580 likes | 916 Views
A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste.
E N D
A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste
EN 1920 SAE Á RÚA O PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA NÓS, DIRIXIDA POR VICENTE RISCO E ONDE APARECEN COMO REDACTORES CABANILLAS, CASTELAO, FLORENTINO CUEVILLAS, OTERO PEDRAYO E ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ; E COMO COLABORADORES, ENTRE OUTROS AUTORES, ESCRITORES DAS IRMANDADES, COMO OS IRMÁNS VILLAR PONTE, NORIEGA VARELA, LÓPEZ ABENTE OU VIQUEIRA. Portada da revista, deseñada por Castelao
A revista estaba escrita enteiramente en galego, mesmo a publicidade, da que había deseños de Castelao. Os seus artigos variaban da poesía, pintura ou teatro á arqueoloxía, arte ou historia.
Xeración Nós Todos os compoñentes da xeración Nós eran universitarios e entraron tardiamente nas filas do galeguismo. Afonso D. R. Castelao (1886-1950) foi escritor, debuxante e pintor; ademais, parlamentario do Partido Galeguista. Ao ser de orixe humilde e rianxeiro, non se inclúe no Cenáculo Ourensán.
Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976) ERA OURENSÁN E PERTENCENTE Á FIDALGUÍA. TAMÉN FOI DEPUTADO EN MADRID POLO PARTIDO GALEGUISTA. ESTABA LICENCIADO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA, TEMAS DOS QUE TRATABAN OS SEUS ENSAIOS.
Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN Vicente Risco (1884-1963) naceu en Ourense e era avogado. Fundou a revista Nós e defendeu o nacionalismo (Teoría do Nazonalismo Galego 1920) pero trala guerra traizoouse ao crer en Franco, quen condenou todas as liberdades.
Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN FLORENTINO CUEVILLAS (1886-1958) ESCRIBIU NARRACIÓN CURTAS (Prosas Galegas) E ESTABA MOI LIGADO AO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS POLO SEU INTERESE NA PREHISTORIA DE GALIZA.
A xeración Nós, á altura do ambiente literario europeo, deu un grande impulso á narrativa, e a súa ideoloxía queda claramente reflectida en dous ensaios e unha novela: Dos nosos tempos, de Cuevillas, onde teoriza sobre a liberdade de elixir o socialismo como práctica política nacionalista.
Nós, os inadaptados (1933), de Risco, explica a evasión da cultura galega e o exotismo en que se imbuíron os compoñentes do cenáculo ourensán antes da súa aceptación do nacionalismo galego. Para a xeración Nós, o atlantismo, a raza, a lingua e a terra constitúen as características definitorias do ser galego.
Arredor de sí constitúe unha novela de Otero que simboliza o camiño vital dos compoñentes de Nós antes da súa entrada no nacionalismo. O protagonista, Adrián Solovio, vive unha odisea persoal en busca da satisfacción cultural no estranxeiro e acaba atopándose a si mesmo no mundo de Galiza.
En 1923 varios universitarios fundan, xunto dalgúns membros de Nós, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS coa finalidade do estudo científico da cultura galega. Carballo Calero, Bouza Brey ou Filgueira Valverde colaboraron dende este organismo na revista Nós.
O Seminario de Estudos Galegos, traballando no propio terreo. Un dos deseños que Castelao facía para Nós
Antón Losada Diéguez, redactor da revista Nós e pertencente tamén ao Seminario de Estudos Galegos. Publicou relatos en Prosas Galegas.
VICENTE RISCO Risco ten unha concepción especial do nacionalismo: o sentimento, o apego á terra e a visión cíclica da Historia. Na súa obra ensaística (Teoría do Nazonalismo Galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa e Leria) amosa estes conceptos.
OBRA NARRATIVA O ensaio foi un xénero literario moi practicado pola xeración Nós
OBRA NARRATIVA O humor, o mundo de ultratumba, o esoterismo e o emprego das enumeracións caóticas son constantes das novelas de Risco, como en Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros. 1919
OBRA NARRATIVA Esta novela arremete contra o caciquismo, a vulgaridade e incultura dos gobernantes galegos locais. A obra remata coa queima da biblioteca municipal . 1922
OBRA NARRATIVA Relato dunha muller convertida en loba que está baseado nas lendas populares galegas. Un mozo desenfeitízaa queimándolle a pelica de loba e acaban casando. 1925
OBRA NARRATIVA 1925 A trabe de ouro e a trabe de alquitrán 1926 A Coutada 1927 Os europeos en Abrantes
OBRA TEATRAL No ano 1928 estréase O bufón de El-Rei, obra expresionista onde sae á luz a faceta máis descarnada da alma humana: o desprezo pola malformidade física, o engano, a burla, os celos...
RAMÓN OTERO PEDRAYO A temática da súa obra narrativa presenta os temas da idealización da fidalguía, o respecto pola tradición galega e o tratamento especial da paisaxe. Otero foi un grande orador
ENSAIO Os seus ensaios tratan da xeografía e historia de Galiza: Síntese xeográfica de Galicia (1926)
OBRA NARRATIVA As novelas de Otero Pedrayo poden dividirse en culturalistas (interesa máis a ideoloxía có argumento) e realistas. Todas botan man da historia de Galiza. Devalar A romeiría de Xelmírez (1935) O mesón dos ermos(1936)
A súa novela realista máis coñecida é Os camiños da vida (1928), onde literaturiza a historia de Galiza no s. XIX e XX: a decadencia da fidalguía, as guerras carlistas, o ascenso da burguesía e os inicios do nacionalismo no s. XX.
CASTELAO, GRAN CONFERENCIANTE E POLÍTICO, PARTICIPOU CREATIVAMENTE NAS NOVAS CORRENTES ESTÉTICAS DO VANGARDISMO.
Os seus dotes de debuxante fixéronlle concibir a narrativa como pintor e non como escritor. PIMPINELA, de Os vellos...
Así, inventa a cousa, un relato sintético e decorado cunha ilustración onde a reflexión sobre a vida impregna as historias narradas. NARRATIVA cousa en Cousas (1926-29)
DESEÑO PARA COUSAS NARRATIVA
NARRATIVA Porén, a importancia da historia está no debuxo e o texto só serve de apoio á imaxe na obra Cousas da vida.
No ano 1922 edita o seu primeiro libro en prosa, de temática anticaciquil e sobre o mundo de ultratumba. NARRATIVA
Nel, o protagonista é un morto que pode ver co seu ollo de vidro... ...un mundo que de vivo non podía ollar. NARRATIVA
En 1934 publicou estoutra obra, na que os dous protagonistas, Pedriño e Rañolas (eivado das pernas), simbolizan dúas formas de afrontar a vida: unha comprometida e dificultosa, e a outra cómoda, sen espírito. NARRATIVA
PEDRIÑO NARRATIVA RAÑOLAS Esta novela está dividida en capítulos que presentan as mesmas características cás cousas: síntese, escaseza de personaxes, sinxeleza de lugares e accións...
Retrincos sae do prelo no mesmo ano. Consta de cinco relatos autobiográficos. NARRATIVA
O SEGREDO O INGLÉS PEITO DE LOBO O RETRATO SABELA NARRATIVA
OS ENSAIOS DE CASTELAO AMOSAN UNHA TEMÁTICA CENTRADA NA ARTE, COMO AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA E AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA, OBRAS AMBAS DOS ANOS TRINTA. CASTELAO, POR MASIDE ENSAIO
A historia do nacionalismo galego durante a II República está recollida no seu máis famoso libro. ENSAIO
Neste ensaio describe os impedimentos que o goberno da República puxo á consecución do Estatuto de Autonomía de Galiza, efémero pola chegada da Guerra Civil en 1936. ENSAIO ESCUDO DE GALIZA, POR CASTELAO
TAMÉN REFLEXIONA SOBRE A NOSA CULTURA EN DEFENSA DA NOSA NACIONALIDADE. ENSAIO
Así, é famoso o pensamento de Castelao de que os pobos teñen cadanseu idioma, o que nos diferencia dos animais, como os cans, que ladran igual en todo o mundo. Á ESQUERDA, CUNS AMIGOS ENSAIO
TEATRO CASTELAO COMPUXO UNHA ÚNICA PEZA TEATRAL EN TRES ACTOS.
TEATRO En cada acto un vello sucumbe (a morte sempre o avisa antes) ante o esforzo que require namorarse dunha moza. MORTE DO 1º ACTO
Este proceder está censurado polo propio pobo a través do refraneiro (“Vello en amores, inverno con flores”), polo que a obra reborda galeguidade en todos os aspectos. BONECA QUE RECITA O PRÓLOGO TEATRO
TEATRO Cada vello presenta un estereotipo social dos inicios do s. XX: o burgués é o Boticario; o fidalgo en decadencia, o borracho don Ramón; e o labrego rico, o señor Fuco. DON RAMÓN
TODOS OS ACTORES E ACTRICES LEVAN MÁSCARAS PORQUE OCULTAN A VERDADE NUN MUNDO FALSEADO POLAS PERSOAS, UNHA VISIÓN MARCADAMENTE EXPRESIONISTA. TEATRO
TEATRO O expresionismo gustaba da fealdade do ser humano, dos baixos instintos e da deformación da realidade fronte á hipocrisía xeral.
As escenas explotan ao máximo ese gusto polas personalidades máis ruíns: os fachendosos vellos, o desprezo de Lela, a traizón forzada pola pobreza de Pimpinela, ... LELA TEATRO
TEATRO ... a cobiza de Micaela ou a burla do pobo por medio das dez mulleres con caretas de asombro, risa e gargalladas en cadanseu acto. MICAELA