210 likes | 428 Views
15.Galicia na Hispania Romana. 1.Conquista Romana 1.1.Guerras Púnicas.
E N D
1.Conquista Romana1.1.Guerras Púnicas • As guerras Púnicas (Carthago contra Roma), marcan o inicio da ocupación romana na Península Ibérica. O cartaxinés Amilcar Barca funde Carthago Nova, emáis tardeseu fillo Aníbal dominou Sagunto.Ante esto Roma decidiu conquistar a Península Ibérica e no ano 218 a.C. na cidade de Emporion, desembarcaron os exércitos romanos dos irmáns Escipión: Inicio da conquista romana da Península Ibérica.
1.2. As conquistas (218 a 19 a.C.) • 1ª fase:(218 a 201 a.C.) guerras para dominar a costa mediterránea. A conquista de Carthago Nova e de Gades, levaron o control do Sur e do Leste. • 2ª fase:(201 a 154 a.C.): conquista do Sistema Ibérico e da Meseta oriental. • 3ª fase: guerras contra lusitanos, arevacos e vaceos (zona occidental). No 139 a.C., o caudillo lusitano Viriato, é asesinado polos seus pro- pios oficiais que pactan con Roma. Tamén toman Numancia. • 4ª fase: gran resistencia nas guerras contra galai- cos, cántabros e ástures. Galicia conquistada no 137 a.C. sendo Augusto o emperador. Sometidos to- dos os pobos finaliza a con- quista e comeza o proceso de Romanización.
2.Hispania, un territorio do imperio romano 2.1.División en provincias • Os romanos para administrar as terras conquistadas dividiron Hispania en provincias, e cada unha tiña un gobernador ó frente. • Augusto, dividiuna en 3 provincias: Baetica, Lusitania e Tarraconensis. Ó final do Imperio as provincias eran 6: Gallaecia, Lusitania, Baetica, Carthaginensis, Tarraconensis e Balearica.
2.2. Actividade económica • Produción agrícola: medrou moito polos avances técnicos. As terras eran traballadas por colonos e indíxenas, e tamén escravos nos latifundios. Os cultivos máis importantes: trigo, aceite, vide. • Actividade artesanal: existían pequenos obradoiros e grandes factorías. Fabricaban armas, tecidos, cerámica, salgaduras. • Minería: obtiñan metais preciosos, e tamén cobre, ferro e metais. Nas minas traballaban os escravos.
2.3.Produción • Se destina ó consumo local e tamén se exportaba ó resto do imperio, me- diante transporte marítimo é unha rede de calzadas. Calzada romana • As calzadas romanas unían as cidades de Hispania entre si e tamén co resto do Imperio. As máis importantes: • Vía Augusta:percorre a costa mediterránea e chega a Roma. • Vía de Prata: atraviesa a península unindo Mérida e Astorga. 2.4.Calzadas romanas
3. Gallaecia unha provincia romana3.1.Organización do territorio • O territorio ocupado polos galaicos foi chamado Gallaecia polo romanos. Debido á gran resistencia instalaron campamentos permanenters onde nace- ron cidades como: Lugo, Braga e Astorga. A divi- diron en tres conventos: Lucensis, Asturicensis e Bracarensis.
3.2.Explotación de riquezas • Os romanos impuxeron tasa aos galaicos, que tamén estaban obrigados a ser soldados no exército. Os recursos mineiros de Gallaecia eran o principal interese de Roma (prata e ouro). As poboacións situáronse en chairas e en baías (Brigantium). Gallaecia tivo a influencia romana e moitos castros convertéronse en explotacións agrícolas e pesqueiras. Construiron calzadas e obras públicas.
Descubre: A vida cotiá Ondevivían Como y que comían A familia Ocio • Comían en una sala “Triclinium”, coas mans e deitados en cadeiras. No almorzo comían pan, dátiles, queixo,etc. No xantar carne fría e viño. Na cea era unha verdadeira festa, porque comían entrantes, asados, sobremesa e viño. • Vivían baixo a autoridade do pai que tiñan a Patria Potestas sobre os fillos e escravos (incluso sobre a morte). • As mulleres sempre dependían dun home (do seu pai o do seu marido). • Acudían ó circo, anfiteatro, teatro e ás termas. • As familias ricas en casas individuais (domus),que tiñan un vestíbulo que accedía a un patio interior e ao redor distintas dependenzas • As familias humildes en casas colectivas de varios andares(insu-las). Vestimenta • Os cidadáns levaban unha toga viril. Os mozos unha toga pretexta. As mulleres vestían unha estola á cintura cuberta cunha palla. Todos usaban sandalias.
4. O legado Roma4.1. A Romanización • A integración romana supuxo a adopción de elementos culturais propios desa civilización, isto denomínase romanización.O dereito romano unificou xuridicamente todos os habitantes. Os hispanos adquiriron a cidadanía romana no ano 212 d.C. A relixión romana foise impoñendo, ó igual que o latín, que converteuse na lingua habitual. Ademais, as familias máis ricas enviaban os seus fillos a Roma para ampliar a súa formación e iniciar unha carrera política. Moitos ascenderon a grandes cargos como: Traxano, Adriano e Teodosio.
