70 likes | 184 Views
PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*. *nome provisional. De onde sae?. O CAEM é un proxecto impulsado por varios estudantes da facultade de medicina entre os que se encontran membros de MEIGA, Liga estudantil galega, GIME, AGIR, delegados e independentes.
E N D
PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)* *nome provisional
De onde sae? O CAEM é un proxecto impulsado por varios estudantes da facultade de medicina entre os que se encontran membros de MEIGA, Liga estudantil galega, GIME, AGIR, delegados e independentes
Que quere ser? O CAEM quere establecerse no RRI da facultade como o órgano de coordinación da representación do seu estudantado no que todo estudante de medicina teña dereito a participar independentemente de que participe noutra organización ou colectivo estudantil
Como se articula? (I) Está formado por unha ASEMBLEA XERAL e un COMISIÓN COORDINADORA A ASEMBLEA XERAL: Informará ao estudantado e recollerá os seus intereses, preocupacións e problemas Dará lexitimidade e informará do traballo da comisión coordinadora Definirá as liñas de traballo do CAEM Aprobará os orzamentos e usos do diñeiro Convocará novas asembleas e aprobará a acta da sesión anterior Dará coñecemento aos estudantes de quen son os seus representantes nos órganos universitarios e nas súas comisións
Como se articula? (II) • A COMISIÓN COORDINADORA (I). Estará formada por 2 representantes de asociacións de estudantes con representación en órganos de goberno, 1 representante das mesmas que non teñen representación e os delegados xunto cun voto de todas as persoas que queiran participar. As súas funcións son: • Manterá o fluxo de información co estudantado • Encargarase do manexo e salvagarda dos fondos dos que dispoña o CAEM • Creará a orde do día das Asembleas Xerais e das súas propias reunións • Garantirá a toma de actas das Asembleas Xerais e das súas propias reunións, así como a súa aprobación na seguinte sesión
Como se articula? (III) • A COMISIÓN COORDINADORA (II): • A representación do CAEM ante os órganos universitarios, recaendo nela a designación e comunicación aos estudantes e á Asemblea Xeral dos representantes de estudantes neses órganos así como nas súas comisións, tendo especial relevancia a Comisión Permantente da Xunta de Facultade • O mantemento dunha estreita relación entre representantes de estudantes de Medicina e Odontoloxía como titulacións vinculadas que son • A representación do CAEM ante entidades ou órganos externos, sendo requisisto ser representante de estudantes en órganos da universidade e/ou delegado
Que buscamos con todo isto? Que tanto as organizacións de estudantes, como os representantes de estudantes, os delegados e máis o resto de alumnado estemos en comunicación constante. Falicitando e difundindo o traballo de todos Representandomedicina@gmail.com