1 / 13

Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi) ‏

Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi) ‏. Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi).

Download Presentation

Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi) ‏

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Oficina de ProgramasInternacionais de I+D+i (OPIDi)‏

  2. Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi) • A Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi) é un organismo da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria que ten como fin incrementar a participación galega nos Programas internacionais de I+D+i . • A OPIDi presta servizos de asesoramento, apoio e promoción, potenciando a implicación das entidades galegas (Organismos Públicos de Investigación, Centros Tecnolóxicos, Empresas, etc.) nos programas da Comisión Europea e noutros programas internacionais de investigación, desenvolvemento e innovación, prestando especial atención ao VII Programa Cadro e CIP.

  3. Obxectivos • Mellorar o coñecemento dos Programas Internacionais entre os Axentes do Sistema Galego de I+D+i. • Incrementar o número de proxectos presentados e aprobados en Programas Europeos, que conten coa participación de entidades galegas: Universidades, Centros tecnolóxicos, OPIs e empresas, con especial atención ás PEMEs. • Incrementar o retorno de fondos europeos para o financiamento da I+D+i. • Fomentar ainternacionalización dos Axentes Galegos de I+D+i. • Potenciar a inclusión dos intereses galegos de I+D nos programas de traballo do VII Programa Cadro.

  4. Estrutura Áreas Funcionais: ■Asesoramento Asistencia aos Axentes Galegos de I+D+i na preparación dunha idea de proxecto: análise das posibilidades de financiamento, orientación que deben presentar os proxectos para maximizar as súas posibilidades de éxito, etc. ■Promoción Desenvolvemento de actividades de formación e difusión sobre Programas Internacionais de I+D para dinamizar a participación das empresas galegas en proxectos relacionados coas convocatorias europeas do VII PC, CIP, JTIs, ERA-Nets, etc.

  5. Área de Asesoramento Liñas de actuación: • Análise das liñas de investigación propostas por entidades galegas e da súa potencialidade. • Encaixe de posibles ideas de proxecto susceptibles de participar nalgunha das convocatorias europeas. • Asesoramento na definición do proxecto e na tramitación dacandidatura. • Descrición das liñas de financiamento que poderían representar un maior interese para a presentación de proxectos dentro de cada unha das áreas de interese dos axentes galegos. • Procura de parceirospara formar o consorcio do proxecto a través de CORDIS, CDTI, ERRIN, etc. • Seguimento e apoioaos proxectos galegos durante o seu desenvolvemento.

  6. Área de Promoción • Liñas de actuación: • Difusión de iniciativas internacionais de I+D+i: envío de alertas de convocatorias, procuras de parceiros, eventos de “partnering”, etc., mantendo así informados puntual e particularmente a cada un dos axentes galegos sobre as súas áreas de interese. • Deseño e organización de actividades de formación para a presentación e xestión de proxectos europeos: seminarios, cursos, talleres de traballo, etc., co fin de orientar aos axentes galegos á hora de presentar as súas propostas e alcanzar o seu éxito. • Fomento e dinamización da participación dos axentes galegos de I+D+i en redes e iniciativas europeas, o que lles permitirá colaborar con entidades doutros países, acceder a novos coñecementos e a información privilexiada a nivel europeo. • Envíoaos axentes galegos dos borradores dos programas de traballo do VII Programa Cadro para que fagan aportacións dentro das súas liñas de acción e tratar así de que os seus intereses estean presentes en Europa.

  7. Promoción Internacional Delegación da OPIDi en Bruxelas: • Apoio a mediación institucional dos proxectos participados por Axentes Galegos e complemento da labor de asesoramento das candidaturas. • Establecemento de redes de contacto con axencias, oficinas, institucións europeas, etc. con sede en Bruxelas. • Organización de presentacións de axentes galegos en Bruxelas (proxectos, capacidades, etc.) e de entrevistas con funcionarios da CE e con outras institucións relacionadas cos seus intereses. • Participación en Comités do FP7: en 2009 a DX de I+D+i a través da OPIDi é o representante das CCAA nos Comités do Programa Capacidades. • OPIDi é membro da Rede ERRIN (European Regions Research and Innovation Network)‏.

  8. Actuacións 2008

  9. Futuras accións OPIDi • Realización de actividades de formacióne información dos axentes galegos de I+D+i: -Curso de xestión de proxectos do FP7. - Mesas de dinamización de proxectos europeos (xa se realizou unha mesa dirixida ao sector TIC). - Xornada informativa “Las actividades de apoyo a las Infraestructuras científicas en el Séptimo Programa Marco de la U.E”. Prevista setembro 2009. - Outras actividades de difusión e presentación de programas e convocatorias internacionais.

  10. Outras Accións • Forum di Torino: a Dirección Xeral de I+D+i patrocinou e acolleu a “II Conferencia del Forum Euro-Latinoamericano de Torino”, que versou sobre "Sistemas regionales de innovación: de la visión a la realidad". • ERA-Net MATERA +: a Dirección Xeral de I+D+i participa nesta ERA-Net que se lanzou en marzo de 2009 cunha convocatoria para financiar proxectos de investigación relacionados coa ciencia e a enxeñería de materiais. • LEAD- ERA: a Dirección Xeral de I+D+i participa nesta ERA-Net que ten como obxectivo coordinar os programas rexionais de I+D dos socios en 6 temas innovadores e de alta tecnoloxía, identificados pola UE (Lead Market Initiative for Europe).

  11. Participación Galega 2007 - 2009 no VII Programa Cadro Datos xullo 2009: • Propostas presentadas: 377 • Acordos de consorcio firmados ata xuño 2009: 58 • Proxectos coordinados por entidades galegas: 13 • Importe retorno:11.570.392 € • Entidades destacadas: USC, U. Vigo, CTAG, UDC, AIMEN, ANFACO, Xunta de Galicia, CETMAR e CESGA. • Convocatorias destacadas: FP7-ICT,FP7-PEOPLE, FP7-SME, FP7-KBBE, FP7-HEALTH, FP7-NMP.

  12. Proceso de participación Apertura Convocatoria Idea Consorcio Expresións de interese “Roadmaps” Bibliografía Comisión Programa de Traballo Procura de parceiros: congresos, seminarios CORDIS Ideal – IST ERRIN Outros Contactos Elaboración e presentación da proposta Asesoramento APC+ Avaliadores externos Comisión Proceso de avaliación Contrato Asesoramento Auditores externos Comisión Outros Programas SÍ SÍ NON Seguimento e execución do proxecto Negociación e sinatura do contrato ¿éxito? Alternativas

  13. Oficina de Programas Internacionais de I+D+i A Cabana, s/n. 15590 - Ferrol - A Coruña Tel.: +34 981 33 71 11 Fax: +34 981 33 71 71 promocion@opidi.org www.opidi.org Oficina Bruxelas Rue de la Loi, 38- 2º, 1040 Tel: +32 22 346 933

More Related