Hispania e a romanización • A romanización de Hispania variou dunhas rexións a outras. As grandes figuras hispanorromanas procedían da Baetica e pertencían á clase senatorial ( é o caso da familia cordobesa dos Séneca que aportou ao filósofo Séneca e ao poeta Lucano). • A romanización supuxo a adopción de moitos elementos da cultura romana e de moitos elementos que perviviron ata os nosos días. Fundamentalmente: 1-O latín 2- O dereito romano 3- A relixión cristiana 4- Obras públicas e artes plásticas
O USO DO LATIN • O triunfo do latín supuxo a desaparición das linguas indíxenas, das que só subsitiú o vasco. O latín, que era a lingua oficial serviú de vehículo da expresión das creacións dos intelectuais e ademáis constituí o substrato dos idiomas: castelán, galego, catalán. • O latín foi lingua de comunicación e tamén lingua de cultura. • Houbo varios personaxes oriundos de Hispania: emperadores (Traxano,Adriano e Teodosio), filósofo (Séneca), poeta (Lucano), etc
O DEREITO ROMANO • O dereito romano constituíu o instrumento que simboliza as relacións de tipo público entre os habitantes e o Estado. O dereito romano aínda hoxe e a base do ordenamento xurídico.
A RELIXIÓN CRISTIANA • Durante os primeiros séculos respetouse o culto dos indíxenas de Hispania que adoraban os elementos da natureza. Co tempo o Cristianismo convertiuse na única relixión oficial do Imperio, e a Igrexa foise organizando: creando provincias, diócesis e mosteiros. A nova relixión impregnou a cultura romana tanto nas creacións artísticas, literarias e incluso na forma de interpretar a historia ( Deus era a orixe de todo).
OBRAS PÚBLICAS E ARTES PLASTICAS • O desenvolvemento urbano propiciou o das obras públicas. A densa rede de Calzadas fixo posible a comunicación entre cidades e contribuiu ó desenvolvemento da romanización. Por exemplo: Ponte de Alcántara en Cáceres, Acueducto de Segovia, Arco de Traxano, Arco de Medinaceli. Tamén edificios destinados ó ocio tales como Teatros, Anfiteatros, circos en Mérida e Sagunto. • Nas artes plásticas, sobre todo a pintura foi utilizada como expresión de ostentación e de riqueza nas clases nobres : o mosaico decoraba muros e chans en atrios e en dependencias das casas con esceas da mitoloxía e da vida cotiá.
4.2.Patrimonios artísticos en Hispania • O proceso de romanización baseouse fundamentalmente nas cidades, que convertéronse en núcleos difusores da cultura e das formas de vida romanas.En España conservanse magníficos exemplos de: teatros, anfiteatros, circos, termas, murallas, pontes e acuedutos. • Ademais, obras de arte conmemora- tivas como, arcos de triun- fo, templos e monumento funerarios. • En escultura retratos, estatuas e relevos. • Os mosaicos e pinturas adornaban as vivendas e as vilas rurais. Acueduto de Segovia Teatro romano en Emerita Augusta (Mérida)
5.O legado romano en Terras Galegas • Galicia foi un dos últimos territorios da península en someterse ó dominio romano. Salienta sobre todo a cidade de Lugo. 5.1.Lugo (Lucus Augusti) Agora en Lugo, podemos atopar: • A muralla, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.Ten un perímetro de 2150m e 85 torres. • O templo,dedicado a Mitra, atópase baixo a muralla. • As termas, integradas hoxe nun moderno balneario, conservan o apodyterium. As domus, posúen algúns mosaicos de gran calidade. Extramuros atópanse o anfiteatro e a palestra nun estado deficiente. Tamén debese citar a ponte romana na calzada que unía con Braga. Muralla de Lugo
5.2.Torre de Hércules (en Brigantium) • A Torre de Hércules, construída no século II. E o único faro romano na Península e o máis antigo do mundo en funcionamento. As escavacións en 1991 confirmaron a existencia pobos romanos en Coruña. Foi declarada Patrimo- nio da Humanidade po- la UNESCO en 2009.
5.3.Outros monumentos Outros monumentos como: • O único alfar de Galicia en Panxón. • As escavacións en Vigo de actividades comerciais. • Numerosas vilas rurais de Cambre, Noville e Riocaldo. • Varias pontes, como a ponte do Freixo en Ourense. • Unha das pontes de Freixo. • Escavacións en Vigo
Bibliografía: • Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Novo Cabo Fisterra. Editorial Vicens Vives. • Enciclopedia del estudiante. Historia de España e Historia de Arte. Editorial Santillana. • Imaxes recopiladas de varias páxinas web como: www.artehistoria.com, www.viajarporextremadura.com, www.meridaeterna.com, www.arteguias.com, es.wikipedia.org.
Feito por: Fernando Blanco Gómez 1º D