O tsunami devastou poboacións enteiras, sobre todo nas costas. O clima do planeta enteiro, pero sobre todo do mediterráneo oriental, sufriu cambios que levaron a malas colleitas e fames. • Existen escritos dos exipcios que afirman que, nunha data que coincide con esta erupción, o ceo escureceuse durante meses, sen verse luz solar ningunha. O mito da Atlántida ou as doce pragas de Exipto foron asociados con esta erupción. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE7 Volcáns históricos O Vesubio • O 24 de agosto do ano 79, o Vesubio (Nápoles) entrou nunha das súas máis violentas erupcións, sepultando as cidades dos arredores (Pompeia e Herculano). • As nubes de gases tóxicos e unha coada piroclástica ardente arrasaron todo ao seu paso. • Moitos dos habitantes das cidades refuxiáronse nos seus fogares. Co paso das horas, o aire facíase irrespirable e moitos morreron asfixiados ou enterrados polas cinzas do volcán. • Tras varios séculos enterradas, hoxe en día, as ruínas de Pompeia e Herculano ofrecen un testemuño inigualable de como eran as cidades daquela época. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE7 Volcáns históricos O Timanfaia • O 1 de setembro de 1730 produciuse a primeira das erupcións do volcán Timanfaia en Lanzarote. • Durante o século XVIII, producíronse numerosas erupcións no arquipélago canario, pero este volcán, permaneceu en activo durante un período de seis anos, durante os cales sepultou dez poboacións e cubriu de lava e cinzas boa parte do sur da illa. • As erupcións do Timanfaia expulsaron entre tres e cinco quilómetros cúbicos de materiais, e configuraron boa parte do relevo actual da illa. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE7 Volcáns históricos O Tambora • En abril de 1815, na illa de Sumbawa (Indonesia), tivo lugar a erupción do volcán Tambora, coñecida como “a erupción do milenio”. • A erupción sentiuse a 5000 quilómetros. A chuvia de cinzas alcanzó espesuras de tres metros en Indonesia, e chegou ata Francia. No océano, formáronse verdadeiras illas de piroclastos, cinzas, pedra pómez..., que dificultaron a navegación da zona durante anos. • Esta erupción alterou notablemente o clima e o ano 1816 pasou á historia como “o ano sen verán”, xa que as temperaturas foron tan baixas que estragaron as colleitas e provocaron fames. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE7 Volcáns históricos O Krakatoa • O 20 de maio de 1883 o Krakatoa comezou unha serie de pequenas erupcións que non alertaron aos seus habitantes. Ninguén sospeitaba que o 26 de agosto un enxordecedor son daría comezo a unha das maiores erupcións volcánicas da historia. • A erupción durou varias horas ata que, na mañá do 27 de agosto, unha descomunal explosión volaría gran parte da illa en anacos. O son producido foi considerado o son máis forte xamais rexistrado, que enxordeceu aos poucos superviventes que se encontraban en distancias de ata 40 km. Os materiais expulsados chegaron ata os 80 quilómetros de altitude, alterando o clima da Terra por algúns anos. • A erupción, así como os devastadores tsunamis, arrasaron centos de aldeas das costas de Indonesia e mataron a máis de 36000 persoas. Na illa de Sebesi, a 13 quilómetros de Krakatoa, non sobreviviu ningún dos seus 3000 habitantes. • Hoxe en día, pequenas erupcións están, pouco a pouco, levantando un novo cono volcánico na caldeira que quedou tras aquela gran erupción. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE7 Volcáns históricos O Monte Pelée • O 8 de maio de 1902, tras un tempo mostrando signos de actividade, produciuse a mortífera erupción do Monte Pelée, na illa de Martinica. • A erupción provocou unha nube ardente chea de gases e cinzas que alcanzou unha temperatura de máis de mil graos centígrados e que se desprazou sobre a cidade de St. Pierre a máis de 670 quilómetros por hora. • A nube ardente acabou coa vida da maior parte dos 30000 habitantes de St Pierre. • O 20 de maio, unha segunda erupción destruíu o que quedaba de St. Pierre, e o 30 de maio, unha última erupción provocou outra nube ardente que acabou coa vida de máis de mil persoas de poboacións próximas. Desde entón, o Monte Pelée non volveu mostrar actividade. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO