90 likes | 198 Views
INNOVACIÓN TIC EN COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO E OUTRAS PEMES DE CARÁCTER ASOCIATIVO. Introducción. A cooperativa Intergal S. Coop. Galega desenvolve a súa actividade nos servizos integrais de novas tecnoloxías, no desenvolvemento de aplicacións informáticas, etc.
E N D
INNOVACIÓN TIC EN COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO E OUTRAS PEMES DE CARÁCTER ASOCIATIVO
Introducción A cooperativaIntergal S. Coop. Galegadesenvolve a súa actividade nos servizos integrais de novas tecnoloxías, no desenvolvemento de aplicacións informáticas, etc. De acordo con esta especialización, e en colaboración coaFederación de CooperativasSinerxia, aUnión de Cooperativas de Traballoasociado UGACOTAe a cooperativa de investigación socialCidadania S. Coop. Galega, ten promovido a realización dun estudo para a innovación TIC nas cooperativas, que conta co financiamento doMinisterio de Industria, Programa AvanzaPeme.
Obxectivos • Coñecer o estado de situación de partida das cooperativas respecto das ferramentas TIC • Identificar necesidades que poidan ser comúns e sexa viable atender con adaptación de ferramentas existentes ou desenvolvemento doutras • Testar os obstáculos que poden presentarse para a utilización destas novas ferramentas • Potenciar a utilización de software libre nas cooperativas • Ampliar a repercusión do proxecto a cooperativas e entidades da economía social de todo o Estado
Metodoloxía Serán tres os dispositivos para acadar os obxectivos formulados: • realización dunhaenquisa, • traballo cungrupo piloto formado por 13 cooperativas • realización de reunións de contraste a nivel estatal
Enquisa • Para garantir unha visión ampla do sector cooperativo realizamos unhaenquisa inicial, a unha mostra das cooperativas galegasde diferentes sectores e tipos. • O traballo de campo desta enquisa realizouse en novembro e decembro de 2009.
Grupo piloto Para garantir un traballo en profundidade que permita testar na práctica as necesidades concretas e dificultades específicas, seleccionamos un grupo de 13 entidades cooperativas coas que traballamos de forma máis estreita: • Facendo unha análise inicial de recursos e necesidades • Ofrecendo algunhas aplicaciónsconcretas • Acompañando na implementacióndestas ferramentas e detectando así as dificultades
Selección grupo piloto Para a selección das 13 cooperativas que constitúen este grupo pilotoséguense os criterios de: • Dar cabida ás cooperativas de consumo, que teñen expresado a necesidade de promover unha central de compras, obxectivo que podería verse canalizado a través das TIC. • Incorporar cooperativas que teñan interese nomercado sociale nas novas tecnoloxías como apoio para a construción deste mercado. Tamén cooperativas interesadas en potenciar o apoio mutuo e intercambio comercialdentro do sector da economía social. • Dar cabida a cooperativas coninterese específico en innovar e profundizar na utilización das novas tecnoloxíaspara a mellora da xestión tanto empresarial como societaria.
Contraste a nivel estatal Finalmente, contémplase a realización de reunións de contraste nas redes estatais de cooperativas e entidades de economía social e solidaria, recollendo suxestións e recomendacións que poidan ser integradas ás ferramentas ou ás súas formas de acceso, difusión, etc.
Este proyecto ha sido financiado por el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011 y el Fondo de Desarrollo Regional FEDER