200 likes | 351 Views
TEMA 1: O BARROCO. SÉCULO XVII-XVIII. O Barroco , ademais dun período da historia do arte, foi un movemento cultural que se estendeu na literatura, a escultura, a pintura, a danza e a música dende o 1600 ata 1750 aproximadamente. CARACTERÍSTICAS:.
E N D
TEMA 1:O BARROCO SÉCULO XVII-XVIII
O Barroco, ademais dun período da historia do arte, foi un movemento cultural que se estendeu na literatura, a escultura, a pintura, a danza e a música dende o 1600 ata 1750 aproximadamente.
CARACTERÍSTICAS: • Tras a crise relixiosa o barroco xurdirá como o movemento relixioso e cultural da contrarreforma, non so como un estilo artístico • Xurde en Italia e difúndese logo por Europa. • Un gran desenrolo técnico. • Grandiosidade e complexidade nas súas obras. • Movemento das formas e libre expresión dos sentimentos. • Adorno e desequilibrio.
ARQUITECTURA: • Supón unha ruptura do equilibrio clásico. • Adornos recargados • Fachadas con entrantes e saíntes, curvilíneas • Frontóns partidos • Columnas salomónicas, de fuste partido • As plantas dos edificios manteñen a forma basilical e a central, pero introducindo curvas e planos oblicuos. • Fachadas con moita decoración
ARQUITECTURA: FACHADA SAN PEDRO VATICANO COLUMNATA DE SAN PEDRO CARLO MADERNO GIAN LORENZO BERNINI PLAZA MAIOR DE SALAMANCA ALBERTO CHURRIGUERA
CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. FACHADA DEL OBRADOIROAUTOR: FERNANDO CASAS Y NOVOAFECHA:1738-50
ESCULTURA: • Manifesta interese polo movemento (as roupas ondúlanse, actitudes vólvense violentas e teatrais). • Como materiais empréganse a pedra, mármores de cores, bronce, estucos e en España a madeira. • Os temas son variados, pero os relixiosos teñen un papel fundamental sobre todo en España. • En moitas ocasións a escultura pasa a formar parte do propio edificio, como un elemento arquitectónico máis.
APOLO Y DAFNE LA ORACIÓN DEL HUERTO DE LOS OLIVOS BERNINI FRANCISCO SALZILLO
CRISTOS YACENTES GREGORIO FERNÁNDEZ De orixe galego, instalouse en Valladolid onde creou un taller con numerosos seguidores. A través da anatomía intenta revelar a vida interior dos seus personaxes. As cabezas son enormemente expresivas. Os roupaxes, de formas quebradas e ricas no claroscuro, Intensifican a súa expresión.
PINTURA: • Dominio da profundidade. • Predomina a cor sobre o debuxo. • Dáse maior importancia a luz ca forma. • Conséguese un dominio perfecto da perspectiva. • As figuras dispóñense en diagonal para dar unha sensación de desequilibrio. • Gusto polo naturalismo. • Representación do feo e desagradable. • Aumento dos temas profanos. • Como técnica emprégase o fresco e o óleo sobre o lenzo.
PINTURAS: BACO LA RONDA DE LA NOCHE CARAVAGGIO REMBRANT
PINTURAS: LAS TRES GRACIAS EL SUEÑO DE JACOB PETER PAUL RUBENS JOSE DE RIBERA
PINTURAS: INMACULADA SAN HUGO ENEL REFECTORIO BARTOLOME MURILLO FRANCISCO ZURBARÁN
Primeiro desnudo integral da pintura española . Cupido, gordiño e inxenuamente respectuoso sostén un espello no que a deusa ve reflexada a cara do espectador, e nos a dela, difuminada polo efecto da distancia. Velázquez é capaz de conseguir profundidade colocando obxectos e corpos uns detrás doutros. LA VENUS EN EL ESPEJO
LAS HILANDERAS Tematicamente é un dos cadros máis controvertidos de Velázquez. Nun primeiro plano vemos un taller con cinco mulleres (hilanderas) que preparan as las para a fabricación de tapices. Ó fondo nunha estancia que aparece máis elevada, aparecen outras cinco mulleres ricamente vestidas, sobre un fondo de tapices (parece que contemplan unha escena mitolóxica). Esta última escena sería a que da título o cadro “A Fábula de Aracne".Aracne era unha das mellores texedoras de toda Grecia. Pero Aracne tiña un gran defecto, era moi vanidosa .Un día, a orgullosa Aracne, chegou a compararse con Atenea. A deusa Atenea quixo darlle unha lección a Aracne e baixou do Olimpo á Terra para aceptar o seu reto. Comeza o consurso pero Atenea non é capaz de vencer a Aracne e furiosa a castiga transformándoa en araña para que sempre faga o que se lle da moi ben: texer hilo.
LA FRAGUA DE VULCANO Cadro baseado na mitoloxía romana o deus Apolo, coronado de laurel visita o lugar onde Vulcano fabrica armas para a guerra. Destacar a calidade fotográfica nos obxectos e a profundidade do cadro.
Cristo Crucificado Lienzo conservado no Museo del Prado Os críticos de arte aseguran que o estudio de desnudo deste cadro é algo excepcional pola fusión que amosa de serenidade, dignidade e nobreza. É un desnudo frontal. Nesta obra Velázquez fai un alarde de mestría e consegue co espectador poida captar a beleza corporal e a serena expresión da figura.